(Barro.Barosa:Historias e Lendas)
NOTA DO AUTOR.
Componse
a Obra:“EIDOS DO MEU CONTENTO
(Barro.Barosa.Historia e Lendas)”, de Seis Capítulos e un Anexo final nº
3, dedicado ás:Notas ( que as son aclaratorias e de referencia sobre algúns
traballos incluídos na obra) e a Bibliografía da que en definitiva, entre
outras fontes, foi nacendo.
No Índice Descritivo situado a
continuación desta Nota, pódese entrar en detalles respecto ó nome xenérico de
cada Capítulo e incluso respecto ós seus apartados, subapartados e dentro
destes últimos, tópanse os puntos que os desenvolven naqueles casos en que
resulta necesario.
Un
Índice Descritivo coma o desta Obra, extenso e pormiudado, de aí o seu apelido
adxectivo, propón e desenvolve a intención que entende que os datos, a
información e todo o talento susceptible de conterse nunha maneira de
expresarse determinada, deben de estructurarse dentro dun tecido arquitectónico
cando menos funcional e claro.Esta é a intención, o plan previo, o acerto agora
depende da comprensión e a valoración dos lectores.
Sen
querer entrar en profusos detalles , direi que me pareceu indispensable en
primeiro lugar falar do Municipio de Barro, se cadra algo por extenso, antes de
pasar a ocuparme dos contidos demandados polas Bases propias do Concurso que
animaron estas letras, na idea de que Barosa é unha fermosa parte do Municipio
, pero que en absoluto esgota a máxica beleza engaiolante que tamén atesoura
noutras paraxes.
Sen
intentar ofrecer unha imaxe do conxunto, do Continente:”Barro”, non vía eu
maneira de poñerme a falar dunha parte do Contido:”Barosa”, por senlleira e
principal que esta sexa, coma que ten reflexo incluso no actual Escudo Municipal.
Aínda
que imaxino que non sería necesaria esta referencia expresa, chamo a atención
sobre o “Capítulo II:Barosa ó longo do tempo”, para deixar claro que a
pseudo-colaboración do escritor Mundo de Loureiro referente a este capítulo, é
un recurso literario que ben se entende á luz das obras de F. Pessoa, J.L.
Borges e A. Machado por exemplo, na liña dos heterónimos, homónimos, apócrifos
e alter egos.
Agardo
que a prevalencia ,en número alomenos, dos debuxos sobor da breve pero
escolleita documentación fotográfica final e a estructura con acento narrativo
empregada na Obra, lonxe do ton cientificista propio da maioría dos traballos
etnográficos, sexan tidas por conquistas positivas e non resten méritos na
valoración final do conxunto.
Expresado
o que antecede, soio me queda desexar que: “ Os Eidos do meu contento” lle
acheguen felicidade e tamén “contento” ós seus amables lectores, na seguridade
de que sempre ós autores nos ruxe nos oídos a frase que di coma lamentándoo:”
As obras hai que dalas por concluídas algunha vez”, pois senón fose así ,
víctimas a maioría de non sei que perfeccionismo imposible de última hora,
sempre estaríamos escribindo e reescribindo nelas.Teima esta que lle fixo dicir
a J.L. Borges: “O texto definitivo , non corresponde senón á relixión ou ó
cansanzo”.A pesar de todo hai quen asegura que en esencia, unha e outra vez:“
sempre se está escribindo a mesma obra”.
Sexa
como queira , o meu esforzo e desvelo en sustancia é este, que aínda
“nasciturus” entrego coma quen di ecografiado, cheo de ilusións familiares,
pero aínda lonxe do bautizo vidroso dos trinques expositores das librerías.Alí
onde os libros teñen a súa pasarela particular e definitiva para facérselles
necesarios ós espíritos lectores, que se xa son escasos nestas terras, tratándose
de desvelos locais, case íntimos, pintan aterecidos bastos medievais…Conste que
persoalmente todas as miñas Obras as considero de igual nivel e riscadura, e
non diferencio entre Obras alimenticias, nin maiores, nin menores, como din de
oficio algúns “acampanados”.Paréceme que se pode “marcar a diferencia”
futbolera, ata nos textos das estampas da primeira comuñón e outras cerimonias
susceptibles de negro sobre branco.
CITAS OU LEMAS DE
REFERENCIA.
“Adiós
Ríos, adiós Fontes”.
“Prados,
ríos, arboredas,
pinares
que move o vento,
paxariños
piadores,
casiña do meu contento”
( Rosalía de Castro
).
“Confórmome
cun pouquiño de gloria, a xusta
para non
parecer imbécil no meu pobo”
( Jules Renard ).
“Non
coñezo a metade de vostedes, nin a metade do que querería, e o que querería é
menos da metade do que a metade de vostedes merece”.
( Bilbo-“O Señor dos
aneis”)
“ O
prexuízo e máis difícil de romper co átomo”
(
Einstein ).
ÍNDICE DESCRITIVO DA OBRA.
CAPÍTULO I:UN PEQUENO POBO DE ESTRADA.
I.-BARRO:PAISAXES
E PAISANAXES.
A.-Descrición
xeral.
B.-As Parroquias e os seus
Lugares ou Aldeas
1.-Lugares
das dúas Parroquias do Norte.
2.-Lugares
das dúas Parroquias do Centro.
3.-Lugares
das dúas Parroquias do Sur.
C.-Andando
sobre a “carne do paraíso” ( Barro ) de Sur a Norte.
1.-Curro.
2.-A
Portela.
3.-Agudelo.
4.-Valiñas.
5.-Barro.
6.-Perdecanai.
D.-Anexo nº 1: Informe 2.000
1.-Pinceladas
sobre a Historia política e administrativa de Barro
( 5
puntos ).
2.-Outros
datos obxectivos sobre Barro ( 20 puntos ).
3.-Economía,
Monumentos, Festas e Mercados (a,b,c).
4.-O
Escudo e a Casa do Concello (a,b).
5.-Sobre todo a “batallona”
cuestión Salnés que dicía Gerardo Álvarez Limeses.
II.-BARRO…..UN ACORDEÓN DE
POSTAIS.
III.-MUNDO
DE LOUREIRO O ESCRITOR E O SEU MERLO COLORÍN ( “VERSOS DE BARRO” ).
CAPÍTULO II:BAROSA Ó LONGO DO TEMPO (polo
escritor Mundo de Loureiro).
I.-BAROSA:MUÍÑOS,DECADENCIA E
PARQUE NATURAL
A.-Muíños:Primeiras noticias de Barosa, polo vento norte, dende a aldea de
Penalta.
1.-¡ Moito mantén Barosa !.
2.-Perdido en San Breixo.
3.-¡Barosa
frondoso berce de tantos!.
B.-Novas
noticias de Barosa, polo vento sur, dende a proto-mítica aldea de Loureiro.
1.-Verán,
decadencia, granito, amizade, natureza, auga e sol.
2.-A revista
Barosa e a defensa de Barosa.
3.-O
parque natural Ría de Barosa ( Relato: Encanto das Fadas).
CAPÍTULO III.-MUÍÑOS DE AUGA:AS MÁQUINAS DA RÍA.
I.-HISTORIA.ARQUITECTURA.OFICIOS.
A.-Historia.
B.-Arquitectura.
C.-Oficios
( 1, 2 (a,b,c,d,e) ).
II.-TRADICIÓNS.
A.- As
Muiñadas.
B.-As
Maquías.
C.-Outros.
III:ESTRUCTURA DUN TÍPICO
MUÍÑO GALEGO.
1.-Parte
inferior ou inferno receptora da auga ( Fig.1).
2.-Parte
intermedia moedora ( Fig. 2).
3.-Parte
superior receptora do gran ( Fig.3).
III.-ANEXO
Nº 2:INFORMACIÓN SOBRE MUÍÑOS (5 puntos).
IV.-COPLAS
DOS MUÍÑOS.
1.-Comentario
sobre as coplas contidas no Cancioneiro Popular Galego de Ramón Cabanillas, no
apartado: oficios de mar e terra.
2.-Outras
coplas dos Muíños.
CAPÍTULO IV:BAROSA:HISTORIAS E LENDAS.
A.-AS
DÚAS HISTORIAS DE BAROSA.
1ª
Historia: “As campás do fondo da Ría de Barosa”.
2ª Historia: “A estraña
desaparición de San Breixo”.
3.-Comentario
final sobre as dúas historias.
B.-AS
DÚAS LENDAS DE BAROSA.
1ª
Lenda: “A Moura que se peitea cun peite de ouro e se baña espida nas claras
augas da Ría de Barosa”.
2ª
Lenda: “A fermosa Dama do Castro que baixa a bañarse á Ría de Barosa”.
CAPÍTULO V: A UNIVERSALIDADE DOS EIDOS DO MEU CONTENTO.
ÚNICO:REGO-RIIÑO
DO FONDO DO VAL (Poema).
CAPÍTULO VI: DOCUMENTACIÓN FOTOGRÁFICA FINAL.
ÚNICO:ÍNDICE
E DESCRICIÓN DAS FOTOGRAFÍAS.
ANEXO FINAL Nº 3:NOTAS E BIBLIOGRAFÍA (1,2).
ÍNDICE DE ILUSTRACIÓNS.
CAPÍTULO I
Ilustración
nº 1: Mapa
1:“Barro atravesado pola estrada N-550” .Páx.11.
Ilustración nº 2: Mapa 2:”Situación de Barro en
Galicia”.Páx.12.
Ilustración nº3:
“Igrexa románica de San Martiño de Agudelo”.Páx. 18.
Ilustración nº4:“Comparación:Hedra e Mapa municipal
de Barro” Páx.23.
Ilustración nº5:”Escudo de Barro”.Páx. 33.
Ilustración nº6:”Proposta dun novo escudo para Barro”.
Páx.34.
Ilustración nº7:”O Merlo Colorín”. Páx. 42.
Ilustración nº8:”O Escritor Mundo de Loureiro”.
Páx.42.
CAPÍTULO II
Ilustración nº9.-“Santa Galega, sobre escultura de
Asorey”. Páx. 56.
Ilustración nº10:”Cabana”. Páx. 57.
Ilustración nº 11:”Plano näif de sobremesa do Parque
Natural Ría de Barosa, versión A, reducida”. Páx. 75.
Ilustración
nº 12:”Plano
näif de sobremesa do Parque Natural Ría de Barosa, versión B, apaisada”. Páx.
79.
CAPÍTULO III
Ilustración
nº 13: “Gaita
Galega”. Páx. 87.
Ilustración
nº 14:”
Lámina mixta referente o antigo mundiño dos muíños”.Páx.89.
(AS
PARTES DUN MUÍÑO TÍPICO GALEGO):
Ilustración
nº 15-Fig. 1:”
Parte inferior ou inferno-receptora de auga”.Páx.92.
Ilustración
nº 16-Fig. 2:”Parte
intermedia moedora”.Páx.93.
Ilustración
nº 17-Fig. 3:” Parte
superior receptora do gran”. Páx. 94.
CAPÍTULO IV
Ilustración nº 18.-“Vivenda
Celta”. Páx. 111.
Ilustración
nº 19.-“ A
Moura bañándose nas augas da Ría de Barosa”.Páx. 115.
Ilustración
nº 20.-“Mapa
nº3 de Barro amosando a fantástica triangularidade dos pasadizos soterrados
entre os Castros”.Páx. 116.
Ilustración
nº 21.-“
A Fermosa Dama do Castro bañándose nas augas da Ría de Barosa”. Páx.117.
Ilustración
nº 22.-“Faces
da tridimensionalidade observada polo narrador na cara de Sr. Pedro da casa dos
da Moura”.Páx. 120.
Ilustración
nº 23:”Lámina mixta:Cociña,
puñal e Triskel ou Tríscele vexetal”. Páx.121.
Ilustración
nº 24.-“Dana
a Fermosa Dama do Castro”.Páx. 127.
Ilustración
nº 25.-“Fantasiosa
dematerialización do Autor nun fluído de gravitóns e pasadizos de unión entre
os Castros”.Páx. 129 Bis.
CAPÍTULO V
Ilustración nº 26.-“
Meandro da Maruxa”. Páx. 132.
CAPÍTULO I.-UN PEQUENO POBO DE
ESTRADA.
1.-BARRO:PAISAXES
E PAISANAXES.
A.-Descrición xeral.
Abaixo debuxo de R.S.LAGO, "autor maduro" por Celso Varela.
Abaixo debuxo de R.S.LAGO, "autor maduro" por Celso Varela.
|
|
Ilustración nº1.-Mapa.nº 1.Barro cruzado pola N-550.
Atravesado lonxitudinalmente pola estrada N-550 Tui-A Coruña,tópase
enclavado Barro dentro do Val do Salnés -concretamente no Alto Salnés- ( Val de
Cristal dos meus escritos creadores dun territorio sentimental propio).Así de
primeiras coma “ o xamón ” no medio dun gran bocadillo xeográfico, sitúa ó Sur
do seu sabor a Boa Vila ( Pontevedra ) da que o separan 12 Km . e ó Norte magnético a
Augas Quentes ( Caldas de Reis) que fumega a 10 Km .A capital da Galicia
Autonómica – Santiago de Compostela – está a 47 km .de distancia.A súa
situación estratéxica definida pola posición que ocupa con respecto ás vías de
comunicación da Galicia Atlántica é moi interesante, ademais de ser cruzado
Barro pola xa reseñada N-550 Tui-A Coruña, atravesan tamén as súas terras o
ferrocarril Pontevedra-Santiago, a Autopista A-9 Vigo-A Coruña, A vía rápida do
Salnés de mellor aceso ás praias do litoral e a estrada comarcal C-531
Pontevedra-Vilagarcía.Ten Barro unha superficie territorial aproximada de 38,5
Km2.Aínda que nos últimos anos medran as edificacións, a súa poboación sigue a
ser bastante inferior ós 5.000 habitantes ( 3.761 no Censo de 1.986).
|
Ilustración nº
2.-Mapa nº 2.-Situación de Barro en Galicia.
Abundando e con case
precisión de alfareme, está situado Barro o Oeste de Galicia, e o Noroeste da
provincia de Pontevedra.Aparecendo todo o territorio Municipal insertado nunha
depresión meridina norte-sur, sendo unha
zoa de transición entre o fondo da ría de Pontevedra e a zoa interior,
montañosa, ó pe de releves prelitorais atlánticos. Polo Sur limita co Municipio de
Pontevedra. Cixen a Barro polo vento Norte Portas e Moraña. Recibe o orto do
sol nacente polo Leste dende as terras de Moraña e Campolameiro. Limítrofes,
presencian o seu ocaso ó Oeste:Portas e Meis.Ten Barro como coordenadas
xeográficas técnicas unha Latitude 42º 31´ 2 Norte e unha Lonxitude 8º 38´
Oeste.
O réxime
barométrico,térmico e pluviométrico está condicionado pola proximidade do mar
Atlántico e pola disposición aberta do seu releve , accesible ós ventos húmidos
do Noroeste e do Sudoeste.Estes factores determinan un clima Oceánico moi
húmido barometricamente.Non obstante nos meses de Xullo e Agosto existe unha
lixeira aridez. As temperaturas que oscilan, entre os sete graos do inverno e
os vinte graos largos do verán, promedian nuns 15º centígrados, que
termicamente poden ser calificados de temperados e suaves.A pluviometría
alcanza os 1600 m .m.,
repartíndose as precipitacións de forma regular durante todo o ano, soio no
verán se rexistra un déficit hídrico consistente nuns menos 161 m .m.
O seu
releve, pese a ser moi montañoso, a penas conta con cumios importantes,
manténdose por debaixo dos 600
metros , cunha elevación media de 90 m ., destacando pola súa
elevación o ángulo sudoccidental do Castrove (450 m .) e polo Este a
modestísima cordilleira do Acibal (541 m .), que actuando coma xigantescos
sentinelas, encaixan a falla meridiana norte-sur aludida antes.Os pequenos
outeiros alternan con amplos espacios chans, asentándose o terreo en xeral
sobre bloques graníticos desnivelados, parcelados e moi erosionados.
Coma o
resto da zoa costeira, - que se divisa dende montes coma o Acibal ou o monte
Güimil, nos días claros e sen brétemas -, a súa vexetación está composta por
formacións de carballos, pinos, eucaliptos, castaños e unha extensa variedade
botánica composta por: silvas, distintas herbas de interese mediciñal,
loureiros, acivros, xestas, toxos, mimosas, hedras etc.
Infinidade
de riiños coma veas, ricos e abondosos en troitas e algúns salmóns, regan o
Municipio de Barro, sobresaíndo entre todos o Rego-Riiño do fondo do Val, que
toma distintos nomes consonte o tramo que recorre, ata que finalmente é
“Chaín”, a punto de abandonar os Eidos, que cal “coitelada fluvial”, como
certeiramente observara X. Dasairas nas súas notas sobre Barro, abre as
entrañas latexantes do Municipio de Sur a Norte, en busca do Umia que o levará
ata o Atlántico, xa en terras de Cambados.O que é tanto coma dicir con Pilar
Patiño, que o noso Municipio ten “unha rede fluvial tributaria do río Umia”.
Movido
pola bulideira idea de toparlle ó mapa de Barro, unha semellanza lembrable con
pouco gasto de neuronas sinapsadas, fun dar á certa semellanza existente entre
calquera folla de hedra común, áxil subidoira de carballos e outras formación
arbóreas, na que despois adoitan construír gorecido niño os paxaros de máis
predicamento entre nós: rulas e torcazas.Pero como se pode ver nas figuras 1 e
2 da Ilustración nº 4 (Páx.23), debuxadas amorosamente por min (onde na fig. 2
aproveito para deixar referencia visual demarcativa das seis parroquias do
municipio), a semellanza é verdadeiramente lonxana. Pese a esto a sabendas de
que a hedra simboliza a amizade, como a rosa roxa simboliza a paixón, paréceme
unha boa divisa vexetal para os “Eidos do meu contento”.Si porque
características colaterais dunha boa amizade son a xenerosidade, a confianza ,
o cariño , a hospitalidade e outras notas de bo acollemento, refuxio e comprensión,
que converten o amigo ou ó pobo que as posea en magníficas alfaias de valor
inestimable.
Quede
pois rexistrado sen máis valer, aquí nestas páxinas, esta bulideira idea e que
sexa unicamente o seu calar nos lectores quen a premie aceptándoa no colectivo
pensamento ou pasemos páxina sen máis reflexión e como máximo propóñanse outras
semellanzas en liña coa pel de touro posta ó sol que simboliza a España enteira
ou a bota ecuestre da península itálica, ben entendido que se fai comparanza
por xogo e cerimonia e non en procura de dimensionalidades susceptibles doutros
contidos que non sexan as do cariño e a
lei que ós Eidos de nacemento lle deben por palpito natural os ben nacidos.
B.-As
Parroquias e os seus Lugares ou Aldeas.
Barro contén e abraza no seu
máxico interior , seis Parroquias( os propios “Eidos do meu Contento” con que
titulo, tomando evidente préstamo “dimidiado” de Uxío Novoneyra e Rosalía de
Castro), baixo a advocación cristiá doutros tantos venerables patróns do
Santoral, son estas: 1.- San Verísimo ( San Breixo ) de Barro, e 2.- San Andrés
de Valiñas ó Norte; 3.- San Martín ( San Martiño ) de Agudelo, e 4.-Santa María
de Perdecanai, no centro; 5.-San Mamed da Portela, e 6.-Santa María de Curro ó
Sur.
Cada Parroquia das sinaladas,
segundo a distribución clásica da poboación galega, subdivídese en Lugares ou
Aldeas.
1.-Lugares das
dúas Parroquias do Norte.
A Parroquia de Barro ( 5,6 km2), comprende no seu interior
os seguintes Lugares: 1.-Barro ( que é un nome plurinominativo aquí, pois
designa ó Municipio, unha Parroquia do mesmo e finalmente tamén designa un
lugar) 2.-Búa, 3.-Mane, 4.-Porranes, 5.-Coruto, 6.-Cangrallo, 7.-Pazo,
8.-Constenla, 9.-Monllo, 10.-Maquieira. É curioso comprobar como entre outras
etimoloxías, tres destes Lugares converteronse en apelidos, tales como os casos
de : Búa, Constenla e Maquieira.
Valiñas (3,1 km2),
configurase e concretase nos seguintes Lugares: 1.-Castro, 2.-Esquiza, 3.-Illó,
4.- Ortigueira, 5.-Piñeiro, 6.-Valiñas , 7.-Vilar.
2.-Lugares
das dúas Parroquias do Centro.
Agudelo (5,0 km2), está
integrado polos Lugares denominados: 1.- Casás, 2.-Concello, 3.- Faxil,
4.-Güimil, 5.-Lardoeira, 6.-Magadalena, 7.-Balbón; sendo Güimil e Magdalena
apelidos moi correntes no Municipio.
Perdecanai (9,3 km2), conta cos seguintes Lugares:1.-Arrotea,
2.-Outeiro, 3.-Canai, 4.-Balixe, 5.-Balouta, 6.-Gándara, 7.-Iglesia, 8.-
Lourido, 9.-Parada, 10.-Porto Romeu, 11.-Rande, 12.-Rebón, 13.-Triaba, 14.-San
Antoniño.
3.-Lugares
das dúas Parroquias do Sur.
A Portela (8,7 km2), configurase
nos seguintes Lugares: 1 .-Áspera,
2.- Briadoiro, 3.-Cancela, 4.-Lombo da Maceira, 5.-Mosqueiros, 6.-Parada,
7.-Piñeiro, 8.- San Mauro, 9.-Villaverde, 10.- Porriña.
Curro ( 6,8 km2), son
as súas principais entidades poboacionais: 1.-Astrar, 2.-Bretoña, 3.-Couso,
4.-Fonte de Curro, 5.-Outeda.
O que no
reino dos números dise así: 6 Parroquias e 53 Lugares ou Aldeas.
C.-Andando
sobre a “carne do paraíso” (barro) de Sur a Norte.
1.-Curro.
Baixando a inclinada costa de
Curro, o trafego mañaceiro despregase arredor. O sol todo o preside. O traballo
e a vitalidade todo o desbordan:Nenos para o colexio, homes ó gañapan, carro do
país, mulleres, moitas mulleres con baldiñas de branca leite escumosa. A penas
nace o novo día e xa está todo Curro esperto e activo, ó pé do Castrove saurio
Xupeterino ( Castrum Iove) , facendo bo o vello dito popular:
“ Os de
Curro montan no burro
e cando
montan, montan seguro”.
Será por
eso que tendo como eixes a estrada que vai de Boa Vila ( Pontevedra ) a Vilagarcía,
a Vía Rápida do Salnés, que alí nace e a propia Autopista do Atlántico (A-9), á
que se pode acceder en terreos desta Parroquia, florecen continuamente novos
negocios, feito que cobrará impulso se finalmente se sitúa na zoa de Curro, o
agardado polígono industrial municipal.
2.-A Portela.
O meu andar vese agora ledo pola
miña Parroquia, entre os meus, que coñezo e me coñecen, que me saúdan e que os
saúdo tan familiarmente.
Os meus
pasos xa me achegan a San Mauro. Diviso nun ángulo da praza íntima e recolecta,
a capela do venerado Santo. Alí tamén está a fonte milagreira. Entrementres a
mañá medra coma un pan de manteiga e se axiganta, van quedando a un lado: A
Estación do Ferrocarril, actualmente moi deixada da man dos necesarios coidados
para ser un lugar visitable, ó outro a Cancela co seu San Xoán profano das
festivas fogueiras saudando a chegada do verán, a Igrexa Parroquial de San
Mamed onde descansan os nosos mortos e felizmente vivas esas traballadoras
xentes do lugar, tan abertas e espontáneas, amantes da boa “carallada”.Aínda na
Portela, piso as históricas pedras do Camiño Romano, rota Xacobea Portuguesa,
que serpenteando entre as fincas de labor: a Cerdeiriña a un lado , ó outro a
Maruxa, métese no corazón de Balbón, penetrando en Agudelo.
3.-Agudelo.
|
Aí vos
presento a Igrexa de San Martín ( San Martiño ), alfaia románica, pequena coma
de xoguete e tan por descubrir, que case me dá medo referila.(Existe sobre esta
Igrexa un traballo meritorio e moi completo publicado polo escritor e historiador
Adolfo Caamaño no nº2 e derradeiro ata o presente-Maio de 1.990- da Revista
Barosa).
|
|
Ilustración nº 3.-Igrexa Románica do Século XII de San
Martiño de Agudelo.
Subide, subide comigo ata o alto dos Casás, aquí nas abas do monte Güimil,
quérovos amosar un vello escombreiro de ánforas, aínda pouco estudiadas, do que
a paciencia e a sabedoría de D. Casimiro Mesejo, profesor do colexio “ Amor
Ruibal” de Barro, soubo extraer e encaixar anacos, coma nun quebracabezas, ata
chegar a reconstruír unha desas cerámicas, o que sen dúbida demostra a
presencia romana nas nosas terras.
No cumio
do Monte Güimil, xa catalogado coma Castro Celta por Patrimonio e o Museo de
Pontevedra, facendo obras para darlle semellanza de
Parque merendeiro, debido a que é unha magnífica atalaia natural , un gran
balcón que deixa ver a fermosura do Municipio debaixo dun rio de estrelas
relucentes, coma unha praia cósmica nas noites nidias, ou tamén permitindo ver
o mar de Arousa polo vento Oeste, parece ser que toparon unha Gran Citania, ou
asentamento Castrexo Celta, entre outros achados arqueolóxicos de interese:
esparexidos e actualmente en poder de particulares. Sen embargo continuouse
coas obras coma se tal cousa, e rematouse por cristianizar o poboado coa construcción
dunha capela consagrada a San Cibrán, un Santo nas fronteiras do paganismo;
obra que levaron a cabo entre outros os alumnos da Escola Taller municipal
Santiago Apóstolo.Estes descoidos a xente Universitaria do Municipio, amante da
Historia, polo que sei téñenlle suposto contrariedade e desgusto.
Non
descoñezo sen embargo a precariedade presupostaría para enfrontar con éxito
esta labor de descuberta arqueolóxica, non obstante e por si acaso as
Autoridades Eclesiástica xa puxeron a súa bandeiriña alí no cumio máis fermoso
do Municipio de Barro…..E dado que teño entendido que o San Cibrán é bruxo e de
poderes raros, maniféstolle o meu desexo de boa onda ou “bo fairo” entre nós,
por si acaso, dado que en absoluta a Igrexa é cabalo de batalla meu, esto polo
sincretismo filosófico que profeso, debedor ecléctico incluso do Cristianismo,
e sobre todo porque que máis quixeran, fregándose as mans diante doutro Curros
Enriquez supostamente anti-clerical, que despois escribiu algo tan
impresionante coma : “ A Virxe do cristal”.
4.-Valiñas.apoderándose
Co sol
estalando na vertical do ceo, co medio día adonándose do estómago, sigo
recorrendo este Agudelo histórico e caprichoso, ata que coas gañas de xantar na
boca e con ansias de regar a comida con bos viños, chego a Valiñas, a de xente
hospitalarias e desprendidas.
Xa
diante do mantel, na casa do amigo, chegan ben repletas as fuentes e
cumpridamente colmadas as xerras de Albariño da zoa e despois sucede o
improvisado faladoiro pracenteiro ós postres co meu amigo e o patriarca da
casa. O viño e a sabedoría do ancián, ambos ancestrais, invaden de doce ben
estar o noso espírito.Un non sei que dicir é Valiñas, contendo no baldeiro de
feitos ou lugares destacables sobre os demais: Unha casa de pedra vagantía que
se ve entre piñeiros, e bastante conciencia cívica.Á marxe esquerda da vía do
tren, unha Parroquia romántica onde has haxa, a min seméllame eso…..e acábaseme
de ocorrer que como queira que Valiñas significa: valados de cerre mellormente
de pedra, tal vez sexa no fondo un segredo castelo de ilusións tecidas nas
longas noites de inverno, que a mañá xeada se encarga de converter en vidros
febles…..
5.-Barro.
Superada
a costa do Carballal, aproxímome a Porráns. Alá abaixo e a man esquerda,
segundo se camiña cara a Santiago está a casa de Ángel Amor Ruibal, o mesmo que
ante a insistencia das Autoridades Eclesiásticas para que aceptara a Mitra
Bispal, dixo:” Coas mans enguantadas non se pode escribir”.Torzo á man destra
pola estrada de Moraña-Cuntis, desvíome polo ramal que hai á esquerda, que me
levará ata San Verísimo ( San Breixo ).
Antes,
chegando ó campo de fútbol municipal: “ Chan dos Santos”, penso que este ano o
noso equipo, o “Peñaflor”, pode facer un bo papel e así de pronto, véñenme á
mente uns versos do himno, que inédito anda entre os meus papeis:
“ No teu
nome flor de victoria
No campo
hai Santos protectores
que,
acercándonos á gloria
son
talismán de bravos xogadores”.
Por fin,
chegamos a San Breixo, aquí está o seu Santuario dezaoitesco, que custodia o
Santo, enclavado en marabillosa paraxe, preto do famoso Castro Celta, o recinto
festivo e romeiro, a poética e avesada costiña dos toldos. Ofrécese todo ós
meus ollos coma nun calidoscopio multicolor e evoco a romaría, que cada ano se
repite neste recinto, onde a ledicia das nosas xentes, o primeiro viño do ano,
o polbo feiral e a devoción ó Santo logran que todos nos sintamos irmáns.Deixo
este lugar de “festa rachada”, non sen antes dar o nó “na xesta” cunha soia
man, a esquerda, consonte esixe a tradición ós romeiros, que desexen volver ó
ano seguinte.
Descendo
cara a Maquieira a orelas das fervenzas de Barosa Muiñeira, onde o Rego ( rio )
do mesmo nome ( sinalar certa confusión existente , pois falan do rego de
Barosa, do rio Ameixeiras, do rio Agra, e na súa veciñanza ó referirse ás
fervenzas hai que mesmo di Ría de Barosa), estala e ferve escumas, rebentándose
contra as pedras caprichosamente erosionadas e pulidas polas augas.É
impresionante o pronunciado declive desta ruxidoira ou fervenza. O río salta
encabritado entre os vellos muíños de pedra e a exuberante vexetación.
Toda a
paraxe adquire un aire misterioso e irreal, ó ser transitado e atravesado polas
lanzas de luz solar. Aquí topan constante inspiración os nosos celebrados
pintores: Manolo Ruibal e Manolo Busto, os nosos Poetas: Adolfo Caamaño e R.S.
Lago, o fotógrafo artístico José M. Mosquera e o escultor Francisco Remiseiro.
Agora coa declaración de Parque Natural, previas as obras de acondicionamento e
restauración levadas a cabo, calquera visitante pode acougarse no medio de
tanta paz. Regreso cara a Porráns ( onde neste ano 2.000 tocou parte do
terciero premio da lotería de Nadal no número 11.092), subindo pola N-550
Tui-Santiago de Compostela, e encamíñome cara a derradeira Parroquia.
6.-Perdecanai.
Xa estamos no remate deste largo
paseo no San Antoniño, onde está a capela privada do mesmo nome e todo o que en
Barro signifique “cousa oficial”. Aquí está a casa Consistorial, actualmente en
magnífica e profunda reforma, o Colexio Municipal: “ Amor Ruibal”, a Biblioteca
, o edificio do que será o novo centro médico, a actual casa consulta do noso
abnegado e admirado médico Don José María González García, a Praza de Abastos,
os prometedores e sólidos cementos do que será un espléndido polideportivo etc.
Aquí
termina o noso periplo polo Municipio de Barro. Son consciente que me quedaron
bastantes cousas na recámara do cerebro. Ocasión haberá de retomalas e facer
algo digno deste Barro, metáfora da carne, materia orixinaria no paraíso agora
localizado entre o Umia e o Lérez, en vez de entre o Eufrates e o Tigris
Bíblicos; Barro de facer seres humanos entre as mans todopoderosas dun Deus
imposible, no principio dos tempos, recen separada a luz das tebras xurafaces.
Terminado
o meu mester por hoxe, invítovos a tomarnos unha copa na de “ Sra. Saladina”,
para poder manter amena charla co meu bo amigo Carlos Maquieira, que este é o
seu casino , cando non esta en Madrid ( na actualidade reside en Vigo lonxe dos
seus eidos naturais: ¿ non sei como lle irá ? na cidade Portuaria, que outrora
acolleu a Laxeiro, a Cunqueiro e a Celso Emilio Ferreiro ), pois el salvas as
diferencias, é home de profundísimas raíces grecolatinas, Poeta, Escritor,
Sabio algo bohemio, ou senón co noso Alcalde, José Antonio Landín Eirín, excelente
cirurxián no Hospital Provincial de Boa Vila, veterano político, pois á fin e á
postre, eles en boa medida son os cerebros impulsores deste ser nós en letra
impresa.(Ver nota nº 1 Páxina 145).
D.-Anexo nº 1:Informe 2.000
1.-Pinceladas
sobre a Historia Política e Administrativa de Barro.
1.-Durante
o Antigo Réxime, segundo o Censo de Floridablanca:Barro pertencía á
Xurisdicción de Peñaflor, que estaba baixo o Señorío do Conde do
Graxal,formando parte da antiga Provincia de Santiago.
2.-Nos
primeiros Axuntamentos constitucionais---Barro formaba parte do Axuntamento de
Trasumia---Partido Xudicial de Caldas de Reis.
3.-O
Axuntamento de Trasumia , con Fernando VII (1º de Outubro de 1.823) desfaise e
volvese a organización do Antigo Réxime ( Xurisdicción de Peñaflor ). 12 anos
despois por R.D. 23 de 1.835---ordease a formación de novos Axuntamentos---
tras debates e sucesivas propostas en que a parroquia de Romai pasa
definitivamente a integrar parte do territorio de Portas, e Valiñas permanece
formando parte de Barro, pese ó interese dos veciños desta parroquia, por pasar
a formar parte con: Lantaño, Portas, Briallos e Romai dun Axuntamento propio,
chamado Trasumia, recollendo unha vella nomenclatura.Valiñas integrase en Barro,
como máis próxima e ademais por necesidades de redondeo xeográfico. No Boletín
Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO), nº 97 de data 3-12-1.836 ( dentro
da Nova Planta Municipal ) figura Barro, formando parte do Partido Xudicial de
Caldas de Reis novamente, correspondéndolle por lei os órganos rectores
seguintes: Dous Alcaldes, Seis Rexedores e un Procurador Síndico.
4.-No
ano 1.864 ( 4 de Marzo )---Existiu un acordo da Deputación Provincial de
Pontevedra, que de terse levado a efecto houbese asimilado Barro na súa
integridade territorial, ó igual que Portas e unha parte de Moraña, ó
Axuntamento de Caldas de Reis---segundo un plan de reducción dos Axuntamentos
provinciais.
5.-Cambio
da Capitalidade Municipal:---Recórdese que documentalmente sábese que no ano
1.844 había cárcere en Porráns ou Curuto, e que no 1.860 consta tamén
documentalmente o mencionado lugar, como primeira Capital Municipal.Será no ano
1.900 cando O San Antoniño, na parroquia de Perdecanai, pase a ser a nova
Capital Municipal.
2.-Outros
datos obxectivos sobre Barro.
1.-Os
38,5 Km2 de superficie de Barro, fan que estea por debaixo da media da
superficie dos Municipios de Galicia, que é de 93,97 Km2 e tamén da media da
propia Provincia de Pontevedra, que é de 71,57 km2.
2.-A
poboación de Barro dende o ano 1.900 ó ano 1.986 aumentou nun 10,5% en 86 anos.
3.-A
densidade poboacional de Barro é de 97,7 habitantes por Km2, superior á
densidade media dos Concellos Galegos que é de 95,16, pero inferior á media da
súa Provincia, Pontevedra que é de 197,5 habitantes por Km2.
4.-Barro é un dos 9
Concellos de Galicia que teñen toda a poboación en Diseminado.
5.-Barro
pertenceu ó longo da súa Historia a distintas Provincias:a) A Santiago de
Compostela, unha das antigas 7 Provincias Galegas, durante o Antigo Réxime.b)
Integrouse na Provincia única de Galicia durante a Constitución do ano 1.812.c)
Pertenceu a Provincia de Vigo dende o 27 de Xaneiro do ano 1.822 ó facerse 4
Provincias en Galicia e por último d)
Pasou a formar parte da actual Provincia de Pontevedra dende a Nova división
Provincial do ano 1.833.
6.-O Alcalde de Barro ten
tratamento de Señoría. Polo
momento ningún outro título ou tratamento foi outorgado a este Concello. Non existe en Barro, nin Vila, nin
Cidade; a súa Capital Municipal ( O San Antoniño ), está calificada de Lugar.
7.-Nas
últimas eleccións locais do ano 1.999, os votantes censados do Municipio
elixiron consonte corresponde por lei 11 Edís. 7 do Partido Popular (P.P.) e 4
do Bloque Nacionalista Galego ( B.N.G.). O actual Alcalde-Presidente da
corporación Municipal que pertence ó grupo maioritario, é Don José Antonio
Landín Eirín, médico cirurxián do Hospital Provincial de Pontevedra, cunha
dilata e experimentada traxectoria política ó frente do Municipio ( 4º mandato
). Debe recoñecérselle
que a súa xestión coincide coa modernización do Concello en distintos aspectos:
Viais, Infraestructurais, Servicios e Xestión. As relacións , actualmente,
segundo se observa nos plenos, entre o partido de goberno e a oposición son difíciles
e de escaso entendemento.A asistencia de público ós plenos é escasa.En Barro
dende a transición democrática, despois de 40 anos de dictadura militar, trala
sanción, promulgación, publicación e entrada en vigor da Constitución de 1.978,
sempre existiron gobernos de centro e de dereitas, nunca partidos políticos de
esquerdas ou nacionalistas estiveron ó frente da corporación.Este feito, pese a
que as maiorías acadadas polo Partido Popular son amplas, fai que algunhas
voces disintan e se vexan pintadas ( certamente feitas en lugares inadecuados e
de forma pouco ortodoxa), dado que a protesta en democracia debe levarse a cabo
mediante:Manifestacións, concentracións, pancartas e carteis, dándolle lexítimo
contido ós dereitos constitucionais que a Norma de normas, a Constitución de
1.978, contempla e prevé no seu articulado legal.
8.-1
Secretario, 1 administrativo, 1 Auxiliar Administrativo e un Subalterno son os
encargados da xestión burocrática municipal. Existe ademais, un Aparellador
Municipal, unha Asistente Social e 1 Secretario do Xulgado de Paz, sendo Xuíz
Titular (3º mandato ), o candidato proposto e votado polo Partido Popular.
9.- Dous
operarios de servicios varios ( funcionarios), xunto con outros contratados
prestan o necesario servicio de recollida selectiva de lixo e fan ademais a
limpeza das marxes das vías públicas de competencia Municipal, coa maquinaria
axeitada debidamente tractorizada.
10.-Nos
veráns existe unha Brigada contra incendios, que en caso de non existir o
lamentable fogo forestal, realiza necesarias labores de limpeza e coidado das
zoas verdes do Municipio.
11.-Existe
tamén unha Brigada de obras, que restaura Muíños, fai fontes e outros servicios
de interese para a comunidade.
12.-Existe
en Barro un Dispensario ou Centro médico, no que prestan servicio 3 Doutores ,
dous A.T.S. e unha administrativa.
13.-Recentemente
creouse no local da Biblioteca Pública de Barro unha O.M.I.X. ( oficina de
información xuvenil ).
14.-
Existe en Barro un Colexio de E.X.B. ( Colexio Público Amor Ruibal), un
Instituto de E.S.O., unha Escola Taller ( Escola Taller Santiago Apóstolo) e
distintas garderías a nivel parroquial situadas nas antigas escolas unitarias.
15.-Conta
tamén o Municipio de Barro cunha Banda de Música e un grupo Folclórico. Un equipo de fútbol de 3ª Categoría
Rexional. Unha Asociación de Mulleres Rurais, que organiza exposicións,
cursiños e actividades ximnásticas.
16.-Proximamente entrará
en funcionamento un fogar para a terceira idade e o pavillón dos deportes
tópase en avanzada fase de restauración.
17.-Na capital municipal
: “ O San Antoniño”, existen varios negocios privados, alí encóntranse ademais
da Praza de Abastos de propiedade pública, a farmacia, dúas entidades
bancarias, unha librería con prensa e outros artículos, un bazar agrario, dúas
perruquerías, unha panadería-pastelería, unha cafetería, unha
moblería-floristería, tres paradas de taxis, paradas de autobuses, un taller de
automóbiles, unha tenda de ultramarinos, unha oficina de seguros, o dispensario
ou centro médico xa mencionado, dous edificios de propiedade horizontal, casas
particulares, a praza do viño coa bordaleza-barrica de pedra no medio en plan
monumento,as dependencias Municipais, o pavillón dos deportes, o futuro fogar
da terceira idade, a biblioteca pública e o colexio de E.X.B. “ Amor Ruibal”.
18.-Restaurantes, hoteis,
gasolineira, bares, supermercados, naves industriais, granxas avícolas e
porcinas, invernadoiros, ferretería-bazar, zapaterías, mercerías, carpinterías,
empresas de construcción, empresas de transporte etc. etc. amosan a actual
vitalidade do Municipio empeñado en enfrontarse cos atrancos e obstáculos
propios dun pequeno pobo de estrada.
19.- Son
ademais zoas de certa industria a C-531 estrada de Pontevedra a Vilagarcía ó
seu paso por Curro, Porráns en Barro e a Estación da Portela. Na zoa de Curro
pronto contará o Municipio de Barro co tan necesario polígono industrial.
20.-
Reseñable aquí parécema a min, dada a miña voracidade “borrica” deste momento,
o feito ocorrido a principios dos anos noventa, no que e de que, empresas
privadas publicitarónse por medio dos escudo heráldico de Barro e do seu mapa.
Conservo un escudo de Barro publicidade dun taller xa pechado de automóbiles e
un mapa municipal patrocinado por distintas firmas. Teño ademais certeza visual
de certo adhesivo que algunhas persoas pegaban no parabrisas dos seus
vehículos, que declaraba amor por Barro, mediante un pequeno corazón vermello e
o nome do Municipio en maiúsculas ó lado, semellante o que da maneira, outros
adhesivos doutros parabrisas, expresaban por Pontevedra, Sansenxo ou Santiago
de Compostela. Esto pode levarme tranquilamente a cavilar en que ocupamos un
pico da era mediática e publicista e de paso na popularización extrema incluso,
do invento de Gütemberg e as súas ramificacións virgueras actuais, pero que
tampouco provocan gran lesión.
3.-Economía.Monumentos.Festas
e Mercados.
a.-Economía.
A
economía de Barro, está condicionada pola proximidade de Boa Vila
(Pontevedra),Caldas de Reis e Vilagarcía.Os pobos da ribeira atlántica con
porto de mar e Vigo, teñen algunha incidencia tamén, pero inferior á de Boa
Vila.
Aínda
que analistas alleos, na maioría dos casos superficiais escribidores a folla
chea, chegan a falar da dificultade de establecer onde se produce a transición
entre o urbano e o rural, (dada a pouca distancia , con toda a nosa poboación
en diseminado que nos separa da capital da provincia),apreciación que soar soa
de perillas decimonónicas , a realidade é que a dualidade rural-urbano é
manifesta.
Integrarse
e acadar posición sólida en Boa Vila, noutro tempo cidade amurallada, para os
Barrenses de a pé e un fito meritorio, pouco menos que inalcanzable, como non
sexa por medios heterodoxos obra dunha man prodixiosa, caso de que este sexa o
obxectivo último e non soio a soberana tentación dos “rure redire”
acañados.Inveteradamente a Pontevedra vaise comprar ( gastar cartos ),
traballar as mulleres de empregadas do fogar explotadas e os homes na
construcción a obra feita.Tamén se vai parir no Hospital, facer unha operación,
vaise morrer con posterior exposición pública nos tanatorios de Boa Vila, ver a
mona na alameda e autocompracer o provincianismo miñaxoia dos Pontevedreses
máis endóxenos, co noso ruralismo entre envexable, no desexo de posuír entre
nós unha segunda vivenda restaurada de pedra e ó tempo sospeitoso de ser por
debaixo da súa civilización, que non viu máis alá da Praza da Ferrería ( ata
fai pouco Praza do Xeneralísimo) ou do paseo de Montero Ríos por diante do Pazo
da Deputación Provincial, a rúa da Oliva e os Soportais, que certamente non
teñen culpa destas tensións campo-cidade de difícil solución.Claro que noutros
tempos íase co carro de bois a vender leña na praza deste nome ( da que eu
agora teño postais ), froita e productos da horta.
Nada vai
mellorar esta situación a corto prazo,como non sexa creando postos de traballo
en chan municipal que eviten custosos desprazamentos en tempo e diñeiro, entre
outras molestias, que ademais impiden un maior florecemento e unha maior
conciencia de pobo , que se defende e loita polos seus intereses lexítimos de
maneira legal e sen asoballar a naides.Non obstante esta realidade en absoluto
vai alcanzar algunha solución co enfrontamento e si coa colaboración xusta e
honrada. Formamos parte dun mesmo barco e esquecelo soio se lle permite a
mentes pouco formadas, de ningún peso específico na realidade.
Nun
censo de 1.981, xa certamente antigo, recollido por Fariña Jamardo dentro da
súa extensa obra sobre os Concellos de Galicia, que traio aquí a título
indicativo , a poboación ocupada de Barro, estructurábase da seguinte maneira:
1.-Agricultura 43,3%, 2.- Industria
17,3%, 3.- Construcción 19,8 % , 4.- Servicios 19,6%, datos posteriores
estimaban que un 26,88 % da poboación
de Barro ocupábase no sector da construcción.
Somos
diante destas cifras, servos escravos, incultos, sen calidade de vida
equiparable, agricultores de subsistencia, seres libres de estar na eira
vixiando que os merlos e as pegas non coman as cereixas, protagonistas do
asombroso milagre da subsistencia, cidadáns libres se non nos pillan e ben
sinto eu tan doloroso diagnóstico e bárbaro análise , que espero que sexa
froito unicamente do meu excesivo amor polos Eidos do meu Contento, esta miña
ben querida xente, no interior revolto do meu delirante maxín de escribidor
airado.
b.-Monumentos.
1.- O
Patrimonio Histórico-Artístico declarado (DOGA Nº 135, do 16 de Xullo de 1.991)
consiste en: Dous Pazos privados, 12 Edificios Relixiosos entre Igrexas e
Capelas, Dous Castros Celtas ( O Castro de Barro e Castro Bandufe de
Perdecanai).Do primeiro hai machadas líticas expostas nas vitrinas do Museo de
Pontevedra e o segundo, según A.Caamaño:”Pusee un corta calzada de pedra que
podería estar destinada ó servicio interior do Castro, dado que estes pobos non
acostumaban a realizar vías de comunicación entre puntos moi distantes polo
estilo das calzadas romanas”. Existen dúas citanias máis unha probablemente en
Valiñas, lugar do Castro e outra en Agudelo, Chan do monte Güimil, bastante
importante esta última.
2.-Existen
en Barro Petos de ánimas e Cruceiros; respecto a súa cantidade e localización, digo que non estou
en condicións de documentar este estremo na actualidade e deixo aberta a porta desta tarefa a persoas
de valer capaces de interesarse polo noso entorno máis próximo e facer a luz
que mellor nos permita disfrutar do espacio case máxico que compartimos, ás
veces insustancialmente metidos en leas inconducentes e poñendo as linguas de
trapo e vertedoiro ó servicio da peor ponzoña chea de lixo insán.
3.-
Existen restos da segunda Vía militar romana, “per loca marítima”, rexistrada
no itinerario Antonino, coincidente en ocasións co antigo Camiño Real e coa
actual rota Xacobea Portuguesa.
4.-Refire
Gerardo Álvarez Limeses (Xeografía de Galicia) a existencia dunha Igrexa
destruída na Parroquia da Portela, dedicada a San Gregorio, mandada construír
por Pedro Madruga de Soutomaior. A base dun cruceiro probablemente procedente
deste conxunto histórico desaparecido, téñoa visto eu no río que baixa do Monte
Bazar da Portela ( Penizas) e que de paso move muíños na Costa ( Briadoiro) e
no lugar chamado Muíño Vello, preto do primeiro ponte da estrada local que
conecta a N-550 coa C-531 , atravesando a Portela e Curro, cando ía manter o
gando á veiga da Maruxa, alí entre as silvas, despois desapareceu para
ennobrecer non sei que chalé ou casa principal de señores compradores de
enciclopedias de adorno.
5.-En
Agudelo , existe a Igrexa Románica de San Martiño do Século XII, con moi
interesantes motivos decorativos no tímpano e nos capiteis , presumiblemente
obra do mesmo Mestre Mateo, forxador do sen par Pórtico da Gloria da Catedral
da Xerusalén Occidental ( Santiago de Compostela, de paso Capital de Galicia,
un auténtico mar de pedra e chuvia monótona…).
6.-A
Igrexa de Santa María de Curro é do século XVI con reminiscencias do estilo
gótico, estilo oxival tardío e existe tamén en Curro, un interesante cruceiro
de pedra ( Unha fotografía ilustrativa do mesmo aparece na páx. 113 da
Enciclopedia Galega), dentro do articulo sobre Barro.
c.-Festas
e Mercados.
Cada
parroquia en por si, ten as súas festas patronais ( veráns galegos das 5.000
verbenas).
Algunhas
festas con data precisa son: San Martiño de Agudelo o 11 de Novembro de cada
ano, San Cibrán de Agudelo-Chan dos Casás ( Monte Güimil) o 3º domingo de
Xullo, Festa do Viño de Barro ( na actualidade algo así coma as festas maiores
do municipio ) dende o venres inmediatamente anterior ó 3º domingo de Xuño, San
Breixo de Barro ( San Verísimo ) 1º domingo de Outubro.
Existe
en Barro un pequeno mercado de periodicidade semanal, cada domingo, diante da
casa do Concello, recuperado pola que foi seguramente a primeira alcaldesa de
Barro,Doña Teresa Roig Olona.
4.-O
Escudo e a Casa do Concello.
a.-O
Escudo.
Di de
forma literal Fariña Jamardo nas páxinas da súa voluminosa obra que dedica ó
Concello de Barro, referíndose ó Escudo: “ O Concello de Barro, que nos
saibamos, non ten recoñecido oficialmente, o seu escudo heráldico, sen embargo
o mesmo figura xa na casa do Concello, e está coma tódolos da provincia, en
bronce, na escaleira principal da Deputación de Pontevedra”.
|
|
Cónstame que no seu deseño interveu o Mestre Don Ángel de Curro, non obstante e dada a falta de recoñecemento oficial, atrévome a suxerir ,en clave de xogo ocioso, un novo Escudo que amoso na Ilustración nº6 (Páx 34).Nesta proposta A Fermosa Dama do Castro,da Lenda que referirei no seu momento, báñase espida á luz da lúa chea, nunha noite luminosa das que ofrece a Vía Láctea “in pectore”, indicando na bóveda o camiño da Xerusalén Xacobea (Santiago de Compostela).
Ilustración nº5.-Actual Escudo de Barro.
O escudo
actual, seméllame a min de gran garbo, moito luxo e bo vestir , o que en
absoluto me incomoda e vale, a sabendas de que outros problemas asolan as mentes
dos nosos gobernantes.
Abaixo debuxo de Ceso Varela:"R.S. Lago Poeta"
Abaixo debuxo de Ceso Varela:"R.S. Lago Poeta"
|
En punto
ás miñas preferencias entre todos os escudos da provincia de Pontevedra, é
seguramente o do Concello veciño de Moraña, un Menhir fitado, humildoso e
megalítico, o que merece o meu particular voto de calidade.
Ilustración nº6.-Novo Escudo de Barro.
b.-A
Casa do Concello.
Voume
permitir licencia para transcribir tamén de forma literal a descrición
arquitectónica , que da mesma fai Fariña Jamardo na súa obra xa aludida, supoño
que estas entradas a saco na súa espléndida labor se poderán considerar pagadas
coas miñas cumpridas referencias, non obstante estou aberto a compartir con el,
un por estimar porcentaxe dos meus dereitos de autor sobre este libro, despois
da primeira edición que, de acordo coas Bases, pertenece enteira ó Municipio de
Barro.
“ A casa
consistorial de Barro é un edificio de dúas plantas, con cuberta inclinada de
tella curva, e o seu acceso realizase a través dunha porta, situada practicamente
a nivel de rasante do terreo, polo que hai que subir tres chanzos.A fachada
principal organizase arredor do eixe central,posto que a fachada é simétrica. O
dito eixe está formado por tres pezas.
A porta
de entrada, con tragaluz de arco de medio punto, e dovelas claramente marcadas.
Acima encontrase unha ventá con dintel e antepeitos remarcados, e mais arriba,
xa na cornisa, que se describirá adiante, un luneto circular, acima do cal vai
o escudo do concello.
Lateralmente
encontramos no piso dous balcóns con balaustres, rectos pedestais con bolas nos
seus estremos, cada un dos cales abarca seis arcos. Na planta baixa debaixo de
ámbolos dous balcóns atopanse dúas ventás xemelas agrupadas por antepeitos.
Todo elo forma o núcleo fundamental de fachada que coroa mediante unha cornisa,
oito pedestais de bola, de altura crecente hacia o centro, formando unha
especie de frontón; tanto a man esquerda como a dereita encontranse duas ventás
nos corpos laterais”.
Eu diría
que se trata dunha sinxela, pero harmoniosa construcción en pedra de granito
branco con pintas negras, pulida, de presencia neoclásica, con filigranado
frontón sen releves na parte superior da cuberta, festonado con oito bolas de
granito esféricas sobre breves columnas, dous balcóns, dende os que miran en
cada un deles tres follas de contraventás altas vidradas. Existe no eixe unha
única ventá central. A porta de acceso despois de tres breves pasos de
escaleira, a cada lado desta porta tres ventás, contando a ventá que da luz no
local lateral , o da dereita mirando de frente, na actualidade ocupado polas
dependencias do Xulgado de Paz, situándose no digamos local anexo da esquerda,
o despacho do Alcalde e máis parte das oficinas de xestión Municipal; hai
bastantes anos situábase alí a escola aínda unitaria de Don Gerino.O soto
utilizase coma arquivo e eventual local de catas na Festa anual do Viño. Na
parte traseira do edificio que da a estrada N-550, ondean as diversas
bandeiras, amosando un soio balcón con balaustrada e varias ventás.
Descoñezo
o nome do arquitecto e a data de feitura da obra.
Supoño
sen raíces sólidas, a xulgar pola bufarda de arco de medio punto existente
sobor da porta de aceso , que o edificio Consistorial , é en boa parte
inspirador de tan vestidor e clásico escudo Municipal, que para nada ou case
nada testemuña indicativos diferenciais destes eidos, e así a tal divisa
pérdese na escura noite da heráldica indiferenciable.De aí a miña proposta de
novo Escudo, xa calificada, coa Fermosa Dama do Castro tocada con coroa de ouro
e a loura melena longa solta, bañándose espida nas augas da Ría de Barosa,
escoltada por dunhas ringleiras de muíños laranxa, unha noite refulxente de
verán.Enténdase en todo caso esta ociosidade lúdica coma unha fronteira de
liberdade constructiva que entende que os homes cabais, deben estar sempre por
diante das ideas e dos símbolos por intocables que semellen.
5.- Sobre todo a
“batallona” cuestión Salnés que dicía Gerardo Álvarez Limeses.
Barro
pese a aparecer obrado dende sempre polas telúricas leis naturais xeograficamente
no Alto Salnés Val , antes dos derradeiros montes prelitorais, sen embargo na moderna división Comarcal
Galega, que en Cambados ten o centro Comarcal do Salnés, non forma parte desta
Comarca, figurando como parte da Comarca de Pontevedra.Complexidade
burocrática, que aumenta cando a Cámara de Comercio que lle corresponde a Barro
e a de Vilagarcía de Arousa.
Aconsellan
estas circunstancias , que á maioría lle poden parecer bizantinas e sen
sustancia, próximas ó sexo dos anxos e arcanxos se os hai, tratar de revisar a
xeografía que ata agora pensabamos inmutable , sometida unicamente ós efectos
da erosión e outras catástrofes naturais; para tratar de entender e facer boa
esta realidade das cousas, pois sabedores ten a administración pública e coa
boa fe por bandeira , por mal que o fagan algúns erros son impensables.
Deixaremos
a un lado o tema por demais burocrático da pertenza á Cámara de Comercio de
Vilagarcía de Arousa e centrarémonos en si Barro é ou non é Alto Salnés
Val.Persoalmente o meu interese nace de que moitas das miñas obras ( novelas,
poemas, artigos, relatos, ensaios), fan alusión a este emprazamento de Barro (
Txabre na miña nomenclatura), chamándolle eu ó Alto Salnés Val ( Alto Cristal
Val, na lexítima procura dun territorio persoal plenamente literario).
Admitindo
que en algúns traballos que lin sobre o Municipio, fálase dun pequeno val ( sen
nome ), ou o que é o mesmo dunha depresión meridiana de norte a sur, e tendo en
conta que antes do litoral atlántico ( visible a simple vista nos días bos
dende Barro), existen algúns montes coma Lobeira, entre outras elevacións do
terreo na zoa do Mosteiro, Meis e Ribadumia, probablemente haxa que
descabalgarse do termo Alto Salnés Val e admitir que nos achamos nun Val Sen
Nome, onde a estrela é o río Chaín, que carga coas augas do Val.
Río
este, O Chaín, que a punto de abandonar as terras de Barro toma por fin nome
recoñecible e único, sucede esto xa na proximidade da parroquia de Briallos do
veciño axuntamento de Portas, unha vez engordado tamén coas traballadoras augas
do río Agra.
A
historia do Agra tamén ten o seu aquel, porque en ocasións é Rego de Barosa,
noutras é Ameixeiras ou tamén é Ría da Barosa ( que agora designa ó Parque
Natural do mesmo nome).Sucede que ó pasar por debaixo da estrada nacional 550,
na sinal informativa do M.O.P.U. finalmente faise, dise e escribese Agra, en
letras de respecto. Máis alá do plurinominalismo cartográfico que aquí
advertimos, con ansia de escorrentar o fantasmal confusionismo, en absoluto
intentatamos impedir a varia expresión popular , pero si alertar e facer luz
sobre o equivoco que provoca que un mesmo curso de auga teña tantos
chamadoiros, sendo moitas veces o seu nome maior o que menos soa nos beizos da
xente.
Volvendo
á cuestión apelidada antes de “batallona”, por si somos Alto Salnés Val, aínda
que xa digo non formemos parte desta comarca, consonte a última división
comarcal levada a efecto na nosa terra; téñase a seguridade de que para as
miñas obras xa escritas si somos Alto Cristal Val ( Alto Salnés Val) e para as
que veñan vindo imaxínome que tamén.
Aínda
que sexamos o Val Sen Nome ou simplemente O Val de Barro ( Txabre ), que
tampouco me soan a min tan antileterarias estas definicións,despois de tanta
indagación incruenta expresarei aquí as distintas opinións dos estudiosos e
despois manifestarei o meu gusto persoal movido como debe ser unicamente por
apetencias fantasiosas que en min teñen magnifico porto de arribo.Caudalosa
tinta acendida correu, sobre este tema, no pasado, agromante de plumas sabidas
coma as de Hipólito de Sá Bravo, Gerardo
Álvarez Limeses, García de la Riega, Cuevillas etc. pondo , eso si eles, en
práctica o para min nobre arte de encher enciclopedias a base de imaxinación ,
que por certo tanto mal lle parecía a Manuel Murguía.
Pois
ben, despois de alimentar o espírito coas súas plurais disquisicións, resumindo
pose dicir que a verba Salnés:1).-Manuel Murguía , celtista el, ó estudiar os
orixes de Caldas de Reis e dos Cilenos que a habitaron orixinalmente, asegura
que é unha corrupción do nome do pobo sinalado, derivando en Silenos, o que
inmediatamente da lugar ó vocábulo Salnés, que significaba:”acuáticos,
comedores de anguías”.2).-García de la Riega, helenista confeso, cree sen
embargo que Salnés, procede do Grego Selenos: “Adoradores da lúa”.3).- Hipólito
de Sá Bravo, ocupándose deste tema no seu libro titulado:” As rotas do románico
na provincia de Pontevedra”, entrega ó meu entender a acepción máis convincente
, dicindo que procede a denominación obxecto de análise e documentando
suficientemente o asunto, noutro orgásmico floreteo de eruditos, das antigas
Salinas que había na Vila de Noalla, na Lanzada e na Illa de Arousa, segundo
cita expresa e comprensiva destes extremos feita polo pai Sarmiento no seu “
Viaxe a Galicia” do ano 1.745, entre outras fontes dignas de creto. Pese a todo
teño que confesar, que en min manda e é
do meu gusto eso de ser Selenos helénicos, adoradores do satélite “morto”, non
obstante primordial para a vida no terceiro planeta, que por experiencia podo
dicir que é nestas máxicas terras certamente un luxoso espectáculo nas noites
de plenilunio, aínda sen utilizar instrumental (Telescopio do Corte Inglés
).(Ver Nota nº 1-Páx 139).
II.-BARRO…..UN
ACORDEÓN DE POSTAIS.
Tirando pola nacional 550 camiño da cidade do
Apóstolo, a 12
kilómetros da Boa Vila de Pontevedra – uns 10 minutos en
coche – o viaxeiro tópase coa agradable e acolledor Municipio de Barro. Terra,
fermosa e fértil, topograficamente obrada en plena víscera do renomeado Salnés
Val, parte alta. Este breve Concello “dúas veces bo”, gardado e protexido polas
elevacións dos montes Acibal e Castrove; cal recen nacido en exuberante berce
vexetal, adurmiñado tece no seu soño real, paraxes e recunchos de beleza
singular.
No intre
de inaugurar esta ruta, e ila descubrindo para o anónimo viaxeiro: Rompemos
augas ceibes e torrenciais na imprevisible ría de Barosa. A auga morna do Sol
ata o pescozo, metidos os corpos nus dentro das fondas pías escavadas no
granito, en relembranza das relaxantes termas romanas; na presencia molar e
xiratoria dos vellos muíños, que noutros tempos bailando a auga, mordían no
millo ata topar monda fariña branca.
Comezar
aí , xustamente aí ó pé das sandalias do Santo San Breixo, atando nas xestas ca
man esquerda, onde cada outubro ten lugar unha das romarías máis populares da
provincia. Tempo de encontro cos primeiros viños novos do ano, co polbo, coa
Muiñeira e cos milagres do Santo máis verdadeiro. Proseguir, proseguir, xa sen
receo nos pés Xacobeo-Machadianos, o camiño por estas terras de oroxenia
embrúxante, enfiando ádoas de recreo cos “lunares” máis senlleiros do seu corpo
garrido; é procurarse unha aventura sinxelamente imprescindible para catadores
de ceo da boca anímico exquisito.
Nestes eidos, que si facemos caso do texto bíblico:
Barro coma metáfora da carne, forman parte xa, dende a xéneses, de todos nos; a
xenuinidade da vistosa paisaxe interior, empápase de historia e de homes
ilustres; para nunha amalgama carbonatada, crear este anaco de Paraíso
Miltoniano, capaz de inspirar outro “Beatus Ille” Horaciano, a pouco que a
paixón flúa coa torrencialidade do río Chaín que aórtico sistolea polo val.
É xa
clásico que o visitante admire a igrexa de San Martiño de Agudelo, o retablo da
igrexa de Perdecanai, se interese pola caprichosa Pedra do Home…..e que , en
fin, deguste os bos viños que por aquí hai: Albariños, Caíños, brancos e tintos
xoves; a festa de exaltación celébrase a fin de semana que ven. Caldos ós que o Poeta Don Carlos
Maquieira , lle ten dedicado :” O Soneto en louvanza do viño de Barro”, que di
así:
“Líquido
d´ouro estrelecido
Que
rebrincas na xaula d´o teu xarro
Ten un fío de luz
estrelecido
Rebulindo
no fondo do teu barro
¿ Será
cicáis, o espírito apreixoado
dun
paxaro cantor do Paraíso
que de
tanto cantar apaixonado
o seu
trino no viño deixar quixo
cicáis
pudo ser iso. Pois agora
bebendo
nós do ouro do teu xarro
¡ afora
as penas y as tristuras fora!
Que
habemos de cantar, cal trinador paxaro
Nesta
festa de San Xoán por cada ano:
As ledicias do viño están
en Barro”.
Todo esto, xunto coa
romaría de San Breixo e a preciosa ría-fervenza de Barosa xa suxeridas, son
algo así coma a postal do Barro de sempre. Unha postal sobada, farta de plumas
entrañables e de agarimos decimonónicos.
En Barro, terra de
Artistas ó dicir do Xurista Ángel Maquieira, os tempos son novos:A inspiración
e a sensibilidade duns cantos, están
sacando á luz outros tesouros capaces de facer un acordeón de postais. Vexamos senón, a
Carcabada, reserva de carballos e de osíxeno plástico, mosteiro, catedral
vexetal, na que o pintor internacionalmente recoñecido Manolo Ruibal, tantas
veces ten recibido o favor das musas que o fan Xenial, ó mellor, na cósmica
compaña do Poeta Carlos Oroza. Carcabada, que tamén foi aula de sabe Deus qué
Metafísicas de Amor Ruibal, coa súa casa natal a pouca distancia.Filósofo este
tan por descubrir neste noso país, e que con tanto interese estudian os Gers
Profesores Alemáns. Qué dicir do Pazo da Crega coa Capela de San Antoniño, da
“Casa do Banco” onde o tamén pintor Xulio Maside ten o seu recollido estudio.
Recorran
comigo o camiño Real, entre a Maruxa, a Cerdeiriña , e o Pombal, descendendo a
Balada. Lugares máxicos, encantados, que si algo suxiren é a atemporalidade dun
San Hero ou o credo dun “Franchesco” de Asís e Umbría.Bebamos auga pura, nas
fontes dos Ceos, Ganchola e Viascón, saciando a sede tras do noso paseo, e
degustando a Lenda das tres fontes dispostas en triángulo que falan das súas
cousas, das cousas da chuvia, e da auga do mar do tempo que encerra o Cesto
Redondo no Outeiro.
E xa
para ir rematando esta viaxe, subamos ó monte Güimil, porriba dos Casas, alí
onde fai ben pouco se descubriu un asentamento Castrexo ( Celta ), de
importancia aínda non avaliada, para ver erguerse ó Astro Rei, e contemplar de
paso, dende o miradoiro dos Druídas o mar de Arousa nos días despegados.Vivamos
o romanticismo das vías e dos trens, sentados nun tallo da Renfe, debaixo do
gran reloxo da Estación da Portela.En fin paseemos o noso Barro mortal, por
este Barro máxico e atemporal.(Ver nota nº 2-Páx 139).
III.- MUNDO DE LOUREIRO O ESCRITOR E O SEU MERLO
COLORÍN..
Ilustración
nº7:O Merlo Colorín. Ilustración
nº8: Mundo de Loureiro.
|
|||
|
|||
Mundo
ten un merlo pico de ouro, que un día de xa fai tempo, colleu nun niño obrado
no estómago vexetal dunha silveira tépeda.Hai sen embargo quen di que o niño
topábase na frondosidade dun manto de noiva florido.....
O
trobeiro agora canta que se escaralla, de primeiras tíñao nunha gaiola na
cabana, pero ó presente polo día anda solto ó seu aire, ás veces marcha á mañá
e vén á noite, farto de comer cereixas e outras froitas, no verán.
Mentres
Mundo cea o Merlo que agora tamén fala, e que mesmo ten memoria e pensamento,
cóntalle cousas coma esta:
Colorín:Hoxe estiven por Curro,
faloume unha pega mansa, dunha cereixeira coca en Couso, e fun ata alí pero xa
estaba nas follas. Aínda así entretívenme no alto das pólas adestrando o canto
e vendo na fermosa Ría de Pontevedra a Illa de Tambo. Canso de estar alí voei
ata Bretoña, para pacer nunha veiga de millo seleccionado recen sementada. Alí
un raio dun rapaz case me dá unha pedrada cun tirapedras con gaias de buxo.
Enfastiado fun á Fonte de Curro e entrei nunha cabana por unha doela que tiña
rota, nesto veu unha vella embalada apoiada a un caxato de Loureiro e a pouco
máis zorrégame en forma. Escapei como puiden e bebendo nunha fonte, topeime
cunha rula vella coñecida, que me dixo que había unha claudieira ateigada de
froito en Astrar, e alá fun para fartarme e alí coñecín.....
Mundo:Xa te vexo estóurante, a
punto de rebentar, e eso é Gula tranquilamente.....¿ E mañá onde tes pensado ir
?
Colorín:Se queres que che diga a
verdade, primeiro póñome a voar, e logo decido.....¿ Por que queres sabelo ?
Mundo:Por nada, por nada, xa
sabes que dende que rematei de escribir os VERSOS DE BARRO , tes que sacar
tempo para o estudio, a ver si tes miolos para gravalos todos ben gravados na
túa cabeciña... ¿ tal é o trato non?
Colorín:¿E se che digo que xa
está todo aquí dentro.....?respóndelle o paxaro tocándose a cabeza cunha á.
Mundo:Sorprenderíasme agradablemente, xa sabes
que teño apostas importantes cruzadas con varios incrédulos.¡ Veña demóstramo !.
Colorín:¿ Agora mesmo?
Mundo:¿ E por que non..... ?
“VERSOS
DE BARRO”
AGUDELO.
“¿
Agudeza, astucia , habilidade ?
¿ Lugar
elevado, o chan abaixo ?
Capela
románica de San Martiño
Castro
Celta do Monte Güimil
fitoiro
do mar da Lanzada nos días claros
agora
Igrexa a medio facer
para
maior fachenda de San Cidrán-Bruxo
Casas,
Magdalena, Concello, Faxil
Balixe,
Lardoeira e Valbón: AGUDELO.
BARRO
Terra
arxilosa, xabre
materia
prima de obradoiros de cerámica
Romaría
de San Breixo
polbo á
feira, e viño tinto novo
rosquillas
do Santo
Fervenzas
de Barosa ruxidoiras
cálidos
goios de granito
nos que
meter corpos espidos no verán
Vellos
muíños cheos de amoríos
Curuto,
Maquieira, Pazo, Constenla
Búa,
Mane, Cangrallo, Porráns,Monllo
Capela
das Virtudes
Castro
de Barro, Monte da Maquieira:
BARRO.
CURRO
Ancestral
e perruqueira xuntanza
de
liñaxudas bestas bravas do monte
Couso:
fitoiro do Castrove
dende o
que ver a Ría de Pontevedra
por
exemplo. Bretoña, Fonte de Curro
Astrar
“Os de
Curro montan no burro
e cando
montan, montan seguro”.
Vía
rápida do Salnés
Autopista
do Atlántico
vías de
comunicación: CURRO.
PERDECANAI
¿ Perder
coa nai, ganar coa filla ?
máis ben
etimoloxía popular esta
e
verde-canaval tamén
Capela
de San Antoniño.Casa Consistorial
Praza do
Viño
Outeiro,
Triaba, Lourido, Gándara
Canai,
Porto Romeu
Monte
Acibal
Pedra do
Home: PERDECANAI.
A
PORTELA
¿ Porta
aberta ó vento ?
Sustanciosa
conversa líquida
do
triángulo máxico das tres fontes:
Fonte
dos Ceos, A Ganchola e Biascón
a quen
saiba escoitar atento
Lombo da
Maceira, Porriña, Briadoiro
Vilaverde
Caeiro,
Castro Loureiro, Fonte do Ramo
as
Penizas
Estación
vella da Renfe: A PORTELA.
VALIÑAS
¿ Valos
de pedra pequenos, valiños ?
oxalá
soubera dicir máis
Aldeiña,
Illó, Piñeiro
Ortigueira,
Vilar
Bouza do
Rei, Bagañeira
Veiga das Cuñas: VALIÑAS.
¡TODA ESTA ENTRAÑABLE
TOPONIMIA
feita
verbo garbeando fonéticas
que aquí
por explicarse explicase
ata o
aire cando rosma vigoroso
nas
vellas carballeiras.....!
MANEXA
NO SACHO NA MOUCHA
en tanto
que madura a tarde
e as
troitas bacoriñas do río
fan
longos olímpicos
nos ríos
sen nome fixo
do fondo
do Val
no sacho
manexa na Moucha
un home
de pelo nevado
que ten
dez veigas máis
cheas de
millo
suor
salgado, calos nas mans
e na
mirada o brillo que dá
o
traballo nobre e honrado
de quen
sobre todo é colleteiro de viño
na
Moucha manexa no sacho
un tal
Xermán.....
A
ESTRADA PASA SEMPRE
CONSUMINDO
GASOLINA
negando
a herba que medra
nas
vellas carballeiras
cousas
do alcatrán
o Pobo: BARRO,
queda sempre
latexando
vida, sensibilidade,
ansia,
pasa sempre a estrada
Nacional
550, BARRO ás marxes
queda
fermoso, máxico,gasoso
segredo,
xennuíno, explicable.....
RECINTO
SAGRADO DE SAN BREIXO
CHEGADO
O TEMPO: VERBENA
paz e
silencio vellos
murmuración sempre monótona
das guedellas dos carballos
abaixo
escoitase o cantar líquido
das
Fervenzas de Barosa
escorregando
por mansos granitos
outrora
movendo rodas de Muíños
“moito mantén Barosa”
en tanto con catro carrascos
fan niño
as rulas nas xestas marelas
de
anunciar o florido mes de Maio
dende
sempre e para sempre
en tanto
o mundo sexa mundo
e sigan
sen atinar os Asteroides.
VELLAS
CARBALLEIRAS
sombra
fresca
chans de
herba verde mol
berce
vexetal
por Maio
florido
mes
bonito
andan
aquí os paxaros soltos
liberdade
dos que lle dá por voar
poñéndolle
música ó silencio
o sol
esgallando risadas louras
luz dos
campos de trigo
ás
noites a lúa prata
anda
íntima por debaixo do río de Luz
de
estrelas
coma
quen di vagalumes aéreos
que
sementa na bóveda nocturna
a
esplendorosa Vía Láctea.
ANCESTRAIS
VERBAS DE BARRO
Aquí
soio suxerido florilexio
da
fabulosa riqueza de nomes das terras de labor
cada
paraxe, cada curruncho
ten o
seu propio nome.
Insistencias
Patronímicas, apelidos
heraldos
de pedra en pazos e casas antigas
alcumes.recordos.lendas.historias.sonas
Aquí
páxinas que se escriben soias.....
METAFORICAMENTE
UN SANDWICH
a un
lado Caldas de Reis do Umia
ó outro
Pontevedra do Lérez
no medio
poñamos Barro-solombo
pata
negra ou xamón de Soutelo de Montes
deixando
pasar ós Regos-riiños do fondo do Val
ata que
finalmente son Chaín
engordado
do da Morena,Areal
Lourido
e Barosa
e tamén
dicir que nos cinguen
Moraña,
Portas , Meis e Pontevedra
no medio
estes Eidos nosos
terras
fértiles e fecundas: 48,5 Km2
na distancia
coma animais prehistóricos
aletargados
ou xigantes panza arriba
os
Montes: Castrove, Xiabre
Xesteira
e Acibal
xeograficamente
Alto Salnés
aínda
que agora vencellados
á
Bisbarra de Pontevedra
Xente
sinxela, sufrida e doce
Pobo do
interior e de Estrada
cruceiros
de Pedra
petos de
ánimas
Barro
Barroco na Paisaxe Galega
Millo.Patacas.Herba
verde.Trigo
Piñeirais.Eucaliptais.Carballeiras
Viño:
Albariño.Caíño.Brancos eTintos xoves
Festa
Anual do Viño por Xuño
Soneto en louvanza do viño
por D. Carlos Maquieira
Literatura A.Caamaño, R.S.
Lago
Fotografía Casto Reinaldo,
J.M. Mosquera
Pintura
M. Ruibal, M.Busto
Escultura
F. Remiseiro.....”
Mundo:¡Estupendo,
macanudo, xenial !.Felicítote, es un prodixio
Colorín:Aínda faltan bastantes versos por dicir
de corrido, sen erro de punto, nin coma.....
Mundo:Non te preocupes, xa está
ben é suficiente por hoxe. Agora vaite para a cabana para xunto da túa Merliña
e trata de descansar ese tesouro de
cabeciña que tes meu amado Colorinciño…..¡ Que paxaro, que prodixio!…..e cae o
ano.
CAPÍTULO II:BAROSA Ó LONGO DO TEMPO.
I.-BAROSA:MUÍÑOS,DECADENCIA
E PARQUE NATURAL.
Neste
segundo capítulo entrégolles o material manuscrito probablemente a pluma de
rabo de cuco e tinta de santo oficio, froito da espontánea colaboración do ínclito escritor, Sexismundo de Gómez, máis
coñecido na redondés por Mundo de Loureiro, alias Truman Capote, que el
titulaba orixinalmente:” Barosa:Crónica sentimental dunha enriquecedora
relación”., pero que eu o tratar de mellor estructurar contidos
favorecedores de prestancia e encaixe, vinme na obriga de titular da maneira
arriba expresada, cos apartados necesarios para facer comprensibles episodios
tan inxenuos como certamente
sentimentais, que en conxunto estimo que favorecen este traballo e
aconséllanme polo tanto a súa inclusión, agradecéndolle así de paso terme
servido de modelo e inspiración el e máis un merlo destrabado chamado Colorín
que ten para bosquexar os Versos de Barro, que non considero definitivos, por
moito que o paxaro xa os saiba de memoria, nun intento de gañar apostas
millonarias a favor do seu amo.
A).-Muíños:
Primeiras noticias de Barosa, polo vento norte, dende a aldea de Penalta.
Eu,
Sexismundo de Gómez , máis coñecido por Mundo de Loureiro na redondés e en todo
Val de Cristal ( O propio Salnés Val), natural da Aldea de Loureiro, Parroquia
da Portela, Municipio de Txabre (Barro), vou intentar referir aquí da mellor
maneira que ó meu entendemento se lle alcance en primeiro lugar a miña antiga e
xa dilatada relación, que por haches ou por bes teño tido ó longo dos anos, coa
fermosa paraxe de Barosa.
1.-¡Moito mantén Barosa!.
A finais dos anos sesenta
principios dos setenta xusto cando o home principiaba a poñer o pé no satélite,
aínda vivía eu nunha Aldea da Entidade Local Menor de Arcos da Condesa,
Municipio de Caldas de Reis, de onde era natural meu pai o tratante de gando
Juan, chamada Penalta : dinlle así porque no alto do monte que a pecha deixase
ver, despois de todo o que leva chovido ha de entenderse que en suficiente equilibrio, un croio de granito
prominente - aínda que máis pequeno ca fabulosa Pedra do Home erixida pola
natureza coma unha catedral de granito na aldea da Cereixa (Triaba) de
Perdecanai, a mesma que o meu Amigo filósofo Amador ten fotografada e enmarcada
nun cadro da súa habitación – .Na pedra
esta que como dixen lle daba expresivo nome á aldea adoitaban facer niño
as aves rapaces, que despois déixanse ver facendo círculos sobor das casas para
descolgarse en vertixinoso aterraxe sobre galiñas ou pitos cos que alimentar as
crías, supoño que esto seguirá da maneira e sen cambios, os círculos das aves,
as galiñas ou pitos a faltar dos poleiros e as crías a comer.Regular supoñer
este meu, pois debería ter en conta que na actualidade a vida rural
desmantelouse bastante e aínda que sigue existindo nas Aldeas unha poboación,
máis ben envellecida , as parellas novas que se van formando froito doutros
conceptos extreman a planificación familiar e teñen moi poucos fillos , o que
lles permite así de súpeto prescindir de galiñeiro, veiga de patacas e nabicol
de cedo plantado debaixo da parra, porque os tempos ó parecer son novos, aínda
que o planeta en si siga a xirar sen presa pero sen pausa da mesma maneira de
sempre e as postas do Astro Rei sexan idénticas a aquelas que no Finisterre
asombraron ós Xenerais Romanos nos breves intres de lecer que lle permitía o
espallamento do Imperio dos Césares, porque definitivamente non hai nada novo
debaixo da luz fisionada directa ou rebotante na selénica masa convertida en
espello, e o que semella cabal, perentorio e racional froito de celludas
estatísticas, remata sendo un vaivén ou mellor un bandazo da Historia, que se
define co sospeitoso nome de moda, pola arbitrariedade e o capricho da que
estas ondas coma a da pedra arroxada a auga, soen xurdir.
Advirto
como é marca de identidade dos meus escritos que me vou en ocasións polos tesos
de Courel, ó mellor na procura da Punta de Pía Paxaro que cantara Uxío
Novoneyra folerpado nas barbas, finado no ano 99.Nas letras de que entendo, as
verbas son coma portas intercomunicadas e se abres unha porta topas outra e
outra e outra e así ata que acordas retomar o fío e volver ó vieiro principal ,
ó motor que te move no que estas a narrar.Estes chamados son marcos de extremas
graníticos, aquí todo é de pedra ou son as frangullas de pan que deixou
polgarciño polo chan da foresta atento a non esquecer o camiño de regreso a
xunto dos seus, claro que se esquecía dos picos famentos dos paxariños
cantores.
…A finais dos anos sesenta,
principios dos setenta, aínda vivía eu alí debaixo daquela Santa Pedra de
Granito, coma un altar megalítico morada de aves rapaces, cando sentín falar por vez primeira do Muíño de Valerio, un
rico facendado de lugar de Piñeiro, que outorgaba xenerosas propinas a quen lle
topaba as botas altas e negras de caucho perdidas, desas de andar a regar antro
millo ou a pisar nas tinallas de uvas, desprendidas casualmente dos fungueiros
traseiros de carro de regreso á casa.¿Cómo era a frase?, si…..¡Quen sabe a
propina que che pode dar Valerio!
¿ Cómo sería o Muíño de Valerio?,
segundo miña avoa Espléndida era o de Arriba de Todo, o máis amplo e moderno, o
que tiña feita de postes de granito unha canle profunda ou presa que bebía da auga do río areeiro e troiteiro,
nado nas terras de veciño Municipio de Moraña, que recolle a auga das montañas
próximas.O mesmo que co nome de Agra ou Rego de Barosa dá lugar a fermosa
fervenza ou ruxidoira deste mesmo nome derradeiro, o que continuando en breve
aflúe preto da marxe esquerda da N-550 Tui-Santiago de Compostela, ó Rego Riiño
do fondo do Alto Salnés Val, xa Chaín que o leva ata Caldas de Reis para que
deite o seu líquido cantareiro no pai
Umia que alá na Ponte da Barca en Cambados ten cita co amplo e azul océano
Atlántico.
Un día de treboada e choiva a
dividir, na cociña do forno se cadra co quitafames ateigado de mazás en
disposicións de asarse convintemente, despois de feitas as empanadas de millo e
a bolas da mesma fariña milla, miña avoa materna, a de extraordinario nome,
tantas veces espléndida comigo no cariño, nos regalos, na comprensión e no
ánimo: costureira, agricultora, sabedora, rezadora , case santa, faloume de
Barosa.
Era a primeira vez que eu recorde, que alguén
me daba noticias directas de sitio tan concorrido polas xentes da bisbarra.
Coma homenaxe a este tipo de
mulleres galegas todo terreo,aínda que miña avoa era única, quero insertar aquí
a Ilustración nº 9 (Páx 56).
Trátase dun debuxo sobre a
Escultura do que foi Escultor de Cambados Francisco Asorey, titulada:
“ Santa Galega”,
presentada na Exposición Nacional de 1.926, coma expresión da sofrida muller
campesiña de Galicia.
Na actualidade a cousa penso que
cambiou un pouco,para mellor.Pese a todo nas zoas rurais as mulleres, algunhas
mulleres Galegas seguen a traballar coma escravas, lamentablemente aínda lonxe
de calquer revolución feminista, inmersas nunha economía de subsistencia
agotadora e pouco rentable.Amosando de paso o caracter heroico e lendario do
matriarcado galego, fronte a pusilaminidade tamén estrema de algunhas féminas
modernas coa cabeza chea de fume neboento, e víctimas das modas.
|
Ilustración
nº9: “Santa Galega (1.926).-Sobre escultra de Fco.Asorey.
Estabamos precisamente a debullar
unha gran cesta de vergas acugulada de espigas seleccionadas que gardabamos no
hórreo,cabaceira,celeiro,canastro, piorno, espigueiro ou como lle chamabamos
nós Cabana(Ilustración nº10-Páx 57), tal é a rica versatilidade da nosa lingua, para moer no Muíño de Valerio,
que normalmente levaría o avó Francisco no interior dos sacos de arpillera ó
robusto lombo do cabalo da casa chamado Navarro, o mesmo que vaite a saber por
qué, co tempo lle terminou metendo unha patada con cicatriz perdurable incluída
a meu pai Juan na metade da fronte, que o deixou sen sentido na Cachada Nova,
preto da burata do Xabre para tapar no bagullo, toda unha tarde de outono…
|
Ilustración nº
10.-Hórreo, cabaceira, celeiro, canastro, piorno, cabana.
Veume dicindo a Gran Nai, que
aproveitando a moita auga que se xuntaba na zoa, maiormente no inverno, a xente
fora construíndo casiñas de pedra dotadas de grandes rodas redondas de granito
remoedoras de gran, que eran movidas pola forza da corrente desatada o actuar
sobor da base dentada de ferro chamada rodicio, que accionaba o eixe tamén de
ferro , que en definitiva por medio da arte de muiñar producía a tritura dos
distintos tipos graos susceptibles de cultivarse nas terras de labor das Rías
Baixas-Alto Salnés Val, na provincia de Pontevedra.
“No sitio de que che falo
Mundiño…”, ela chamábame así cariñosamente case sempre, menos cando lle facía
sen querer evitalo ou eu que sei, algunha trasnada que por forza a sacaba do
seu apacigoado e bo ser natural, “…hai preto de vinte muíños, todos en útil
funcionamento e todos che teñen ben que facer”.Zoaba o vento e de fondo deixaba
oír o son enorme, case culminante e definitivo da treboada ecoante nas alturas.
A choiva ameazaba con botar fóra as presas de auga medradas coma pans levedados
e a xente estaba metida nas casas preto das ben cebadas lareiras ó quente.Entrementres
ela refería, meu avó andaba a facer ruído de contra a adega, seguramente
ocupado en resacar algún viño que ameazaba con picar ou fiarse e meus pais ó
mellor ían en Caldas de Reis, mercarlle calzado de inverno para miñas tres
irmáns na da Viúva da rúa Real, esa rúa que cando abaltroa o Umia, faille
chegar a auga ata debaixo das axilas a un home cumprido como era José Antonio
Saenz o da tenda de roupa de Cabaleiros, home de Alsira de Veiga, curmán carnal
polas nais de meu pai Juan o tratante de gando, fillos de irmás como adoitaba
dicir o meu proxenitor. Apunto todo esto para ben situar a escena da miña avoa
Espléndida falándome de Barosa, cicais única inspiradora e apoiadora familiar
da miña impensada afección teimuda por escribir sobor das cousas que pasaban ó
meu arredor, ceando na imaxinación e acentuando no realismo cru e politicamente
incorrecto da época, por aquelo de que non se diga que fantasiaba para fuxir da
realidade e tripaba por camiños azucrados.Arriba no satélite, na lúa, agora que
por medio dos libros e das cronoloxías que todo o anotan, coma min, que eu
tamén son un notario recalcitrante ,ás veces, da realidade, na lúa digo se
cadra e xa estou por dicir que con total seguridade, xa estaba depositada entre
o po ermo a pegada de Astromg, que agora rexistran as fotografías dos feitos
máis sobranceiros da época.En tanto que durou a cesta de espigas foime contando
máis detalles entorno ós muíños e ás muiñadas.Daba gusto escoitala e
aproveitaba estar atento ó discurso sabio de miña avoa Espléndida. Nunha destas
dixo unha frase, que se me quedou gravada, entre suspiros agradecidos e
movementos de cabeza aseverativos:” ¡ MOITO MANTÉN BAROSA meu meniño!”,
paréceme que a estou vendo agora mesmo apartando así literalmente a cuarta
dimensión temporal: Sentada no tallo de castaño, o pano da cabeza filigranado
en colores apagados e aquela verruga chistosa na meixela dereita case
descolgándose deica á punta do nariz pequeneiro, a face redondeada e aqueles
ollos cheos de bondade coma os dunha Santa Labradora, nunha casa na que se
vivía humildemente ben.Repetiuna case mastigándoa unhas cantas veces: “¡ MOITO
MANTÉN BAROSA !” , a miña mente aínda verde a tales abriles, pouco adestrada,
sen gran capacidade de relación e analoxía de sotaque non foi capaz de advertir
toda a dimensión daquela concisa frase exclamativa que ela verquía insistente
nos meus oídos infantís. Non obstante quedou rexistrada, coma subliñada na
oralidade do discurso.
Recordo que aquela noite debaixo
do retrato en xeso pintado imitando a policromía catedralicia da Virxe María ,
que tiña escrito debaixo en letras maiúsculas a relevo AVE MARÍA, coma as
antigas matrículas dos coches, aínda que a comparación non acaba aquí de ser
afortunada, recordo, que cavilei na frase tratando de extraerlle o néctar da
súa flor significativa , cal si eu fose unha laboriosa avella fabricante para o
meu propio consumo de xelea real semántica; despois de rezar as miñas oracións
de cada día dada a miña educación cristiá, paseime máis alá das campanadas da
media noite que a cotío daba o gran reloxo pendular que o avó tiña no corredor,
estrullando a miña mente en formación ata que dei cunha resposta que me deixou
durmir: “ MOITO MANTÉN BAROSA”, “debe querer dicir que como alí hai tantas
máquinas de moer ou muíños de auga, gracias a eles a xente pode facer pan que
os mantén”. Estaba tan claro coma o raio de lúa, espada de luz branca que agora
entraba polo buraco dunha broulla desprendida, que presentaba a contra ventá
tamén branca, unha vez que tiña amainado o temporal do serán. Durmín a perna
solta ata ben entrada a mañá do novo día e quen sabe, ó mellor xa soñei coa
paraxe dos muíños movidos pola forza da corrente líquida, preto da aldea da
Maquieira, debaixo do Outeiro no que se levanta a Igrexa de San Breixo, avogado
do reuma, compañeiro do Peregrino Apóstolo Santiago consonte di a relixiosa
lenda, que aquí nas fermosas terras do Alto Salnés Val, quixo descansar e
fixéronlle famoso e fermoso santuario que dou lugar a unha sonada Romaría que
se celebra a principios de Outubro de cada ano coincidindo no tempo cos
primeiros viños novos do ano degustables da zoa.
2.-Perdido en
San Breixo.
Estando eu de acordo no esencial
coa forma que , entre outros Escritores, Carlos Casares o actual Presidente do
Consello da Cultura Galega e da Editorial Galaxia de Vigo, mantén en liñas
xerais no referente ó modo e forma de estilar as Historias, abundo eu na
anécdota autobiográfica aquí, para deixar dende a miudeza, moitas veces persoal
e cotiá recado doutras dimensións superiores, moito máis ambiciosas.
Estou a favor dos que entran na
intrahistoria, apartando das miradas estructurais totalizadoras , que por ben
condimentadas que pinten nos papeis son áridas e lonxanas ó preciso latido
humano que debe animar a Literatura esclarecedora que rompe desde dentro, unha
vez xa instalada no estómago do consumidor lector, ó modo dun bo prato de
comida, que cisca os seus precisos xugos no noso recipiente de esixentes
gastrónomos.
Nesta dirección conceptual e
estilosa de explicar dende as miúdas anécdotas as grandes cousas, coma quen pon
nun vidro unha célula para entender o funcionamento histolóxico dos tecidos
orgánicos e despois do corpo enteiro no seu sorprendente conxunto, advirto nos
sucos do meu disco duro, na memoria, que unha posible segunda noticia do hoxe fermoso e gabado por todos Parque
Natural de Barosa, tívena de forma un tanto tanxencial, de oído e nun lamentable estado de tremelicación e
perdida incluso de identidade. Explicareime:
A principios dos anos setenta, na
compaña da miña xa coñecida e proverbial avoa Espléndida, fun atravesando polos
montes de Briallos ( Parroquia do veciño Concello de Portas ), a escoitar unha
devocional misa á Romaría de San Verísimo de Barro, eu soio dicir San
Breixo.Vestido coa roupa das festas, diante dos meus ollos con moita película
fotográfica en branco, asomou a multicolor riola dunha romaría de gran
predicamento e xusta fama na redondés, ata chegar a súa sona ós mesmos pobos
mariñeiros da ribeira arousán que cerran o Salnés Val polo Oeste có inmenso e
azul abrazo do Atlántico, despois de alertar ou facer saber noticia da mesma en
todas as aldeas e aldeíñas espalladas ós catro ventos, tendo en conta a
disgregación tradicional dos asentamentos poboacionais galegos.
Aparecían sobor do Vello Castro
Celta,a Igrexa Parroquial do século XVII, cátedra do Santo San Breixo, e o
Camposanto anexo, onde descansan os restos humanos dos veciños da Parroquia de
Barro, o que na introducción do Ensaio Histórico da Cultura Galega lle faría
exclamar a Don Ramón Otero Predayo, enténdese que sen ansias reivindicativas
fortes, pero si adoutrinante e lexítimador: “Aquela ermida románica que subiu,
hai séculos, astra o cume do castro, está agora un pouco máis vella ca onte”.
Aquelo era unha auténtica feira
-non sei que lle houbese parecido a Xesucristo cando irrefreable expulsou os
comerciantes e trocadores de moedas do templo de Xerusalén…-, un intenso
mercado, mestura de gastronomía e ocio húngaro ( patria do ciscado pobo xitano
), con rifas dos máis insospeitados artigos,rosquillas do Santo, foguetes e
petardos.Un invernal río de xente ía e viña arredor do Santuario de pedra, a
nave do recinto sagrado quedábase pequena e pola precaria megafonía da época,
deixábase oír a voz admonitoria do ministro de Deus loando ó Santo e facendo
ampla gala do seu alto padroado coma sanador do reuma e da artrites.A poucos
metros fervía o saboroso polbo das rías baixas nos caldeiros de cobre, bebíanse
sobordadas cuncas dos primeiros mostos do ano, bailaba a cabra no alto dun
pendureiro de madeira, os xitanos de Pontevedra ( Barrio da Caiera-Bao) máis ca
pedir esixían esmola abanicando en plurais recipientes-peto, os tolleitos e
baldados ( semellantes ó Laureaniño de Divinas Palabras de Valle Inclán ) aquí
e acolá amosaban chagas diante de panos da man con algunhas moedas , das máis
baixas do sistema, e os boletos sen premio da tómbola bailaban no aire a danza
da ilusión fallida polas tixolas, as olas ou as grandes bonecas que cerraban e
abrían os seus medrados ollos azuis debaixo dunhas perfebas enormes.
Eu estaba tranquilamente cabo de
miña avoa oíndo misa, coma quen di agarrado a súa saia de lunares ou gris sen
máis e cando rematado o oficio relixioso pretendemos dirixirnos entre cóbadazos
e pisóns encarnizados á venerada imaxe de San Breixo, para pasarlle un pano
pola face, polo manto e ata polos peciños e comprar ademais unhas estampas, foi
cando lle perdín a pista á propia nai de meu pai.
Pouco tempo despois deste para
min lamentable suceso, deime por perdido no medio daquela multitude fervorosa,
cal se me topase na máis escura fraga ou souto cheo de mestos carballos,
repletos de pegas, corvos, merlos e mouchos, e eso estabamos a plena luz do
día, aínda antes de xantar.Recordo que aínda sen bagoar decididamente ,
principiei a sentirme asustado, historias neboentas que tiñan lugar nas
Romarías, raptos de rapaces maiormente, asaltábanme os miolos en formación.
Saín da igrexa por unha porta lateral, e naides reparaba na miña anguria,
naides; pasaban, tripaban, rían ou rezaban, ían ou viñan, comían ou bebían,
pero alí non habían nin mans, nin verbas agarimadoras e amigas capaz de darme
consolo.Estaban entolecidos e eu alí no medio non pintaba absolutamente nada,
empecei a desandar o camiño cara a casa de Penalta, disposto a cruzar soio polo
monte de Briallos, serían as dúas da tarde.Despois de baixar do Outeiro aquel
da Romaría polo camiño de terra a chupe, hoxe asfaltado, antes de xirar á
dereita , tiven que cruzar unha ponte de pedras lousas, e alí mesmo volvín a
sentir o ruxir monótono da auga do Rego de Barosa, que a avoa urxida pola
devoción non me deixara contemplar nin sequera un chisco camiño da romaría; son
as fervenzas das máquinas hidráulicas do río cavilei sen pararme tampouco esta
vez, de repente ó meu lado case alcanzándome vin caer do ceo a cana dunha bomba
de repetición e despois dúas ou tres máis. Quería fuxir de alí axiña, sacarme
de debaixo dos chuzos festivos que chovían do ceo na procura da miña ocorrente
testa , segundo dicía a xente. Botei a correr ata coma quen di bater cos pés
nas pousadeiras e nesto sorprendido a miña man dereita coma saíndo do muíño de
Valerio, vin un home con barbas raras de dous días e unha longa gabardina gris
manchada de aceite non chupada por morcegos, que sacaba de debaixo do brazo un
longo coitelo brillante e que se dirixía a min; collín un croio do camiño , un
cuarzo deses nos que agarra o ouro e chimpeille dereito ó cranio, sentino
berrar de dolor mentres me distanciaba, e a forza de correr da maneira que xa
deixei dita, cando me dei conta xa estaba na familiar Cachada Nova riba da nosa
casa.Alí remoía tranquilamente no toxo mol e vizoso o Navarro, o cabalo de meu
pai. Case unha hora e media despois , desesperada, inconsolable e confusa,
chegou a avoa toda preocupada .Ó parecer farta de cachear por min sen froito
algún, anuncioume nos altofalantes das tómbolas: “ Se busca al niño Sexismundo
tal,tal,tal…se recompensará su hallazgo” ou así, e seica tamén tivo letra coa
parella da garda civil, para tratar de acharme. Encheume de bicos húmidos e
respirou consolada. ¡Nos meus oídos quedara rexistrada xa para sempre a
sinfonía da auga de Barosa!.Pola tarde con Manolo o Pombo e Xosé de Carmen de
Sra. Avelina, farteime de conducir no
arco de ferro que me fixera Julio o Ferreiro do Cruceiro, irmán de Raúl o do pequeno
autobús, supoño que para escorrentar dos osos a medrana que pillei diante do
desaprehensivo do coitelo…debía ser por eso…¿ E o cansanzo ?, daquela esa verba
non saía no meu diccionario.
3.-¡Barosa
frondoso berce de tantos!.
Unha terceira noticia ó Norte de
Barosa, dende Penalta, está xa definitivamente presencial e memorable, nunca
hai dúas sen tres, xurde con ocasión de acompañar a Sebastián o da malladora e
a Lucita das Pinchas a moer ó xa coñecido muíño de Valeiro da aldea de Piñeiro.
Debían ser días de Abril ou máis,
porque as flores do bosque – montes de Briallos – por onde tiñamos que
atravesar, vestían de alegres e festivos colores os avesados e misteriosos
recunchos do serpenteante, antigo e intuitivo camiño de pés – mercuriais
corredoiras galegas – e de carros de carreteiros no país das pedras e da
madeira, antes dos primeiros camións Ebro, que no seu lombo dócil de terra e
laxes roídas pola erosión e as ferraxes,
nos había de transportar ata Barosa.
Ían tamén con nós: Manolo o de Pombo e José de
Carmen de Señora Avelina, nós os tres, provistos de arcos, varetas de arame
para conducilos con mango de carballo e tirapedras con gallas de buxo, gomas de
pneumático de 1.500 ou 600 e cargador de coiro feito cos copetes das botas
novas de Pepe de Couso.Nós íamos de paseo, por explorar, saír da Aldea e por
estar lonxe dos chamos inoportunos das nais, dos pais ou dos avós que calquera
destas xerarquías familiares se servía de gobernar no noso mundo e nas nosas
vidas de rapaces, con ínfulas de xeneral lexionario.
Eles os dous, veciños porta con
porta, maiores ca nós, con dezaoito anos cumpridos ou máis, ían moer,
propiamente de particular muiñada como se verá. Levaban o millo de Sebastián e
o trigo de Lucita en dous grandes sacos de arpillera, suxeitos polas cabezas
con fortes cordeis do mesmo material, coma quen di a carranchapernas, sobor da
mula cinsenta dos de Louro, á que lle chamaban Belén e que decote andaba de
préstamo entre a xente da aldea, máis ben alugada, a cambio de ben medidas
remaquías e restas de chourizos mellormente ceboleiros da tripa grosa dos
“semellantiños” ou cochos.
Hai que dicir que Lucita das
Pinchas, tiña fama na veciñanza de ser coma o pau da bandeira da escola
unitaria, de tanto subir e baixar a prenda íntima para compracer o desaforado
apetito sexual dos mozos que a requirían de amores, a cambio do chocolate da
doutrina.Faladurías que ó mellor non eran certas, incapaces as linguas de trapo
e vertedoiro de deterse nas soleiras das honras alleas, que envexaban
enloitadas, o repenique festivo de Lucita enteira.Eu persoalmente nunca a tiña
visto en tales usos e polo tanto mantiña no aire e en suspenso o lanzamento da
Bíblica pedra de castigo.Sabía eso si que con Sebastián o da malladora; o mesmo
que no medio do canaval de canas indias da Crus de Malrán despois do atallo da
Formiga, previo pago dunha peseta por cabeza espectante, nos ensinou o mítico
seme ou cru dos homes machos, despois dunha masturbación pública; tiña moitas
compracencias.
¿ Por eso fomos ese día con eles a Barosa? ¿ Para
vixialos e saber ? ¿ Eu que sei ?…..fomos sobre todo polo que xa dixen antes, e
de paso se cadra ó mellor para ver de esguello ou en primeira fila, ¿ quén sabe
o que nos depararía a xornada ?, o que facían un co outro. Exercendo xa daquela un voyerismo precoz, que no tocante
a min e ós meus socios e amigos de sempre
na ocasión, en absoluto saberíamos etiquetar da maneira. O noso aparte
de manexar nos instrumentos apuntados eran as gaiolas, os niños e os ovos dos
paxaros, a froita prohibida das hortas alleas e a heterodoxa orquestra, que
tiñamos montada encima da Fonte de Penalta e que soia dar un pase diario
debaixo mesmo do taboleiro de anuncios, que o era o cilíndrico pao da luz, no
que meu avó Franscisco, como alcalde pedáneo da aldea, adoitaba pegar con
puntas os Edictos da Entidade de Arcos da Condesa e outros que viñan do
Axuntamento maior Caldas de Reis .
Chegamos sen novidade ó sitio e
mentres agardaban quenda para moer, puxémonos a xogar as agachádelas para
divertirnos.¡ Había millo e trigo entre outros froitos, agardando moerse no
muíño de Valerio ata ben minguada a tarde!. Calculou a ollo experimentado o
muiñeiro.Tiven, tivemos tempo para recorrer a ringleira de muíños e mesmo
agacharnos neles xogando, aproveitando os ocos arquitectónicos que algúns
presentaban e tamén disimularnos dos ollos dos outros nas esquinas.
Barosa era unha magnífica
fervenza ruxidoira, coa a auga escumante brincando porriba de laxes e pedras de
caprichosas presencias. Unha lenta e ordenada procesión de Muíños remontando a
corrente coma salmóns de granito…..Debían ter coito José de Avelina ou Manolo
de Pombo, porque eu andaba procurando agocho, cando descubrín a Sebastián e a
Lucita entre as follas de carballo espidos, en transo evidentemente sexual.
Chamei polos outros asubiando cos
dedos nos beizos e en toda a boca, casque falándonos, axiña acudiron e así foi
como asistimos a primeira película porno da nosa vida. Non quero entrar en
detalles pero verdadeiramente, alí detrás das ramas dos Loureiros e das tropezas
de carballos novos, en plena natureza, percibimos o poderío da carne en
celo.Nos oídos durante moito tempo ecoaronme os rítmicos arquexos dunha Lucita
totalmente sometida ó ímpeto insaciable de Sebastián o da malladora.Unha vez
que rematou a función aseáronse eles, na mesma auga do Rego de Barosa. A nós
por desculpa, poñendo o apósito antes da ferida, ocorreúsenos soltar a mula
cinsenta dos de Couso e saír despois a procurala polo chupe do Castro e a
Romaría de San Breixo, como argumento definitivo para facelos confiar na nosa
ignorancia e descoñecemento das súas cousas íntimas e persoais.
Non obstante dende aquel día e
ata que finalmente Lucita, que era filla de solteira, emigrou para as Américas
onde tiña a súa nai, sempre a miramos coma o noso escuro obxecto do desexo,
próximo pero inaccesible por cuestións de idade, fácil, pero inalcanzable por
nacermos nós, con cinco ou seis anos de demora…..
Os amores entre Lucita e
Sebastián, permítenme no presente reflexionar sobre a fama que as Muiñadas e os
Muíños en xeral, teñen entre os vellos verdes, de ser sitio adecuado para
folgar con mozas xenerosas.Hai quen di con moita sorna, que a maioría da xente
do Municipio de Barro, ou foi concibida en Barosa ou ten antecedentes
familiares, devanceiros provintes destes arrexuntes: ¡ Barosa frondoso berce de
tantos!, ¡Barosa nai de miles!.
Hai moita picardía sexual entorno
ó mundo dos Muíños, que se estende por case todas as literaturas europeas.
Fermosos sitios solitarios, entre a natureza, lonxe dos lugares e aldeas, concorridos,
sen previsión temporal exacta para moer, suficiente desculpa esta para manter
fecundos enredos.Recórdese que nos Muíños , naceron as grandes parrandas ou
muiñadas, amenizadas por gaitas de fol, pandeiros e pandeiretas, e destas saíu
o enxebre baile da Muiñeira.
Nos Muíños as moas de pedra,
mordían nos grans para convertelos en fariña para facer pan, e eran ademais
centros de reunión social ( case coma as modernas Discotecas e os Pubs
).Coidaban logo, do estómago e do ocioso corazonciño daquelas xentes. Ós
Muíños, soio lles faltaba que as fillas dos muiñeiros, lles fixesen traxes ós
clientes coas teas de arañas, que abrancazadas medraban nos curruchos
esquecidas polas vasoiras, de ben varrer o chan de terra para aproveitar aquela
fariña tripada para os “semellantiños” de ceba, que había nas casas.
B.-Novas
noticias de Barosa, polo vento sur, dende a proto-mítica aldea de Loureiro.
1.Verán,decadencia,granito,amizade,natureza,
auga e sol.
Por circunstancias familiares,
non paran de pasar cousas nos seos íntimos familiares, trasladeime xunto con
meus país e irmás, a mediados dos anos setenta a vivir a tan literaria e
protomítica Aldea de Loureiro dos meus escritos, da Parroquia da Portela , onde
meu pai obrou casa nova.
Recordo que cando sufriu o atentado
que lle acabou coa vida o entonces Presidente do Goberno Nacional, Almirante
Carrero Blanco no ano 1.973, estaba eu no taller dun coñecido técnico daquelas
televisións en branco e negro, que el mesmo fabricaba, chamado Manuel de Amedio
da Aldea de Parada, parroquia da Portela, por mor de reparar a nosa “Styl”.
Pouco despois deste cambio de
domicilio, empezou a miña época de Boa Vila, estudios e traballos en oficinas,
polo que nos meus oídos agora urbanos, parou de soar o nome de Barosa.Ademais
viñeron os muíños eléctricos, tipo o noso que aínda ás veces pon a moer na
actualidade 2.000 miña nai, situado xusto enriba do meu escritorio, por
atoparse na mesma nave de dous andares que temos obrada na horta.
Recordo que antes de adquirir meu
pai o mencionado muíño eléctrico pintado en color verde, ía eu moer levando o
saco na carretilla ou no carro da máquina de cavar, a xunto meu avó-padriño á
Aldea de Acivro, rosmándome polo baixo sempre el pola lentura do millo, que
tiña que estar perfectamente delourado, incluso posto xunto á cociña económica
de ferro, para non presentarlle grandes problemas ó muíño eléctrico, da familia
dos que fixo decaer o imperio Barosa.
Por estas mesmas circunstancias
froito da mecanización necesaria, o soar insistente de Barosa decaeu tamén en
toda a bisbarra , e pouco a pouco , os vellos muíños en ruínas foron devorados
polas silveiras e desaprehensivos que sempre hai adestrados, ocupáronse da
desvalixar impunemente as moas e rodicios de ferro alí presentes.
Foi no ano 1.986 , tal como consta
nas miñas notas e diarios, cando volvín a ter relación coa máxica e fermosa
paraxe de Barosa. Na compaña do admirado fotógrafo do Pazo José M. Mosquera, bo
coñecedor da zoa, que lle queda ben preto da casa, el coa súa máquina
eternamente colgada ó ombro.Despois de xantar, nas horas das espesas sestas,
por corredoiras de pés, entre acivros, silvas, loureiros, carballos, pinos e
outra vexetalidade frondosa, deixándome guiar, íamos ata a ría como dicía el.
Alí en traxe de baño,
somerxiámonos nas pozas, grandes goios escavados no granito nas vellas laxes,
supoño que pola erosión incontable.A auga caldeada polo sol estaba morna, cando
menos na superficie, estábase ben e arredor a natureza apartada e silenciosa
transportábanos no espacio-tempo.Éramos:Vellos guerreiros Celtas, romanos, eu
que sei que eramos nós noutras vidas paralelas anteriores…..no presente, xa
pasado,alí hidroxenados pola auga ceiba e libre.No medio das silvas arqueadas
(os Asturianos chámanlles “arcos” precisamente ás silvas), case esféricas,
marcando o ámbito de todas as decadencias, estaba o que quedaba dos muíños que
tanto fame calmaron na bisbarra.Estas evocadoras reflexións son forzosamente
actuais, porque daquela, nós íamos alí para estar ben e relaxarnos.Soio algúns
rapaces máis novos ca nós, andaban pola zoa; o silencio e a insularidade eran
as notas predominantes.
Deslizarse polas laxes ata abocar
coma pelotas de golf humanas, nos goios de granito, aproveitando o declive
debaixo dun tapiz de carriza húmida, que semellaba unha pista de patinaxe sobre
xeo, atreverse nos goios máis fondos, nadando entre macizos pelouros de pedra,
enfrontar os riscos que nos ofrecía Barosa nas douradas tardes estivais
mantendo a integridade física, era agora que o penso un exercicio inconsciente
e destemido, que nos temperaba os nervios e a sensibilidade.
Non me acordo se eu e Mosquera,
falamos algunha vez desto, no fío intermitente pero único da xa nosa dilatada
conversa en sintonía , tantas veces alentadora nesto de andar conxurando os
esixentes arcanos do mundo do Arte, el coa fotografía e eu coa literatura, pero
o certo e que de regreso á casa , despois de estar nas Pozas mornas de Barosa e
nos goios, como me sucede coa volta das praias, dáme un alegría existencial
salubre, un ben estar anímico , que soio aproveitar para baldeirarme en folios
brancos, coma a proteica fariña dos Muíños de Barosa.Non sei si a Mosquera, lle
pasa algo semellante, supoño que si, porque pola Vía Rápida do Salnés ás veces
de relaxado que vai quedase a durmir.
Nesta liña de cavilacións
ocórreseme que ir ás praias atlánticas das Rías Baixas ou ir as Pozas e Goios
de Barosa era a parte principal do rito, no meu caso, de porse en transo de
escribir, de crear, de deixar que chegue a inspiración ou o que sexa ese
impulso, que a min me pon a escribir crédulo do que digo, de como o digo, ata
chegar , superadas as resistencias iniciais, semellantes ás previas ó
mergullamento nas Pozas de granito, a sorprenderme eu mesmo dos lostrexos que
ás veces magníficos se me producen na punta da pluma coa miña colaboración.
Lostrexos que en definitiva son os motores, as xemas e os diamantes que un
procura cando se pon a escribir condenadamente, renunciando á vida, si por que
xa se sabe , ou se vive ou se escribe, has dúas cousas á vez , hai quen di que
son imposibles de levar a cabo…..
Conste para ir finalizando este
apartado, que estas fugas cómplices estivais nosas, non evitan que os pintores:
Manolo Ruibal e Manolo Busto, tamén nesta mesma época que decimos “decadente”,
andivesen nos veráns frecuentando eles tamén a zoa, para socorrerse igualmente
na auga fresca e reconfortante das fervenzas, obtendo iguais ou semellantes
beneficios anímicos, que eu en min admito e confeso aquí.Nesta andanzas, outras
persoas próximas a min , Barrenses a porfía, coma: Carlos Maquiera, José
Antonio Landín, José Rodríguez Nieto, Benigno Constenla , o xove escultor
Francisco Remiseiro, ecoados polo esplendor antigo da zoa, próximos a paraxe,
seguro que tamén neste tempo de total decadencia e ruína, teñen palpitos e referencias
persoais do lugar.Nin que dicir ten que outras moitas persoas anónimas a miña
humilde esfera de coñecemento persoal, souberon, saben e saberán sempre que
Barosa é unha das principais postais do noso fermoso Municipio.
Nota “inter texto”: O certo protagonismo
que aquí nestes episodios me implica, ben dado polo ton entrañable da narración
e pola persoa verbal que utilizo , a primeira persoa do singular, cos
pretéritos precisos para desempoar a memoria e espertar os recordos celosamente
gardados por Nemosina, que van enfiando estas letras, que pretendo amenas,
accesibles a todos e avaliadoras do que foi, é e será Barosa.
2.-A Revista
Barosa e a defensa de Barosa.
Queridos Muíños, coma tramos
dunha escada “hidrolítica”de pedra e auga remontando o lombo mollado do rego de
Barosa, amigos de roer grans de froitos maduros, facedores de branca fariña,
productivas casiñas de pouco adobío das marxes do rio, refuxio enorme do ser
serodio da nosa terra nas noites de luar e nas de cruel tempestade fin do mundo,
sitios de namorar e troulear; queridas pedras toscas e xuntas, facendo humilde
arquitectura industrial, ó presente despois de tanta decadencia en busca de
reintegrarse útiles na sociedade, na que un día, antes das silvas e da
esquilma, erades baluartes imprescindibles.Agárdabos hoxe coma mal menor,
“carísimas” prendas de retrofilosofía ¿quén sabe ?, servir coma tabernas
típicas ou baixo o manto preservador da etnografía para dar mostra doutros
mundos válidos, que deron xente e fixeron sociedade, neste mesmo mundo noso, xa
agora todo el nas areas fuxidas dun tempo pasado.
Queridas máquinas hidráulicas de
dar de comer, facer sociedade e crear escenario apropiado para lances amorosos.
Queridos Muíños de Barosa, debedes de saber que a principio dos anos noventa,
creouse no Municipio unha Asociación Cultural , co nome da paraxe que a vos,
vos acolle: “ Asociación Cultural Barosa “, que entre outras actividades, tales
coma: Excursións por toda a xeografía de Galicia ( organizadas entre outros por
Mª Jesús Calviño e José Bermudez, sobre todo), Concertos de Rock and rold, coma
o celebrado na chan do Monte Güimil ( Agudelo), no que actuaron os Herdeiros da
Crus, vangardista grupo galego, do cal o seu líder: Toñito de Poi, fíxose na
actualidade famoso en toda Terra Santa, gracias a un programa de sobremesa da
T.V.G., dirixido pola cantante de Soutos e Carballeiras, nos veráns de
esmeralda-finisterrae, a popular Ana Kiro.
Tamén nesta liña de inquietudes
culturais, se editou unha Revista denominada: “ Barosa”, que ten como logotipo
o rodicio dun muíño, baixo os fíos de auga da fervenza, sobre fondo verde que
deseñou o profesor de Belas Artes Manolo Busto. Eu estaba alí, muíños de
Barosa, asistindo á creatividade do do Briadoiro, que con soio tres colores e
capaz de crear combinacións conceptuais, soporte de extensas reflexións , que
non son sen embargo desta feira. Teño gardadas esas escasas Revistas-tesouro,
que dan proba de tanta porfía , caendo irremediablemente no medio das silveiras
e debaixo das pedras das pedradas. Si muíños, porque a chama da cultura e
difícil de manter acesa debaixo dun océano de ignorancia, no medio da división
e apagada polos temporais, en vasos de auga ,afortunadamente, destes pequenos
pobos de estrada, deses de deixar atrás infinitamente, esquecidos e concibidos
coma tallóns de obra de man barata, case angarellas de modernos escravos sen
posibilidades reais, tripados pola semántica e a demagoxia democrática das
institucións importadas de pan-europa…..Nesta liña social e reivindicativa que
me acaba de saír polas cuncas da futura miña caveira, escoitade o que lles
dicía Don Juan Manuel Montenegro, nun dos diálogos da obra de Valle Inclán:
“Romance de Lobos”, ós pobres de andar a pedir polas portas dos
ricos:”…..Tendes marcada a alma co ferro dos escravos, e sodes mendigos porque
debedes selo. O día en que os pobres se xuntasen para queimar as sementes, para
envelenar as fontes, sería o día da gran xustiza…..Ese día chegará, e o sol,
sol de incendio e de sangue, terá a face de Deus.As casas en chamas serán
mellores fornos para a vosa fame, cós fornos de pan….. etc.”
Sabede tamén, ben queridos
muíños, que hai ben pouco desto, no periódico Mercavedra, que se ocupa un
chisco dos axuntamentos da periferia de Boa Vila, saíu unha alarmante noticia
que afirmaba que nas fervenzas que a vos outrora, vos converteron en proveitosa
industria , xa suficientemente loada, e vos deron a forza motora de valer, se
ía instalar unha pequena central hidroeléctrica por unha empresa privada.Teño
oído que houbo ruído de sables nas altas esferas políticas, esta vez o noso
veterano primeiro espada, carraxudo puxo o cargo a disposición do seu partido ,
ameazando con dimitir e pouco despois saíu un adhesivo circular que dicía:
“Salvemos Barosa é a nosa historia”. A ameaza das controvertidas turbinas
desapareceu entre a néboa dos despachos e neste pasado verán 2.000, xurdiu
aceptable, interesante, segundo din voces alleas que son as que mellor poden
calificar estas nosas fraquezas, o Parque Natural de Barosa (Km.104 da Estrada
N-550), e no Muíño de Abaixo abriuse un Local Típico dos que vos dicía, onde se
serven bebidas e tapas variadas, esto unha vez que foi debidamente restaurado,
respectando o entorno e a vella arquitectura das vosas carnes.
Esto é aproximadamente todo o que
vos podo dicir, recibide un forte abrazo por exemplo nos coios de rio da ra ou
enráns que vos moven, e por favor non teñades medo deses chispazos , coma
pequenos lostrexos cegadores, son os flashes das máquinas de fotos cos que as
familias tratan de inmortalizar os veráns Rías Baixas, diante das vosas
humildes e heroicas pedras.
Para aqueles que descoñecéndovos
vos queiran saber, na Ilustración nº 11 (Páx 75), encontrase “un näif
plano de sobremesa” que lle chamo, que da unha semblanza do conxunto do Parque
e ó mesmo tempo pode servir de orientación puntual.
|
Ilustración nº 11.-Näif plano de
sobremesa do Parque Natural Ría de Barosa.
3.-O Parque
Natural Ría de Barosa ( Relato:” Encanto das Fadas”).
Considerando positivo o esforzo
restaurador e divulgativo que en Galicia se está levando a cabo por Concellos
coma o de Barro, rescatando das silvas o fermoso e sorprendente Parque Natural
da Ría de Barosa, ó sincero dicir de visitantes doutras Comunidades Autónomas,
turistas de vario orixe internacional e Galegos das distintas zoas do
territorio, lonxe de querer amargurarlle a naides esta labor recuperadora, por
serenar entusiasmos e deixar as cousas na súa dimensión , apunto aquí que
probablemente cando no ano 1.860 faciamos muíños de herdeiros ( algún dos de
Barosa risca nesta data), hai que saber que en Suiza principiaban a fabricar o
agora famoso e custosísimo reloxo Beyond Measura, en América-Estados Unidos, en
1.869 inventaban o cepillo aspirador e algúns anos despois no 1.865 xa inventaban
o lavalouzas. Esto é así , por eso espero que non nos confunda a vibración
necesaria empregada por min, para escribir e a real estatura das cousas, en
comparanza.
ENCANTO DAS FADAS
Xohán Taboada, unha noite dun domingo de mediados de Agosto
do ano 2.000, a
eso das 10 e media, collía unha copa alta de fino cristal, a primeira que se ía
servir no novo local-taberna típica nomeado:”Muiñada de Barosa”, e intentaba
pousala… na gran roda dun antigo muíño, que servía de mesa enxebre no flamante
negocio, que por fin hoxe inauguraba.Pasara o inverno acondicionando o gran
muíño de abaixo, o derradeiro dos vintetantos, que hai na zoa das fervenzas
ruxidoiras de Barosa en Barro e que en tempos pasados fixéronlles acuñar á
xente, sempre creativa, a oportuna frase que con brevidade e ás claras
expresábao todo: ¡ moito mantén Barosa!, pois alí certamente moíanse moitas
toneladas de millo e cereais varios. …Notou que pese a que a distancia era
escasa o vidro tardaba moito tempo en pousarse na gran circunferencia de
granito, non fixo caso desto sen embargo, e colleu a botella de Albariño Martín
Códax, para encher a copa xa definitivamente instalada na redonda maquinaria de
pedra, outra vez volveu a ter unha sensación estraña, o fío de ouro do viño
Albariño, semellaba descender moitos quilómetros diante de instalarse no regazo
de cristal da copa alta…..María Dolores e Leonardo, tamén un domingo de
mediados de Agosto, pero do ano 1.925, acababan de moer dous foles completos de
millo do de contra á metade da veiga da Moucha, despois coa escobiña limparon
meticulosamente a roda do muíño xa queda e tamén o chan , tratando de
aproveitar ben aproveitada a fariña, logo cunha pala pequena de folla de lata,
desas do azucre, botaron o que xuntaron nun dos sacos que permanecía aberto e
nesto sorpendidos viron como unha copa alta de fino cristal se pousaba sobre a
circunferencia lítica, e despois, ó pouco, viron como un líquido dourado a
rebordaba.A parella de muiñeiros ocasionais estaban confundidos, pero non
totalmente asustados.”¡ É Albariño!”, dixo Leonardo despois de beber da copa.
De súpeto víronse rodeados de luces, música agradable e xente bronceada.Acababa
de producirse unha FLUCTUACIÓN TRANSPORTANTE E SIMULTÁNEA NO
ESPACIO-TEMPO.Xohán díxolle a Celsa a súa compañeira: “¡ Despareceúme unha copa
chea de Albariño!, foi incrible”, ela que non entendeu o que lle quería dicir,
limitouse a sacudirlle a fariña que inexplicablemente tiña pousada no pelo e
sobor dos ombreiros, el insistente dicíalle:” pregúntalle a aqueles clientes de
alí senón mo crees, desapareceu diante dos nosos ollos, coma manipulada polo
mago David Cooperfield e cando volveu a aparecer, estaba valeira, ¡
xúrocho!”…Fóra do muíño tamén había xente e algúns ceaban nas mesas de pedra
serrada do parque; a parella: María Dolores e Leonardo, cos foles na cabeza,
cheos de fariña, pronto suscitaron a atención dos presentes.”¡ Moi realista si
señor!”, dicían, “¡Este Xohán ten unhas ideas magníficas!, ¡mira que poñer dous
figurantes que veñen de moer para dar ambiente de época!”, e así…Eles a
puntiño, pero incapaces de articular verbas, axilizaron o paso polo medio do
xentío alí reunido, sen necesidade de acender os farois, nin nada, pois había
potentes focos de luz cegadora instalados nas árbores do parque.Confundidos e
agora si, bastante asustados,chegaron á casa e toparon todo igual que estaba
antes de saír para moer no muíño de abaixo de Barosa; non obstante atónitos e
invertidos, prenderon na cadea do can á ovella e meteron o can no cortello
desta, para cear beberon peixes e pan mentres comían no viño, laváronse a
continuación coa toalla e secáronse con auga e finalmente, despois de entrar
pola ventá ó cuarto onde durmían deitáronse moi xuntiños debaixo da cama e todo
esto feito en silencio, coma se quixesen seguirlle a broma ó futuro, que
brevemente se lles mostrara diferente, fermoso e bronceado.
Na páxina siguente nº79- Ilustración nº 12, tópase a versión
B. Do anterior näif plano de sobremesa sobre o Parque Natural de Barosa, esta
vez ocupando todo un folio apaisado.
CAPÍTULO III.-MUÍÑOS DE AUGA:AS MÁQUINAS DA RÍA.
I.-
HISTORIA.ARQUITECTURA.OFICIOS.
A.-Historia.
Superado o medievo e con el o
réxime feudal, as terras dos Señores, chegan ás mans dos servos, agora teóricamente
libres.Fano pouco a pouco, cada vez de forma máis segmentada, ata que como
problema chegamos a falar do gran encrucillado das terras de labor galegas, ou
do minifundio, do que o símil anterior quere ser imaxe.
Precisamente nestes momentos, Municipios
coma o de Barro, por medio da concentración parcelaria animada dende o
axuntamento e as asociacións veciñais, acertadamente ó meu xuízo, intenta
porlle punto final a esta disgregación secular, que aboca as terras de cultivo
a unha desagradecida economía de subsistencia, en ocasións romántica, pero
inconducente, na realidade globalízante “todo competitiva”, que acabou por
botar fóra no seu tramo final este século que conclúe.Recollese desta maneira
por fin entre nós o desvelo decimonónico pola tan necesaria Reforma Agraria, da
que o mellor deseño das parcelas particulares por dereito de herdanza, ó
facelas medrar e mellor comunicalas, tal vez soio sexa unha parte fundamental,
pero tan soio un parte do que cumpra facer, para darlle mellor avío ó campesiñado.
Como dicíamos, unha vez que a
terra chega ás mans dos antigos servos, certo que por medio livián ó principio
de gravosos foros e complicadas enfiteuses entre outras figuras xurídicas, ata
chegar o estadio plenamente posesivo, coa propiedade ontoloxicamente dividida
en dous novidosos planos:Dominio e Facultade de transmisión universal por medio
do unilateral negocio testamenteiro, ademais da posibilidade de comprar e
vender, coa única obriga de contribuír ó fisco cos impostos que renda
semellante tipo de propiedade total.Falamos da popular “contribución”, máis
dunha vez posta en chistes por Castelao e modernamente por Quesada no Faro de
Vigo, como corresponde.
Xurde pois a estes vós, a
necesidade de explotar os froitos das terras de maneira autónoma…Recórdese que
o Señor Feudal, tamén tiña dereitos sobre os Muíños, algunhas pontes de paso,
as vidas dos servos e ata Baquico e Caligulesco, dispuña do dereito de pernada
sobre as recen casadas, feito este último que fala do totalitarismo omnímodo
dos poderes que exercía sobre o seu territorio, nun tempo pretérito que está aí
a soio 10 ou 12 xeracións aínda. Circunstancias estas que magnifican os logros
acadados polas grandes revolucións cívicas europeas en busca dos Dereitos
Humanos e da Dignidade das persoas, parede esta na que sempre hai e haberá que
andar pintando , porque o lixo dos tempos é persistente e insistente e as
escascaduras son constantes…..
…Explotación dos froitos da terra
de maneira autónoma, que por evidentes razóns económicas pronto é colectivizado
e así aproveitando a forza das augas nas beiras dos ríos e aínda nos regatos,
xorden os Muíños de propiedade colectiva ( Muíños familiares, Muíños de
herdeiros), unha especie de pequenas empresas familiares ou xermolo das
cooperativas.Existen sobre este tipo de Muíños, documentos que testemuñan como
estaban previstos incluso os días e aínda as horas , que lle correspondía moer
a cada co-propietario.Outra cousa son os Muíños Maquieiros, que xa funcionan a
base dunha prebenda económica en especie, que o Muiñeiro cobraba, segundo
medida, da fariña obtida. Maquía esta, que nas “molineras” de corrente
eléctrica que viñeron despois, devoradoras incluso de carolos ( espigas
malogradas ), xa se pagaba en moeda ( a peso ).
Xa en fariña datacional, pola súa
estructura a maquinaria hidráulica e industrial de Barosa, debe proceder dos
séculos XVII e XVIII ; nos documentos de particulares pódese contrastar este
extremo.A súa proliferación obedece ó aumento da poboación, coma no resto das
cousas da humana sociedade, rexida polas leis da oferta e a demanda.
Estes Muíños de Barosa, habida
conta o caudal existente , non deberon ser vacacionados obrigatoriamente, polos
tempos das regas en que a auga non podía ser desviada , nin distraída para
outros usos que non fose o dar de beber ó millo emporretado das veigas.
B.-Arquitectura.
Son os Muíños construccións das
que se pretende unha utilidade práctica, polo tanto carecen de pretensións
ornamentais, aínda que hai Muíños de aspecto máis coidado ca outros. A planta
soe ser cadrada, co chan de terra, en algúns hai lousado. As paredes están
feitas con cachotería tosca, incluso procedente do propio leito do río que move
o Rodicio ( Roling Stones –Cantos rodados ). As pedras canteiras e o cachote de
varia procedencia, aséntanse coma nalgunhas vellas casas aldeás sobre barro, o
morteiro de cemento e os ladrillos , que adulteran o ser dos primitivos Muíños,
son conquistas posteriores, negativas no tocante á xenuinidade das
construccións e a enxebreza, non obstante resultar fornecedores válidos e
perdurables no tempo.O armazón do teito é de madeira de carballo ou castaño
mellormente, despregándose en pares, cancos e correas, que sabedoras debullan
as bocas dos vellos carpinteiros enquisados.A cuberta e de tella curvada do
país, procedente no caso dos de Barosa das extintas telleiras de Dena e zoa
próxima, que nas letras do desaparecido D.Manuel Lueiro Rey do Grove, aparece
amasado o barro, materia prima das mesmas, por homes, mulleres e cabalos coma
Manso, ex – combatentes na guerra do 1.936-1.939 (Foi Onte, sesenta e un anos
no Cosmos é menos ca unha millonésima de segundo nas Olimpíadas ).
O aceso ó interior dos Muíños
prodúcese, esto é evidente, a través dunha porta de madeira bisagrada, suxeita
con porlóns laterais de ferro, arriba lintel, abaixo solaina ,ambos de pedra,
concluíndo o invento, si porque a porte que abre paredes non deixa de selo, con
tarabelo ( picaporte ) e pechadura ó uso.Para deixar pasar a claridade do día,
ábrense nas paredes un ou varios ventanucos, que provistan o interior da luz
natural necesaria para realizar os traballos propios do Muíño.A entrada de
algúns Muíños, existe unha pedra dereita ou fitada cuía misión consiste en
servir de apoio ós sacos repletos de froitos, en tanto que se agarda a vez o se
descansa da carga.
En Barosa algúns Muíños, teñen
servido tamén de vivenda familiar, tal como é o caso do de Abaixo de todo, onde
na actualidade se encontra a Taberna Típica, construcción na que veu ó mundo ó
parecer Manolo García alías “ O Garulo”; neste existe tamén un forno de cocer
pan , o que pode dar idea da dimensión e transcendencia moral (aparte da
económica que queda no vento florecente doutros tempos), que para Barro ten
este sitio telúrico e primordial, que nin feito de propósito resultaría tan fermoso,
ademais.
C.-Oficios.
Vencellados e relacionados con
esta realidade que estamos a estudiar, existen ou existiron os seguintes
oficios, que habería que diferenciar como se fai nos modernos estudios
económicos de mercado da actualidade en: A) Oficios Directos de arrastre e B)
Oficios Indirectos asistentes.
1.- O Oficio directo primordial,
sería o de Muiñeiro ou Muiñeira, entendéndose por tal a persoa encargada de
xestionar a posta en marcha do Muíño e vixiar o seu funcionamento correcto,
atento ás diversas partes que permiten un control do mesmo, subministrándolle o
froito que desexamos fariñar e ocupándose en definitiva de cobrar a
correspondente Maquía en especie, no caso dos Muíños Maquieiros e antes das
modernas “Molineras” de corrente, que xa eran remuneradas con moedas de curso
legal.
A imaxe dun home ou muller
tinguidos de fariña de pés a cabeza, pacienzudos e vagarosos, aínda que algo
rosmóns, pode ser un aborde aproximativo, en plan bosquexo, da súa entrañable
figura xa desaparecida.Suponse nesta dirección, que tamén tiñan que ser os
Muiñeiros e Muiñeiras xente hospitalaria, parrandeiros, misteriosos un chisco e
de conversación longa. A tolerancia supónselles , habida conta das troulas (
Muiñadas que alí se celebraban ).A capacidade fabuladora debería serlles
atribuíble, pois son os Muíños sitios tremendamente imaxinativos e
inspiradores.Aínda que o ruído insistente das moas dificultase a oralidade e a
escoita dos “referidos”, poida que valesen de monótono pandeiro, coma
contrapunto da gaita grileira con punteiro de hedra, provocando plásticas
Muiñeiras.Piden os contos máis ben lume nas lareiras e gramalleiras ateigadas
de embutidos feitos coa carne metida nas tripas dos “semellantiños”.
2.- Oficios indirectos,
asistentes: a.-Canteiros ,b.- Ferreiros, c.-Carpinteiros, d.-Ferradores,
e.-Agricultores.
a.-Canteiros: Este oficio pode
actuar na construcción do Muíño en si, coma pequena casiña de pedra da marxe do
rio, pero indubidablemente o seu cometido fino e de "palicar", case
artístico prodúcese na confección artesanal das pedras de moer: a Base fixa
máis branda sempre e a de arriba móbil e danzante, máis brava e dura para roer
nos diversos tipos de gran.Expresiva neste senso é a verba claramente de argot,
darlle “unha peteirada” as moas.Sustanciosa é a frase empírica que anuncia que:
“ Dúas pedras duras non fan fariña”.No Poeta Celso Emilio Ferreiro, de
Celanova-Ourense, bebendo da realidade a pé de esforzada canteira, os Canteiros
dispoñen dunha lingua propia: “ Verba dos arxiñas”, na esfera do “Barallete”
que é unha xiria ou xerga artesanal dos afiadores, paraugueiros e outros
oficios ambulantes.Véxase o Poema:”Gabanzas dos Canteiros”, do coñecido libro
do Celanovés, titulado: “ A Longa noite de pedra” do ano 1.962.
b.-Ferreiros: Toda vez que
estamos falando de Muíños hidráulicos de rodicio horizontal, evolucionando
dende os antigos e deteriorables de madeira, con aspas do mesmo material
batuxando na auga dinamízante e podredora, ata os máis modernos de ferro, a
función destes Vulcanos forxadores , de face emborrada e silencios metálicos,
dise soia.Eles son os ígneos compoñedores das pezas tronzadas polo uso.
c.-Carpinteiros: Deles e soio
deles e máis dos ratos que aquí se amentan por haber algo de san comedia, son
portas e contraventás. Entran tamén no seu reino e mestría partes fundamentais
da máquina de moer, coma a Moega ( depósito en forma de pirámide invertida onde
vai o froito), a Quenlla ( canaliño por onde descende o gran) etc. que se
explicarán por miúdo máis avanzadas estas letras de ensaio.Tamén lle son
propias as madeiras que consisten o teito: pares, cancos e correas da armación.
d.-Ferradores: Transportar o gran
en brutos ferrados deica as instalacións do Muíño, era lugar común na época do
seu florecemento, por eso os Ferradores, tiñan bo Agosto en tales idus
calendas.No presente tal oficio, existe aínda e montados en aparatosos 4x4,
ferran a domicilio (coma os provedores de pizzas), as monturas dos afeccionados
ó nobre deporte da monta ecuestre, que en Barro ten certo éxito segundo filmo. Despois
as uñas manicuradas polo profesional, andan nas bocas dos cans e un saca
conclusións enormes, tipo a de ver a cabicha do xaruto no terreo e asegurar
colombinamente que comeron biscoitos.
e.-Agricultores: Esto é de caixón
encaixado con precisión científico reloxeira, coma que ten que haber chuvia que
foi de mares e fontes, para existir as fábricas de paraugas. Sen veigas de
millo, sementadas, sachadas e arrendadas baixo a fotometría maial de alto
Lourenzo, permítaseme a perentoria licencia, por non haber nin hai necesidade
de limpar o zapón con verduras, que así utilizadas non se cocerán en pota de
caldo provocador necesario da baixada de pantalóns, para facer ese traballo,
ben de campo, que agora se dispara en cuncas de colores.
II.-TRADICIÓNS.
Son segundo definición de
diccionario, o conxunto de coñecementos , crenzas, usos e valores culturais e
morais transmitidos de xeración en xeración; a este sagrado acervo pertencen no
mundiño rural e agrícola dos Muíños:
A.-As
Muiñadas.
Que son as veladas que transcorren
no Muíño mentres se moe o gran. Alí mozas e mozos divírtense parrandeando,
cantando e bailando.No ventre destas reunións ociosas naceu a Muiñeira.Poetas
coma Francisco Añón de San Campio de Outes, na Ría de Muros e Noia, fixéronse
eco das escenas e picardías propias destas troulas, léase a súa Poesía: ¡
Muiñadas !.Populares cantares de común coñecemento como o que di:
“ Unha noite no muíño
unha noite non é nada
¡ Unha semaniña enteira,
eso si que é muiñada !”
testemuñan o agrado e simpatía
que lles producían ás xentes estas veladas baixo os selénicos raios de prata do
tan proverbial satélite para a vida biolóxica no planeta azul ( Véxase o
pequeno ensaio sobre semellantes transcendencias cósmicas, do divulgador
científico americano, xa tristemente desaparecido, Isaac Asimov, titulado: “ O
trunfo da lúa”).
Respecto a este uso e costume, do
que naceu algo tan plástico e fermoso coma o baile da Muiñeira, hoxe
indiscutida, ensinada e valorada en toda a xeografía do País Galego, a Igrexa
planteou graves admonicións e reparos de arnaxe moral, chegando a intervir as
Audiencias de Xustiza respecto a outro espontáneo punto de reunión rural como
eran as Fiadas, ou Fiadeiros: que se facían polas noites nunha casa para fiar,
parolar, cantar e contar historias e chistes; ás veces interrompíase o traballo
para facer xogos e podía rematar a reunión cun baile. A pesar destes malos
informes, sábese ( a Historia indubidablemente é a nai de todo ), que
persistiron ambas manifestación do libre espírito da xente e a súa desaparición
debéuse a paulatina extinción da antiga sociedade agraria galega, da que restan
estas e outras cousas vivas gracias a tinta dos etnógrafos e outros estudiosos
da nosa historia.Diante desta tamén selección evolutiva da historia, e á vista
do que xurde para substituír o pasado, nacen termos coma o da
:”Retrofilosofía”, suscitada entre outros polo tan sincrético ecléctico
Fernando Sánchez Dragó, nun intento de desandar os camiños equivocados da
contemporaneidade…..
|
Ilustración nº 13.-Gaita Galega.
B.-As Maquías.
En singular Maquía, é verba
procedente do árabe vulgar: “Makila”, có significado de medida. Xa aludida nas
páxinas anteriores deste texto, a súa significación correspondese coa porción
de gran, fariña ou aceite que lle pertence ó muiñeiro por levar a cabo o seu
traballo. Recibe este mesmo nome por proximidade e extensión familiar, a medida
utilizada para realizar esta operación, que era de madeira con asa do mesmo
material, cunha capacidade un pouco inferior a un kilogramo de fariña.
C.-Outros.
Ponde ter tamén aquí encaixe os
tradicionais traballos de limpeza e mantemento das diversas partes do muíño:
Empachamento das moas por culpa do gran verde ou húmido ( lento), picado das
rodas ( novas), solución de avarías, coidando de que o Muíño non moa nas pedras
sen froitos que mastigar, baixada ó inferno pola portiña de acceso interior
para manter en bo uso a maquinaria, limpiándoa de ramas, follas e outros
atrancos, que superaron a defensiva e depuradora grade e de paso pillar algunha
troita alí atrapada e sen saída.Da veda e de desovar non di nada aquí.
Na páxina siguente nº 89, ilustración
nº 14, tópase unha lámina mixta referente o antigo mundiño dos muíños.
III.-ESTRUCTURA DUN TÍPICO MUÍÑO GALEGO.
Os Muíños de abaixo arriba ben se
poden dividir en tres partes, para o
seu mellor estudio e comprensión, dúas destas partes son receptoras: De auga,
líquido que fai mover as aspas do rodicio que pon en marcha ó Muíño chamada: Parte
inferior ou Inferno, e a tamén parte receptora, de gran e outros froitos
agrícolas: Parte superior, mentres que a: Parte intermedia ou
central, e a que moe, tritura, mastiga e roe nos froitos ata convertelos en
fariña, que é do que se trata en definitiva. Véxamos estas partes con maior
detemento:
1.-Parte
inferior ou inferno receptora de auga ( fig. 1)(Ilustración
nº15).
Soto, parte baixa do Muíño,
receptora da auga que tras depurarse na Grade (2), á que acede polo Canle (1),
chega ó Cubo (3), cuio volumen e aceso ó inferno onde esta o Rodicio, regula o
Pechadoiro (5). O Rodicio (4), é o motor hidráulico do Muíño, que ó recibir o
impacto da auga nas aspas, fai xirar o Eixe ou Veo ( 6), que moverá a Moa
convexa da parte superior da Base fixa e cóncava. (7) o Aguillón e a Ra ou a
Agulla e a Enrán, partes sensibles do mecanismo de rotación do Rodicio,
póusanse sobor da ( 8) Mesa ou Rieiro, que incrustada na parede por un lado ,
polo outro ensambla no (9) Erguedoiro ou Tempero, calibrador da fineza da
fariña, que na (10) Cruz ten oportuno manexo.
2.-Parte
intermedia moedora ( fig.2)(Ilustración nº 16).
Nesta parte crucial do Muíño ,
tópanse as pedras traballadas polos mestres Canteiros, encarregadas de levar a
cabo a trituración do gran. Entendidos na materia sábenas diferenciar á hora de
elixilas nos nichos naturais dos nosos montes, unha vez que hai millóns de anos
foron cuspidas a superficie polas entrañas ferventes da Terra
habitación.Elíxenas segundo teñan distribuída pola súa superficie a granulación
( pintiñas ), fálase de pintiñas negras, castañas e brancas e tamén de ollos de
perdices. Nos muíños albeiros, dos que hai poucos, existen pedras brancas (
cuarcitas ou calcarias ), máis suaves e finas, utilizadas para moer Trigo e
outros cereais, impórtanse estas do centro-sur de España.
Na figura nº 2, distínguense (1)
o Pé, estable e fixo sobor do terreo ou chan do Muíño , (2) O Ollal, por onde a
gran acede ó interior das pedras, e (3) a Moa superior xiratoria encarregada de
moer ou triturar o gran, coa pasiva colaboración do Pé ou Base. Aínda que non
se debuxa na figura nº 2, arredor do Pé Base e da Moa xiratoria, pode existir
un cerco de madeira, para evitar que caía a fariña ó Tremiñado: espacio arredor
do Pé correspondente ó chan, cerrado con pedras ou madeiras para evitar que a
fariña voe por toda planta do Muíño.
3.-Parte superior receptora de gran ( fig. 3)(Ilustración nº 17).
Esta sería a parte aérea
receptora do gran, feita de madeira e cos enxeños precisos para transmitirlle a
danza vibratoria da Moa a Quenlla ou Adellón, e regular por medio da Parrilla e
a Espicela a torrencialidade do gran , que cae en cada momento na boca do
Ollal.
Na figura nº 3, vese (1) a Moega
ou Adella onde se deposita o gran que se pretende moer, que coma a area dos
antigos reloxos, vai minguando a medida que a Moa xiratoria vai facendo o seu
traballo fariñador. (2) A Quenlla ou Adellón en forma de canle, tamén de
madeira, vibratorio o con apliques, (5) A Parrilla e a Espicela, reguladoras do
gran que debe pasar ou transitar, (3) dous buratos simétricos chamados
Fiadoiros, por onde cruza a ( 4) Segorella ou Fiadouro, na que se cingue (6) O Tangaño, Taravelo ou Tarangaño
transmisor do movemento vibratorio, ánima do Muíño.
III.-ANEXO Nº 2:INFORMACIÓN SOBRE MUÍÑOS.
1.-Gerardo Álvarez Limeses, no seu xa histórico
traballo sobre Barro, para a Enciclopedia “ Geografía de Galicia”, Tomo XII
páxinas 374-378, apunta a existencia de 20 Muíños fariñeiros en Barro.
2.-En dous cadros incluidos no libro titulado: “ Guía
para o estudio dos Muíños de auga da Terra de Caldas”, de varios autores,
rexístranse 19 Muíños na parroquia de Barro e 2 en Valiñas, aportándose alí
sobre os mesmos outros datos de interese.
3.-Na parroquia da Portela,
aproveitando a motricidade das augas dos regatos do monte, existen Muíños na
Costa ( Briadoiro) e no lugar de Parada-Silvas, todos en estado ruinoso.
4.-O Rego-Riiño do fondo do Val
na Pombeira de Balbón ( Agudelo), ten movido rodicios de varios Muíños
fariñeiros, hoxe en estado ruinoso, situación que afecta á maioría dos
referidos aquí.
5.- Teño noticia por Benigno
Constenla Fontán, dun Muíño en bo uso no Porto Romeu de Perdecanai. Fai pouco
tempo 27-3-2.000 segundo o meu Dietario, andando ás troitas por terras de Meis
con José Magdalena Rodríguez, ó pé do curuto onde está a Igrexa de San Benito
de Lores, vimos funcionar o Muíño aproveitador das augas ou sangues de brañas
de Silvina Rial, está familia sorprendentemente tamén ten plantada unha parra
de uvas negronas, armada con salgueiros algúns abrollados, sobor do regato
troiteiro; ela di que dá bo viño.
IV.-COPLAS DOS
MUÍÑOS:
1.-Comentario
sobre as coplas contidas no Cancioneiro Popular Galego de Ramón Cabanillas, no
apartado:oficios de mar e terra.
Das Oito Coplas sobre o mundo dos
Muíños, recollidas polo Poeta de Cambados Ramón Cabanillas, coa colaboración
doutros personaxes coñecidos polos amantes das Letras Galegas, ós que o Autor
de :” A Noite Estrelecida “, referencia e expresa agradecemento no limiar do libro,
soio as dúas que deixo para o final tocan temas distintos ós enredos
amorosos.Esto indica como apuntei nun apartado anterior, que os Muíños eran
lugares de gran relación e contacto entre a xente xove, onde andaba espida a
picardía e o cortexo e o requebro amoroso eran a salsa cotiá das relacións que
se establecían.Hai que admitir a luz das Coplas e das razóns dadas polos
maiores que lembran algo eses tempos de Muíños e Muiñadas , que en tan
bucólicas paraxes amenizados pola música acuática engaiolante, nas noites
interminables do inverno, ou baixo o río escintilante das estrelas que lle dan
corpo a Galaxia Láctea no verán, á busca do outro, o rito do apareamento
producíase coa naturalidade e a frecuencia, que viste fermosamente na maioría
das ocasións as Coplas Populares sobre os Muíños de astucia amorosa,
sobreentendidos e chanzas picantes. Aí van pois cun pequeno comentario meu,
repectando o número que no libro lles asignou o Autor.
533
Fun que non fora ao muíño
e non fun para moer;
fun falar coa muiñeira,
non me quixo conocer.
Pequeno
comentario: Cabazas de Muiñeira, a un amante
que vai ó Muíño sen fol de gran que moer, en busca de amor unicamente, que non
é pequena empresa……
537
Muiñeira abrancuxada
de tanto andar coa fariña
eu ben sei dun rapaciño
que ten pon coloradiña.
Pequeno
comentario: A fariña pon á Muiñeira branca en
tanto que o amor sácalle colores de mazá madura:¡ Grande prodixio este da
paixón ceiba e desatada, que garante a continuidade da especie humana!.
544
O Muíño troula, troula
bota a fariña da roda
a meiga da muiñeira
ten un andar que namora.
Pequeno
comentario: Mítica e lendaria fermosura das
Muiñeiras, por oficio expostas ó ollo público invasor deséxante, constantes
dianas das frechas de Cupido.
547
O Muíño moe, moe
a fariña vai na moa
a filla do Muiñeiro
antramentras se namora.
Pequeno
comentario: O Amor e a Fariña unha soia
cousa. ¿ Que mellor entretemento?, ¿ Que paixón máis elevada e eterna ?. Si,
Amor e Fariña ou viceversa, alimento e cariño, pedra filosofal de todo tempo e
toda civilización con pretensións de continuidade.
536
Meu home foi ao muíño,
a muiñeira ten a sarna
moerían de mistura
cando o meu home se raña.
Pequeno
comentario: Inclúoa por non discriminar ningunha
das Coplas de R. Cabanillas, pero coa “sarna” enfermidade contaxiosa da pel,
estaría ben desesperado quen se lle achegase.Pésima Copla esta.
540
O meu home foi de troula
e veu cheo de fariña,
el muiñeiro non é
eu non sei a que se arrima.
Pequeno
comentario: Ben fermosa me semella en cambio
esta outra de sospeitas e celos, que sabe utilizar nos elementos de proba
dentro dun argumento razoado, para rematar cunha ignorancia resabida, que por
elipses acusa xenialmente.
532
Tódolos que cantan ben
Teñen posto no muíño
Os que non saben cantar
miran por un buraquiño.
Pequeno
comentario: Muíños Academias de Canto,
Conservatorios da “Bouza dos Parias” que dixera Manuel Cuña Novás. A boa voz e
a gracia do ton , franquean as portas de semellante escolanía muiñeira.
541
Non quero ser muiñeiro
nin barrer no tremiñado
porque din que no outro mundo
piden contas do roubado.
Pequeno
comentario: Leva esta copla implícita a mala
fama dos muiñeiros, ambiciosos e avarentos de maquías, condenados sen remedio
ás lapas enormes do inferno. O Tremiñado, é o espacio que rodea ó pé base, onde
cae a fariña que consegue desbordar o cinto circular de madeira , que para
precisamente evitar o seu derrame teñen moitos muíños.
2.-Outras
coplas dos muíños.
As Coplas que a continuación
referencio e lles fago o meu pequeno comentario particular por ser as que máis
me interesaron, topeinas no libro : “ Tódolos Muíños da Terra Gallega” , do que
é autor Andrés Sampedro.
1
Anda a Roda.
Anda a roda
anda derredor
canto máis a roda anda
máis lle quero ó meu amor.
Pequeno
comentario: Canto máis moe o muíño, máis
tempo ten a amada para estar nos brazos do seu amado.
2
Unha noite de chuvia e frío.
Era unha noite de chuvia e frío
a que pasei no muíño do río.
Entrei para adentro, empecei a
cantar
para non ter medo e a noite
pasar.
Petaronme na porta, empecei a
correr
era o Marquesiño que viña a moer
¡ Ai, Marquesiño ! ¿ Que pensas
facer ?
que ti esta noite non podes moer.
Pequeno
Comentario: Fala a copla dunha noite de
chuvia e de frío das que tan ben coñece esta terra sulagada. Expresa o medo, o
temor metafísico dunha muller soia que vai moer ó muíño do río. Cantar para non
ter medo, o que canta as penas espanta, un recurso de auto acompañarse un mesmo
escoitando a súa propia voz ó tempo que nos embolicamos na melódica letra da
cantiga de que se trate. Esa chamada inesperada na porta, en semellante noitiña
de cans, infernal, debeu de porlle a carne de galiña á protagonista e a peluxe
en espeto coma unha gata espantada. Aínda que nos últimos chanzos da nobreza (
Marqueses, Condes, Duques ), quen chamaba era un Marqués, cariñosamente
Marquesiño na voz da protagonista. Sen embargo dásenos noticia de que esta
noite non pode moer o Marquesiño, non lle correspondía. Unha pregunta queda no
aire: ¿ Que pensas facer ?, a malicia e a picardía unha vez máis, en tal sitio
e en tal noite ten o terreo abonado. A protagonista entrégase a unha louca
noite de amor, libre xa do medo nos brazos amantes do Marquesiño. Puidera ser
propiamente…..
3
Fun ó muíño moer.
Fun ó muíño moer
nin moía nin muiñei
perdín a trenza do pelo
iso foi o que gañei.
Pequeno
comentario: Perder a trenza do cabelo,
desfacer o peiteado, fermosa suxerencia , punta dun iceberg tórrido de paixón
delirante, que na copla queda sen dicir.
4
María foio ó muíño.
María foi ó muíño
cun ferrado de centeo
deulle un bico ó muiñeiro
e rendeulle un ferrado e medio.
Pequeno
comentario: Copla evidenciadora que me
semella menos fermosa ca anterior polo que ten de mercantilismo e
prostitución.Un bico por ferrado e medio de centeo.( Un ferrado equivalía de 15 a 29 Kgs. segundo a zoa).
5
Na porta daquel muíño.
Na porta daquel muíño
hai dúas pedras de asento
unha para namorar
e outra para pasar o tempo.
Pequeno
comentario: Sobre dous asentos de pedra,
dúas maneiras de estar . Tempo máxico e vaporoso dos Muíños que se emprega en
namorar ou na sublime magnificencia de deixalo ir baleiro cara a ningures en
busca da eternidade.
6
O muíño da maquía.
Muíño da maquía
Deus te vexa vir meu saco
seis maquías che rapo:
dúas por te levar,
dúas por te moer,
dúas por te traer;
arrímate para aí saco
se non te veñen a buscar mañan
outras tantas che rapo.
Pequeno
comentario: Ambición e avaricia de muiñeiros,
darse unha farta de maquías.
7
Miña nai non me deixa.
Miña nai non me deixa
andar de muiñada
porque un día o muiñeiro
quíxome levantar a saia.
Pequeno
comentario: Protección materna diante das
arroutadas do muiñeiro.
8
As que ó
muíño van.
As que ó muíño van
se son bonitas
logo as moerán.
Pequeno
comentario:Un moer sobreentendido , que
utiliza a verba príncipe do contexto, no canto da que o politicamente correcto
censura, pero que non evita que a cavilemos, nin é a súa intención.Este tenor
máis ben , acentúa a malicia dun feito natural.
9
Miña nai non quere que vaia ó Muíño.
Miña nai non quere que vaia ó
muíño
porque o muiñeiro métese comigo,
métese comigo, rómpeme a saia,
miña nai non quere que ó muíño
vaia
que ó muíño vaia, que vaia ó
muíño
porque o muiñeiro métese comigo,
métese comigo, rómpeme a saia,
miña nai non quere que ó muíño
vaia.
Pequeno
comentario: É esta unha copla musicada moi
coñecida , que a min mesmo me cantou a miña compañeira.A insistencia do “métese
comigo” pertinaz e reiterativo, agrava o feito e a alarma. A este comportamento
do muiñeiro , modernamente chámaselle “acoso sexual” e ten tipo penal no Código
Criminal.Sen embargo comportamentos capaces de dar froitos ou Coplas coma a
anterior parécenme destipificables polo ben do arte; non sexa que estemos
chegando a unha insufrible sociedade onde todo o que non este obrigado , este
prohibido, sen ningún marxe de libre manobra para o individuo. Claro que o de
romperlle a saia é excesivo sempre…..
10
Dous muíños a moer
un anda e outro desanda
así fai o ben querer.
Pequeno
comentario: Non ten sentido o tenor desta
Copla, porque o ben querer é firme e estable. Para referenciar os tiras e
afrouxas típicos da cotiá convivencia pode pasar.
11
Deixei para o final o comentario
dunha estrofa do Poema: “ No Muíño” do que é autor José Luis Reza Cabana
incluido no mesmo libro indicado antes de Andrés Sampedro, e que abre o seu
traballo, despois do preliminar de Estanislao Fernández de la Cigoña Núñez,
home galego este de recente coñecemento libresco para min, que xa me parece un
Félix Rodríguez de la Fuente do país esmeralda, di así a estrofa:
“ O Muíño é refuxio
de gardas e bandoleiros
de almas, que andan perdidas
de ladróns e romeiros”
Pequeno
comentario: Mestizaxe, xuntanza, camarote
dos irmáns Marks, arca de Noé, punto de reunión e encontro, os Muíños que tanto
saben da nosa pasada historia deberían ser nomeados catedráticos, velliños
mestres do río, casiñas de mouras e fadas, poboado dos homes e mulleres
acuáticos.
CAPÍTULO IV.-BAROSA: HISTORIAS E LENDAS.
Entorno á paraxe de Barosa, na
actualidade Parque Natural da Ría de Barosa, teño coñecemento de dúas Historias
e dúas Lendas, esto entendendo as Historias:
coma a narración de feitos reais ocorridos verdadeiramente, ou ben ocorridos
soio en parte, redondeados despois a base de fantasía e imaxinación popular,
sen crear propiamente mitoloxía. e entendendo por Lendas: O relato fantástico, xeralmente con certa base
histórica, que a tradición foi elaborando; algunhas Lendas conteñen os mitos e
símbolos nacionais de todo un pobo.
Resultan ademais neste caso as
Historias máis modernas cronoloxicamente, case contemporáneas, mentres que as
Lendas topan fundamento detrás dun plurisecular monte de tempo.
A.-AS DÚAS
HISTORIAS DE BAROSA.
As historias que coñezo amosan
unha común etioloxía ó seren nadas entorno á relixión. Ambalas dúas teñen que
ver directamente co tan romeiro santuario de San Breixo ou San Verísimo de
Barro.
1ª Historia:
“As campás do fondo da Ría de Barosa”.
Di o verbo popular que unha noite
de moito temporal, unha chispa ou raio arrincou as campás da Igrexa de San
Breixo ( esto pudo ser real), castigando así a divina cólera o afrouxamento das
boas costumes por parte dos fregueses.( Fantasía desta historia), as campás
rodaron pola pendente precipitándose a pinchacarneiros polo desnivel do terreo
ata que finalmente caeron e se mergullaron definitivamente no interior das
augas da Ría de Barosa.Engádese a continuación, que como queira que as campás
non foron recuperadas, cando nace un novo ser ou morre alguén na parroquia,
oíense tocar as campás de San Breixo, diferenciando no toque a nova de que se
trate, manifestando ledicia o pranto.
Magnificamente no imposible fondo
dalgún goio dos da Ría, as campás tocan soias, a historia non menciona
campaneiro tanxedor que mova vigoroso o badal tundeando o bronce. Adiviñas e
sabedoras as campás anuncian ademais nacemento ou morte.
Outra versión manifesta que é nas
noites de temporal semellante ó día en que se descolgaron do campanario, cando
se oe o seu son atrónante, emerxendo das profundidades dos goios, para
recordarlles ós fregueses conturbados a súa culpa imperdoable ou algo así de
masoquista imprescritible no tempo.A cólera divina, nesta historia, non perdoa
e as campás sancionan o descoido e o desleixo dos pobres veciños da parroquia
Barro.
2ª Historia: “ A estraña desaparición de San Breixo”.
Di o verbo popular que un Domingo
antes da Misa Maior, primeiro o párroco titular e despois os veciños asistentes
ó oficio relixioso, descubriron a falta de San Breixo da súa fornela ou sitio
no altar de toda a vida.Diante de semellante acontecemento o oficiante, despois
de dirixirse ós presentes, decidiu celebrar aínda así a Santa Misa e que
inmediatamente que rematara sairían todos na procura do Santo “missing”
(desaparecido).
No sermón dese día o párroco
despois de revistar unha serie de posibilidades entorno á desaparición de Santo
tan sinalado e de tanta devoción na parroquia, concluíu expresando o seu íntimo
convencemento de que, a ausencia do avogado do reuma e outros poderes en
relación coa saúde dos presentes, en función das súas ocupacións agrícolas en
moitas ocasións coa necesidade de expor o corpo e os osos á choiva e á
climatoloxía adversa, debíase á falta de pago dos dezmos.
Si, San Breixo actuando os seus
poderes sobrenaturais, fóra do entendemento común, contrariado pola demora no
pago dos tributos dos que era acredora a Igrexa, fuxía da súa alta e sagrada
cátedra, para manifestar o seu malestar e esixir os seus lexítimos dereitos de
sempre.
Atendendo á proposta do párroco,
saíron pois todos xuntos a cachear polos arredores, á cabeza o oficiante
vestido coa roupa de misar, acompañado polo sancristán que levaba a campaíña
para mellor dirixir a cerimoniosa busca.
Cansos de esculcar sen éxito no
Castro e nas inmediacións do mesmo, despois de haber recorrido todos os
currunchos do adro e do camposanto, baixaron en dirección á Ría de Barosa.
Primeiro o párroco encamiñouse río arriba, rexistrando detrás de cada carballo
ou xuntanza de loureiros.Volvendo todos despois sobre as pegadas aínda frescas,
empezaron a baixar pola orela das fervenzas coidándose cada quen de non esvarar
e caer na corrente, co risco evidente de amartelar as vellas campás coa cabeza
en caída libre sobor delas.A todo esto de vez en cando soaba admonitoria a
campaíña de prata do Sancristán e entre rezos e ferventes súplicas, oficiante e
fregueses, axeonllábanse humildemente sobor da lama e as pedras do estreito e
labiríntico sendeiro, tratando de ganar a confianza do Santo volatizado do seu
sitio no altar maior.
Xa volvían de baleiro,
desesperados , anguriados e feridos nos sentimentos, sen achar a venerable
imaxe, cando ó párroco se lle ocorreu que tal vez debían facer referencia ós
dezmos debidos, para un bo éxito da pescuda que estaban facendo entre a
vexetalidade natural e as vellas pedras do monte e da ría.Consistía a
referencia en cuestión en unha especie de monótono ladaíña de rosario, que
insistente tiña que expresarse da seguinte maneira:
Párroco: ¡ Santo San Breixo, aparecede vos !
Fregueses: ¡ Que os dezmos pagámolos nos!
Así indefinidamente e con estrema
devoción ata que aparecera Santo de Romaría tan popular e de tanto respecto. O
resultado foio que despois de andar un pouco sobre o andado, apareceu a imaxe
do Santo, entre a total ledicia dos presentes, seguramente convencido polas
respostas que os aflixidos veciños lle daban ó párroco.
Unha ramificación desta Historia
e a que conta que San Breixo en absoluto perdeu o tempo durante a súa ausencia,
e que alí onde apareceu , descubriron de paso que nacía unha fonte de auga
clara e transparente que tiña toda a traza de ser milagreira.
En si mesma a Historia esta, ten
toda a pinta e a necesidade absoluta de ser unha cómica argucia do párroco,
para cobrar da parroquia os antigos dezmos ou tributos que esixía a Igrexa
Católica dos homes e mulleres por ela espiritualmente auxiliados.
Verdade ou non, con
anticlericalismo ou sen el, anda esta Historia nos beizos da xente e a miña
obriga nestes intres e referila, cousa que acabo de facer, certamente sen gran
interese vibratorio.
3.-Comentario
final sobre as dúas historias.
O sobrenatural ó servicio de moldear
e conducir a vontade da xente común , segundo a dirección ideada por unha
relixión e unha relixiosidade súper institucional como é a Cristiá.Sen embargo
a Igrexa Católica maioritaria nos Eidos do meu Contento, cumpriu e cumprirá
durante moito tempo aínda, un papel social importante. Naides está a xulgar a
entrega e o esforzo incluso dos seus ministros, non obstante estas Historias
falan escuramente dos tempos pretéritos, claro que a actualidade tamén mantén
eivas importantes non puntualizables , nin sometibles a crítica aquí, porque
non é esa a nosa batalla.O Máis Alá da vida, se de alguén é patrimonio é do Ser
Humano e non das súper relixións con maquinaria de estado.
Por outra parte, e en absoluto é
este un intento de revisionar nin de revolucionar a historia, chiscándome agora
con Otero Pedrayo, a ermida non soio subiu ó alto do outeiro elixido polos
Celtas para construír as súas cidades, senón que ademais tamén creou historias
relixiosas con marchamo de Lendas, que no caso de San Breixo tampouco deixan
realmente un sabor de boca memorable e positivo.Por forza sucumben estas,
diante das auténticas Lendas exteriores a pecados e remordementos, moitos máis
creativas e fermosas das que me ocupo a continuación.
B.-AS DÚAS
LENDAS DE BAROSA.
Teño coñecemento de dúas destas narracións
transmitidas de forma oral de xeración en xeración. Imaxínome que o seu éxito e perdurabilidade no tempo, débese ó seu contido
belamente fantasioso e á necesidade de entreter o tempo de estar sentados a
carón da vellas lareiras de pedra ben alimentada de rachóns de carballo nas
longas invernías atlánticas, debaixo dunha pluviosidade moitas veces oceánica,
case mergulladora de pobos enteiros coma Barro, situados na transfranxa litoral
inmediata á ribeira.
En circunstancias climáticas
aínda máis difíciles e illadas, dado o concurso da branca e fría neve dos tesos
dos Ancares e o Courel, naceron os contos que agrupados baixo o título : “ A
luz do candil” escribiu Anxel Fole. Fan cavilar estas circunstancias
climáticas concorrentes , de fasquía indómita , na importancia que as isóbaras,
as borrascas e demais elementos meteorolóxicos teñen no espírito creativo dos
artistas; o clima xa dixo Montesquieu no “Espírito das Leis”, é
indubidablemente un forxador de pobos e ¿ como non ? dos artistas interpretes
dese pobo.
Volvendo ó que aquí importa as
dúas Lendas de Barosa , que en ocasións mesturándose semellan unha soia, a min
sen embargo paréceme que unha , a primeira Lenda, agroma do mundo dos Míticos
Mouros tan prendidos na imaxinación popular dos galegos, por onde resulta
segundo Mar Llinares que: “ A figura da Moura é unha figura complexa, na que se
proxecta tanto o que a cultura popular galega cre que debe se-la muller como
tamén todo o que non debe ser, e o aspecto que o home máis teme dela: o seu
poder máxico, o seu poder de seducción, a súa sexualidade activa e non
controlada por medio do matrimonio e o sometemento sexual” ( Páx 67), do seu
traballo titulado : “ Os Mouros no imaxinario popular”.
A segunda Lenda, xurde se cadra aínda
máis rica e potente ó proceder da Cultura Celta Castrexa, diante de ser
asimilada polo vasto imperio romano de occidente e despois ir recibindo os
sucesivos impactos da progresiva civilización.Seguramente irremediable avance
da historia que encerra en si o tempo, que por exemplo en América interrompeu
de forma bastante traumática en ocasións o devir dos pobos indíxenas, e aquí en
Galicia escagallou as ramificacións da cultura orixinal céltica, aínda viva e
con idioma vivo:O Gaélico na Vella Irlanda.Denominación e sometemento que debeu
ser doído como todos estes encontros friccionados de culturas e de formas de
entender o mundo. Con todo quedou abundante noticia da súa forma de vivir, ser
e ata sentir, mediante o estudio realizado por Historiadores de gran valor,
sobre os restos arqueolóxicos topados nos Castros e todo o megalitismo riscado
e mortuorio encontrado, ademais de
alfaias e armas de guerra.Acervo que redondea o verbo popular, vivo coma un
prehistórico ser conxelado nos beizos acesos da xente, onde se expresan as
antigas lendas deste pobo Celta, orixinal xermolo humano desta nosa terra, que
non deixou aquí documentos escritos, porque seguramente non lles dou tempo a
historia e presenta unha humilde arquitectura de pedra cachotada con teitumes vexetais.
|
Ilustración nº18.-Vivenda Celta.
Confiaban os Celtas, na
prodixiosa memoria dos Druídas e dos Fili, Poetas profesionais da orde
Druídica, feito este que tanto fervor levanta, ás veces excesivo, en mentes
entusiastas do celtismo que en tal falta de fontes escritas e planeando
esoterismos sobor das labirínticas riscaduras pétreas, queren
transcendentalizar esta cultura, facéndoa capaz de respostar a preguntas
galácticas e metafísicas.Entusiasmos a parte, queda da cultura castrexa e do
celtismo evolucionado no resto das rexións célticas de europa, un conxunto
lendario importante capaz de motorizar altas plumas literarias, volvendo e
revolvendo nas seus deuses, costumes e mitoloxía.
Aquí en Galicia alén do tesouro
xa estudiado polos historiadores e escritores que inspirados nese mundo, a
salvo da romanización e cristianización, souberon filtrar as súas vellas
esencias, perviven ademais dos seus hábitats, moitas veces aínda soterrados e
definitivamente enterrados algúns xa, o palpito das súas fermosas e cativadoras
Lendas.
Quero significar aquí que , a min
paréceme que a Historia, por inxusta que sexa ou semelle, é ademais de
inapelable, evolutiva case coma un ser biolóxico e que dicir debía ser así, se
non fora que, e outras expresións revisionistas, máis alá da necesaria crítica,
abondan no confusionismo e non solucionan nada diante dos feitos consumados,
presentando mundos mellores na utopía do que pudo ser e non foi a chouto de
víscera quente.Imponse o mestizaxe, o eclecticismo sincrético con abundante
retrofilosofía, collendo o mellor de cada cultura das que no mundo hai e
deixando un ronsel ético polos sanguentos escenarios da historia que evite o
estrangulamento xenocida dunhas culturas por outras culturas máis fortes nun
momento dado da historia.As reivindicacións pasionais e sentimentais dun
celtismo sen concesións son perdelo o tempo, non obstante é válido sempre
mergullarse, referir historias, desexos e sentementos.Nada do que foi pode
volver, ter morriña e valorar o pasado, non permite rexistar e revisar a
historia para asentar teorías de estrañeza e rebeldía. A historia debe empezar
a facerse co espírito dos máis sabios e xustos da especie, deixando que sobor
das armas medren as silvas de ruína que ata hai ben pouco agochaban verbi gratia
a industria hidráulica de Barosa.
1ª Lenda: “A
moura que se peitea cun peite de ouro e se baña espida nas claras augas da Ría
de Barosa”.
Di o fermoso e sabio verbo
popular que nas augas puras e transparentes da Ría de Barosa, por forza fóra
das horas de escintileo do astro rei:Nas noites de Lúa chea mellormente, con
magnífico cerco refulxente incluso, debaixo da luz branca do alba, co planeta
Venus en plan gran estrela matutina iluminadora das tebras, ou entre o lusco e
fusco de cada xornada, nese transito entre a noite e o día, creador de tan
irreais atmosferas, cando o tempo semella quieto…..facilmente pódese aínda na
actualidade ver espida amosando unha pel branca coma o alabastro, á Mítica
Moura de vermellos cabelos, outros din que os cabelos son louros, peiteándose
vagarosamente cun peite de ouro. O corpo da Moura, consonte se di, roza no que
debe ser a perfección da beleza quintaesencian e as súas proporcións cheas de
suxerentes e sensuais curvas, son achables unicamente na mente dos escultores
gregos clásicos.
Permanecendo sempre inalterado o
compoñente básico referido, despois pode suceder que a Moura teña unha flor na
boca que hai que coller con valente gallardía para conquistala súa vontade,ou tamén pode acontecer que a
medida que o peite agarima na súa longa melena, que lle reborda as simétricas
nádegas, os pelos que se desprenden se vaian convertendo en ouro, susceptible
de ser recollido co conseguinte enriquecemento, así mesmo oferta poliédrica a
lenda a posibilidade de facer algo a favor da Moura, que lle outorgara a quen
así proceda grandes riquezas:Peiteala, levarlle alimentos periodicamente,
desencantala cando fica atrapada en corpo de serpe, por medio do tan
arquetípico beixo dos contos de fadas.Préstanlle tanto estes servicios á
fermosa muller da Ría, que acostuma a
recompensalos xenerosamente con ouro de boa calidade.
Pode ser non obstante, que para
alcanzar tan apetecibles riquezas, a testemuña colaboradora que entra en
contacto coa muller, teña que abondar nunha credibilidade case cega deica ela e
ademais facer exactamente o que lle indica, sen torcerse do mandado coma quen
segue con puntos e comas unha oración doutrinaria ou unha lei.Desta maneira, as
pedras do rio que en principio se entregan en pago do servicio que sexa, pronto
se converterán en lingotes de ouro ó chegar á casa, sempre e cando polo camiño
o afortunado colaborador non desespere, renegue ou maldiga á Moura, sentíndose
estafado antes de tempo e á vista das toscas pedras que cría de gran valor e
proveito.Inversamente, o inicial mellor ouro resplandecendo por todos os seus
quilates cantos son, coma un un pequeno sol metálico, pode en tránsito tornarse
carbón, pedra , cinsa, outra vez dependendo da confianza e do cumprimento
exacto das instruccións previamente recibidas.
No cumio da colaboración e do
goce, a testemuña pode chegar a manter amor carnal coa fermosa moza, casándose
a seguir con ela e formando entrambos unha familia normal, xa lonxe dos
prodixios e sobrenaturalismos, que diante desta circunstancia esponsalicia decaen
e desaparecen para sempre.Do amor que se teñan e da boa convivencia que
alcancen , dependerá a súa felicidade, pois non terán problemas económicos por
moita lonxevidade que risquen , gracias ó fabuloso tesouro da Moura, que levan
para o fogar.
A galiña de ouro con pitos tamén
de ouro que se deixa ver de vez en cando peteirando polo chan do bosque e o feito de ter morada a Moura no interior
dun outeiro ó que acede pola boca dunha fonte unha vez convertida en serpe ou
culebrón, en semellanza habitacional coas fadas célticas que se acollían no
interior dos outeiros megalíticos chamados Sidhs en Irlanda, abertos en datas
precisas, sitúan e adxectivan o profundo calado popular desta vella lenda de
indepurable engorde oral a través do tempo.
Resumindo, estamos diante dunha
fermosa muller que se peitea cun peite de ouro, que outorga riquezas, que
incluso se entrega carnalmente.No imaxinario popular semellante mito lendario
estendido por todos os currunchos da nosa terra, encargase de deseñar a
feminidade dos soños.A Moura encantada que en si mesma pola súa extraordinaria
beleza é un auténtico tesouro para o afortunado home que logra namorala e
facela súa.
A continuación na páxina nº 115, Ilustración
nº 19, baixo a luz da lúa chea e das estrelas, báñase a Moura nas augas da
ría (o peite, as campás, a galiña con pitos de ouro e a cola do culebrón tamén
se suxiren).
2ª Lenda: “A
fermosa Dama do Castro que baixa a bañarse á Ría de Barosa”.
Ilustración nº20.-Mapa de Barro
,amosando a fantástica triangularidade dos pasadizos soterrados entre os
Castros.
|
Di o fermoso e sabio verbo
popular que baixando do Castro Celta de Barro ( Oppidum dos Galos, Rath dos
Irlandeses) por un pasadizo secreto interior con escadas de ouro ou diamante,
as paredes iluminadas por millóns de
vagalumes ou fachos de brea acendidos, na compaña do seu séquito, unha Princesa
Celta, si esto fose posible, acedía a bañarse diariamente nas augas da Ría de
Barosa.Unha vez bañada e debidamente perfumada, entre armiños, retornaba a súa
vivenda no Castro, ata o día seguinte en que invariablemente se repetía
idéntica cerimonia de aseo.Engade a lenda, que un mal día, un puñal inimigo
acabou con tanta beleza, afundíndose ó mesmo tempo que esto sucedía, as paredes
do pasadizo secreto, e que alí onde regou o chan a rosa do sangue da Dama do
Castro, brota ocasionalmente a flor inmaculada da súa beleza ou flor da Certeza
e quen a topa, encontra a facultade de marabillarse accedendo en sen par viaxe
atemporal ó interior do mundo da Dama.
Ilustración nº
21:A Fermosa Dama do Castro bañándose nas augas da ría.
|
|||
|
|||
En troques do acostumado
comentario,dada a porta aberta fabulosa e fabuladora que a min me semellaba a
Flor Ocasional da Inmaculada Beleza da Dama do Castro, que brota alí onde a súa
sangue foi ciscada, decidín investigar estes e outros extremos mediante
testemuñas vivas de persoas que me parecía que debían haber en plan gardiáns de
segredos e confidencias na próxima aldea da Maquieira, que dito sea de paso o
nome de esta aldea venlle posiblemente do tributo en especie “Maquía” que se
cobraba nos muíños.
Ata alí fun un día de Decembro
frío con algo de neve nos cumios do Castrove,Xiabre e Xesteiras, a simple vista
observable na distancia sen necesidade de empregar cristal óptico.Despois de
preguntar nunha casa de confianza froito de antiga amizade e remoto vínculo
familiar, remitíronme sen dubidalo á casa de Señor Pedro da Moura, na
seguridade de que el era a persoa que eu estaba precisando.Seguindo as precisas
indicacións para a localización da casa que tamén me foron dadas, axiña avistei
o vetusto portal de madeira pintado de azul ceo e con algunha sorpresa pola
miña parte, diante do oco dunha das follas francas, divisei a un home alto de
pelo branco e de aparencia sinxela que axiña me dou a misteriosa impresión
de estar agardando por min dende facía
moitísimo tempo…..
Despois de darlle a man en plan
saúdo, que el me estreitou case con táctil agarimo e no tránsito de dirixirnos
os dous cara a cociña de ferro quentiña, que pronto se agradecía habida conta
as baixas temperaturas do exterior propias polo demais do mes do Nadal,
sentinlle comentar polo baixo a seguinte frase: “ Os tempos son chegados”.Non
podo dicir redondamente que me sorprendera a abrilas carnes a expresión , pois
insisto a min tamén me estaba a semellar, que aquela tarde polar ía pasar algo verdadeiramente trascendente,
inmediatamente que se fosen producindo as confidencias e refutacións que ata
alí, A Maquiera, casa de Señor Pedro da Moura me levaron, en plan traballo de
campo para mellor alimento do que estaba a escribir no meu Escritorio: “O
Batiscafo”, entre o ruído das distintas máquinas agropecuarias que na
actualidade manexa a veciñanza.Era unha cociña ampla, coidadosamente limpa e con
todos aparatos electrodomésticos propios da modernidade, ata creo que había nun
curruncho un forno microondas, non obstante afortunadamente a gran televisión
de pantalla plana estaba apagada, a temperatura era agradable e unha vez
sentados entorno á gran mesa de castaño de comer a familia toda, prodúxose o
tempo máxico de falar.Antes e interiormente, creo que cavilei como nas cociñas
Galegas, polo calor e agocho que inventan, aínda nas máis modernas, se teñen
cociña económica de leña ou cheminea, continuando a tradición das antigas
cociñas dos Pazos señoriais, situase o escenario fundamental dos demorados
parrandeos nocturnos.Nesta dimensión en silencio interior reflexivo e para min
concluín sentenciando que: segredos, misterios e confidencias son as saborosas
e preciosas alfaias das cociñas Galegas.
“ Si home si, eu funlle o
derradeiro muiñeiro de Barosa, pero o oficio con ser importante, mingua e que
tanto, diante de ser descendente da Moura do peite de ouro e de ser ademais
esta nosa casa a gardadora dos segredos máis importantes das xentes do Castro,
que estar aínda deben estar aí dentro agradando que as cousas sucedan”.
Aquela longa frase do meu
interlocutor, xa me abría así de pronto de par en par as portas máis segredas
do que eu andaba a cachear alí por pura lóxica e intución.Nun lostrexo mental
aproveitando que o Sr. Pedro saía na procura de algo importante, segundo me
dixo, cavilei na posibilidade de que me estivesen traxeando unha gran andrómena
corifeada e guionizada polos listos oficiais, capaz de deixarme en evidencia
entre os parroquianos das tabernas e outros mentideiros do Municipio, ó saberme
interesado pola bretemosa maxia que indubidablemente con telas de historias,
lendas, traballos ,amoríos e parrandas engalanan a fermosa paraxe da Ría de
Barosa ,certamente veciña da Aldea da Maquiera na que me encontraba en plan
detective de soños…..
…..esgotouse enseguidiña a idea esta, froito avisado deses de poñer a venda
antes da ferida, cando o Señor Pedro volveu á cociña portando nas súas mans un
lucido puñal con empuñadura de bronce e folla de prata, na que estaba escrita
unha profecía en carácteres que axiña me semellaron Gaélicos ou Cínricos.Diante
de semellante proba de veracidade e boas intencións, non podía dubidar e funme
deixando atrapar certamente na fantasía.
“Aquí ten o puñal co que mataron
á fermosa Dama do Castro”
Esquecéndome de refutar temas
sobre os Muíños e o seu funcionamento tal como intencionaba de paso, xa lle
preguntei:
“¿Sabería vostede traducirme a profecía escrita na
folla do puñal?”.
Teño que dicir que se ben eu distinguía os carácteres
xa calificados de Gaélicos ou Cínricos, os dous códigos de escritura da cultura
Celta, en absoluto me consideraba capacitado para nin sequera intentar
traducilos aproximadamente como faciamos no instituto co Latín e o Grego, dado
o precario manexo gramatical que alcanzamos pese ós desvelos dos profesores.
“ A profecía di o seguinte:”
Cando dourado líquido coma os raios do gran pai molle unha e outra vez as
circunferencias das máquinas instaladas na ruxidoira, virá alguén a saber das
Lendas de Barosa e das Muiñadas, entón terá que dirixirse á Ría e alí buscara e
topará a Flor Ocasional da Inmaculada Beleza ou Flor da Certeza, bicaraa e
aparecerá a fermosa Dama do Castro, que agradecida lle ensinará os segredos dos
Druídas e das Fadas. Chegará ese tempo, chegará”.
Estaba mil veces atónito, aquel
home, o derradeiro muiñeiro de Barosa, traducía o Gaélico ou o Cínrico ou o que
foran aqueles carácteres para min un auténtico xeroglífico, código críptico e
por demais inexpugnable , de corrido coma quen le os titulares da Voz de
Galicia, ademais todo indicaba casando coa súa murmuración do principio , que
Eu precisamente era o que tiña que por en movemento a profecía aquela.Sentínme
desbordado , non esperaba que as cousas chegasen a esfera que xa
alcanzaban.Iniciei pese a evidencia do puñal que alí estaba un sorriso
escéptico , toma de terra ou porta aberta mental e psicolóxica para descargar a
tensión sólida que case ocupaba un lugar físico na gran cociña quentiña.
“ Veña dígame algo sobor da Moura
e porque a esta casa lle din os da Moura e déixeseme de transcendencias e
fantasías absolutamente inconcibibles”.
Sorprendéndome a min mesmo
descarguei todo o que leva celmáticamente no meu interior de veterana
suspicacia e incredulidade, coma un ballón xeixado sobor da cabeza alba do meu
amable interlocutor, decidido a volver á realidade que me interesaba, ceando
diante de semellante dimensión fantasiosa na que se me pretendía instalar,
insisto, coma elemento estelar anunciado pola profecía do puñal, que eu tiña
que poñer ademais en movemento.Un hipotético mundo adurmiñado, que todo parecía
indicar que me agardaba latente e xa ansioso despois de longos séculos de
espera, pousábase así de pronto sobor das miñas fráxiles costas.
“ Está ben, tes medo. Se tes
medo, non debes ser ti o que se anuncia na profecía que che acabo de
traducir”.”Sen embargo – observou o vello rascando lixeiramente a cabeza – o
albariño ( líquido dourado ), xa molla unha e outra vez as pedras do Muíño de
Abaixo, na taberna típica que recen se acaba de abrir este mesmo verán…..Non o
entendo, tes que ser ti, ademais queres saber das Lendas e das Muiñadas”. Era
eu estaba clarísimo, por eso dixen:
“ Ben, ben, senón quere falarme
da Moura, siga logo coa broma esta da fermosa Dama do Castro e a profecía do
puñal, ¡vostede mesmo!”.
“ A Moura casouse cun antepasado
meu, todos nesta fantástica casa vimos da súa xinea e as mulleres deste fogar
ocupan sucesivamente o posto da nosa devanceira na Ría, ata que alguén lles
rouba a flor que lles colga da boca ou as volve a converter en fermosas
mulleres, bicándoas apaixonadamente cando adoptan desesperadas de amor a forma
da serpe, e logo desposasen con elas, para seguir e seguir sempre a infinda
rolda da Lenda. Así é e así ten que seguir sendo.Pero vostede escritor, amigo
meu, está aquí para o que xa lle dixen,quite por favor do miolo o tema da Moura
e das Muiñadas e comprenda, cumpra co seu destino e non recee coma un cangrexo
covarde. Non sei por que dáselle a posibilidade de acceder a dimensións
concomitantes da realidade tetradimensional contado o tempo e vostede tremelica
coma un osiño de peluche das tómbolas de San Breixo”.
O vello aquel estaba a empregar
rexistros falados impropios do derradeiro muiñeiro de Barosa, todo aquelo
semellaba ser e non ser, sen embargo na cociña económica escintilaba real o
lume dos cernentos rachóns de carballo secos e delourados.
“ Un momento – dixen – permítame
que acerque o puñal ó lume da cociña”.
” Aí o ten é todo seu”.
As chamas morderon por espacio de
algún minutos na folla de prata escriturada e cando estivo ó roxo acerqueino a
palma da miña man, un dolor intenso e primeirizo cheiro a carne chamuscada
ascendeu polas miñas fosas nasais. Algunhas partes cando menos do que estaba a
suceder alí na casa dos da Moura na Aldea da Maquiera, evidenciábanseme certas,
achegueime á billa do vertedoiro e abrinlle
e con gran alivio a auga fría coma a neve saudou a pequena ferida que me
producira, no sitio de furar o cravo nas mans de Cristo, a folla ó roxo vivo
case.
“ Convénzase, moitos quixeran
estar no seu sitio cansos de buscar emocións fortes que non son tal. Esquézase
agora de Muíños e Mouras, seguro que xa se baldeirou a xeito e suficientemente,
sen necesidade de refutacións e cinguimento de cabos soltos, que confiaba atar
definitivamente coa miña axuda. De todas formas hai outros días apropiados para
estes temas menores, si o desexa. Pense que se cadra todo está artellado así polas
leis segredas, inexpresables polas teorías máis conspicuas, para que chegase o
momento de afrontar o que se lle pide que afronte”.
O vello estaba a falar usando o
ton amigable dun bo conselleiro, dun amigo íntimo, dun pai, eu xa estaba en
calquera sitio menos na cociña da casa dos da Moura, o lume sagrado seguía alí
aceso e crepitante.
“ A flor que ten que topar e coma
este Trískel ou Tríscele de pedra de orixe megalítico, que como pode observar
representa unha roda ou círculo con tres raios ondulados ou en forma de S
referido ó movemento sideral.O mesmiño ca este que lle amoso, pero recorde que
vostede busca unha flor vexetal tricolor:Azul, roxa e verde”.Agora o vello,
diante da miña crecente sorpresa mesmo me distanciaba heroico abondando na
cortesía e o respecto do tratamento empregado.
” Azul, roxa e verde”, repetín en
voz alta, tratando de cravar na memoria tan plural coma rara flor en forma de
Triskel que tiña que topar, coma chave de non sabía moi ben que.
“ Xa sabe ó topala bícaa ,ou ben,
bicala, e a fermosa Dama do Castro será a túa guía”.” Bicar a Flor, Bicar a
Flor e ¡ zas ! a Fermosa Dama do Castro…” eu seguía rexistrando as instruccións
do vello en voz alta. De repente xurdiume unha inmensa dúbida.
“ ¿ E senón topo a flor? “
A resposta do vello foi
inmediata:
“ Toparala está escrito na folla
de prata do puñal pola parte de atrás ¿ Querolo comprobar ti mesmo ?”.
“Non, non fai falla, confío en
vostede”.
“ ¡ Xa era hora home , xa era
hora que te manifestaras libre e decidido a ser o noso paladín!”.”¿ Libre ? ¿ O
noso paladín ?…..”
“ Ala toma esta máxica apócema
composta por seis herbas evocadoras do color do arco da vella e flúe, flúe na
atemporalidade coma unha corrente de gravitóns”. ¡O vello agora con
tridimensional cara de Einstein-Newton e Asimov!. Xa estaba atrapado na
fantasía que se me tecía, decidido incluso a ser o xoguete que pechaba o
círculo da profecía escrita no puñal asasino da fermosa Dama do Castro.
“ Traia, traia a apócima esa,
veña , veña”
“ Pero home antes debes saber que
está composta por: Violeta, ácimo, leituga, fiúncho, loto, cebada, uva e salvia
e que está é a droga xenuína dos Druídas”.
Tomeina dun grolo cos ollos
abertos, fixos nas lapas crepitantes da cociña económica.E fluín e fluín,
porque de súpeto xa entrei no fogo sagrado por unha borboriña porta de auga e
alí estaba a rechamante flor tricolor medrando fermosa nas cercanías da
corrente monótona da Ría de Barosa , que de vez en cando brinca inventando
coreografías líquidas, biqueina e da man mol da Fermosa Dama do Castro que
apareceu de forma instantánea no medio dun remuíño de vento, entrei na
atemporalidade dos Celtas.
|
Ilustración
nº23.-Dana, a Fermosa Dama do Castro.
“ Eu chámome Dana e ti es o Deus do
Vento: Kirlo”
“Seguro que si, levas razón, que
ese é certamente o meu pseudónimo literario preferido, ves lévoo escrito nesta
medalla de prata en forma de papiro que pende sobor do meu peito"
“Todos temos un pasado e o teu
principia aquí: ¿ Queres ver? ¿ Queres saber ?. Procura ser xeneroso contigo
mesmo e despois entenderás. Temos case cen Deuses labrados en pedras
meteóricas, dispostos a sernos favorables”.
Estábamos no interior da terra,
andando por túneles semellantes ó que lle permitía a ela no pasado, consonte a
lenda, descender a cotío para bañarse espida nas augas da Ría.A marabilla
superaba a miña capacidade descritiva. ¿ Que era todo aquelo ?, ¿ Un soño ? , ¿
Un desexo ?, os vagalumes e os fachos de brea, iluminaban aqueles labirínticos
pasadizos interconectados entre si.O máxico beberaxe dos Druídas fixera efecto
en min, tanto estabamos no urbanizado Castro de Barro celebrando coma todos os
primeiros de Maio Célticos a festa do comezo do verán chamada de Beltaine ,
consistente en plantar o May Pole ou árbore de Maio e bailar arredor das
grandes fogueiras na honra de Bel ( ou Belenos ), divindade luminosa, como
viaxando por incribles túneles subterráneos con sorprendentes ramificacións,
celebrabamos o 1º de Novembro na chan do Monte Güimil en Agudelo a festa de
Samaín do final do verán e de culto ós mortos.
Na compaña de Dana, recorría o
tempo e o espacio atrapado na fantasía máis desbordada, imposible de referir
aquí con precisión absoluta por falta de espacio, estabamos alí no corazón
mesmo do celtismo, mesmamente posibilitados e autorizados para pisar no lugar
máis privativo dos Druídas, nos outeiros Falxidres ( Faxil lugar ou aldea da
actual parroquia de Agudelo ), onde estes entraban en transo para porse a
adiviñar o futuro…..¡ Seguramente con capacidade para profetizar todo esto que escribo agora a
finais mesmiño do século XX, si o desexasen, tal era o seu magnífico poder!.
…..O futuro, o pasado, os
gravitóns, os universos paralelos, a posibilidade de viaxar no tempo, a flor
tricolor en forma de Triskel megalítico, Dana a fermosa dama da lenda do Castro
vilmente asasiñada, eu mesmo Kirlo o deus do vento, o derradeiro muiñeiro de
Barosa da casa dos da Moura, un puñal con empuñadura de bronce e folla de prata
na que hai proféticas inscricións, as mastigadores moas dos vellos muíños ,
mesas agora dunha taberna típica, rosadas de líquido dourado, outra vez os
gravitóns fluíndo dentro dun mundo sen distancias…..
Señor Pedro da casa dos da Moura,
naquela tórrida cociña de Decembro 2.000, insistíame sobre todo en que:”Auga
pasada non move muíño” e que “ Unha noite no muíño non é nada, e que, unha
semaniña enteira, esa si que é muiñada”.Regresei por San Breixo,o Castro á
dereita estaba escuro e solitario coma sempre, dende a casa mirei para o Monte
Güimil de Agudelo advertindo na distancia, tamén coma sempre asentadas nel, as
modernas antenas das telecomunicacións "chivadas" por un piloto
vermello na punta.Facía un frío Nadal xélido no Alto Salnés Val, era o tempo
das estufas, calefaccións ou mellor das cociñas de ferro fartas de leña das
vellas tomadas do monte cercadas con valados de pedra coma inesquecibles
poboados Celtas.Cavilando en Minerva a Deusa Grega da Sabedoría, entrei na
casa, disposto a deixarme querer pola miña Deusa compañeira…..e…..
CAPÍTULO V.- A UNIVERSALIDADE DOS EIDOS DO MEU CONTENTO:
“ Ti dis:Galicia é ben pequena.
Eu dígoche: Galicia é un mundo. Cada terra é como si fora o mundo inteiro.
Poderála andar en pouco tempo do Norte pra o Sul, do Este para o oeste noutro
tanto; poderála volver andar outra vez e máis; nona has dar andado.E cada vez
que andes, has atopar cousas novas e outras has botar de menos. Pode ela ser
pequena en extensión; en fondura, en entidade, é tan grande como queiras, e
dende logo, moito meirande de como ti a ves. ¿ Non din os filósofos que o home
é un “microcosmos”, o compendio, o resume do universo todo? Pra canto máis unha
terra con todos os homes que nela viven, un pobo, que ,se cadra, é unha sorte
de Adam Kadmon…Do grandor do teu esprito depende todo; canto máis pequeno sexa,
máis terra precisará. Si o teu pensar é fondo, a túa terra, pra ti, non terá
cabo, nela estará o mundo todo con todos os seus climas. Si o teu pensar se
detén na codia das cousas, non digas tampouco: Galicia é ben pequena; es ti,
que endexamáis poderás concebir nada grande”.
Vicente
Risco.
Dende que de forma bastante
azarosa, froito de facer limpeza no sempre sorprendente faiado das casas en
xeral e da miña en particular, dei coa cita anterior de Vicente Risco, na
contraportada dunha Revista de Poesía, chamada “ Coordenadas” dos anos oitenta,
souben que remataría por insertala precisamente neste capítulo, e así o acabo
de facer.
A motivación desta inclusión
procede de que despois de escribir sobre os Eidos do corazón e o sentimento, o
Rego-Riiño do fondo do val, encargado de pechar a obra,levando gotas de auga
ata as costas americanas, semellaba un mensaxeiro líquido que daba noticia de
nós polo ancho mundo adiante, internacionalizándonos de algunha maneira e
facendo real o concepto de globalidade mundial, que anima os derradeiros días e
folgos do, hai que dicilo, revolucionario e máxico século XX.Neste propósito
indeclinable, a cita de Vicente Risco en cuestión, crisálida do xardín dun dos
pais do Nacionalismo galego, parecerá querer beberse a auga toda do Rego-Riiño
, onde Galicia é todo un mundo en si mesma, que non flúe e á que circunda nun endóxeno meandro continúo
facedor de circunferencias e de illas.Sen embargo ben entendidos Cita e Poema,
son complementarios e simbióticos, o río debe entender da grandeza de Galicia e
dar recado dela ala onde as súas augas cheguen a mollar, e Galicia, debe
osixenar o seu abaloufo nacional, por medio de veas transparentes e claras,
capaces de liberala de si mesma o necesario, para non caer no interior
linfático doutros ríos máis dramáticos e dolorosos, como na actualidade o son
os ben queridos ríos Vascos ( Nervión, Deva, Oria e Bidasoa).
Nesta dimensión retroalimentativa
e enriquecedora, lonxe de satanizar o Nacionalismo Galego de Don Vicente Risco,
xurde e sucede a apaixonante experiencia: GALICIA, que prepara, como o fai unha
célula chea de cadeas con información xenética respecto ó corpo enteiro, para
entender a plural diversidade cultural que o mundo esférico e xiratorio contén.
REGO-RIIÑO DO FONDO DO VAL
Terras da Portela -Txabre ( Barro ) ,
dondo Salnés Val .
Do río espelleante, baltrón
zigzaguea-discorre...vai...pasa...
|
Riiño dos nomes, anónima corrente húmida
na auga un cantar ceibo que me sume:
nunha danza acuática de bacoriñas
troitas
xabonadas de bambú
botadas fóra das cañotas de ameneiros
e bidueiros
de paseo mollado, vagarento, río
abaixo e río arriba
en canto xogan e se rin as lontras.
Fuxe e flúe
a transparencia continua abríndose
paso líquido
entre toda a diversidade vexetal que
medra nas marxes:
Salgueiros,freixas,sabugueiros,sanguiños,
estripeiros,avelurias
e herbas da anada nas que as avoas
pretendían xa na primavera
saber da posible fartura das Cabanas
cumprida a colleita no Outono.
Riiño do fondo do Val
sen raia azul frisada nos mapas
xeográficos que nos inventan
vai coma quen di , de bautizo en bautizo:
anónimo
escumando nas augas claras coma
flores leves do canle
Alí remuíño lene tecendo pétalos
instantáneos
aquí ensortellado meandro que adianta
morfoloxía
do Planeta máis ben Mar.
Enorme rouceo gravitacional, danza
sideral que se repite exacta
con promesa certa de Estacionais
Elípticas:
Primavera-verán-outono-inverno.
Sinais lóxicas que manifestan xiro e
esfericidade
vertixinoso viaxe cósmico dobrando a
esquina da Estrela Sol
reflectidora de lúas:Crecente, nova,
chea, minguante,
a verse no azougue en tránsito
desemellante, sempre espelleante
especialmente nas musicais noites dos
seráns con verbenas
de Romaría e
Si amor...
Riiño burbullante que humilde toma a
tramos curtos
nomes emprestados
a según o sitio que en por si a Enxeñería
hidrólica
se procurou a xeito
xa fai desto
aquí Leis de paso fácil
peneiradas por digamos imperativo
outra vez cósmico.
Sabia manobra que desborda obstáculos
contra os que acaso por densos
non paga a pena negociar en derramada
transparencia infinda
e discorre unha reviravolta de
astucia
e pasa sen mais capricho...
Riiño da Morena, da Cerdeiriña , da
Maruxa, da Pombeira,
Rego do Areal
receptor do de Santa Susana e
Campodeira
con pontes de cemento coma teitos
rasos de lixa no Camiño Real
auga xunta afeita ó polisémico caudal
de nomes
que testemuña o encrucillado xigante
de terras de labor
que rega e drena
que lambe,baña,bica e lentura.
Rego, Riiño, sempre próximo a
desbordes de baltrón rebousado
no Carballal, en Areas
cando aínda en terras de Barro, toma
nome de Río das Lamas
recepcionado xa o de Lourido polo
leste
e tamén máis adiante, cando xa é
definitivo CHAIN
en Xabín e na Lambiorca en terras de
Portas
recepcionado polo mesmo vento o de Barosa
trocándose no Agra, por non sei que
habelencias de cartógrafos
e polo Oeste bebendo o Rego de
Valiñas
todo esto na confluencia digamos que
capilar
que ós pés do lugar do Castro
sorprende en Briallos.
En Arcos da Condesa
recibe polo Leste outra vez o Rego
Valorento
ata que por fin se engade ó Umia todo
xunto
nalgún lugar de Augas Quentes (Caldas
de Reis ).
Sen reparar en Datas, por Xuño alto
anega veigas do encrucillado xigante
recen sementadas, ata que sumado,
todo xunto
capilar: CHAIN , feito de
Regos,Riiños e fontes
en nonseión rende contas de auga,como se
dixo
engadíndose puntual ó UMIA : Vea
líquida,
que o leva plural no seu canle
ata Cambados do Albariño
e alí no Ponte da Barca
o rego-riiño do fondo do Val desta
maneira tecido
tramo a tramo, rego a rego , río a
río
mesturase co esforzado Oceáno
Atlántico: Gran S aórtica
para aprender e saber do Coral e da
Sal.
Desta maneira levado
tramo a tramo, rego a rego, río a río
o da Morena, a Cerdeiriña, a Maruxa ,
a Pombeira
segredas confidencias lle fai
a grande arteria en S, o mar-océano
borboriñándolle ampla noticia
dos recunchos máis senlleiros ,
máxicos e fermosos do Val
por onde circula a facerse, anónimo e
humilde
de bautizo en bautizo, tramo a tramo
, rego a rego , río a Mar.
No oído das buguinas mariñas
dille que pasa brando, que pasa
discreto
bordeando terras de labor que lle deixan
paso
preñadas de sementes polo Maio
explícalle como as humedece, como as
bica ledo
como toma nomes emprestados.
No tocante ós desbordes do baltrón ,
ás enchentes
non hai quen o mova de dicir que a
culpa e da choiva.....
No medio de todo isto
colosal o grande mar-océano , remexe
a súa pel
azul-verdosa e festexando
confidencias
íntimas, das terras do interior
nas que o mar estibo unha vez pero xa
fai desto
coma un gran foguete de Romaría Mariñeira
estala contra os cons lunares todo o
seu mítico vigor, de sempre.....
E cando por fin a grande S Atlántica
beba ríos da Prata,Amazonas,Orinocos,
Mississipís
é posible que unha pinga de auga,
do riiño anónimo dos nomes,
unha insignificante gota do da
Morena
a Maruxa, a Pombeira o Areal
este a mollar mazorcas de peitos
espidos
de rutilantes mozas de bo ver
nas praias de: Acapulco,Copacabana,
Mar de Prata,
Illa Margarita, Miami , Valparaiso,
Varadero...
E por imaxinar, por case facer
milagres Poéticos,
vistas así as cousas, hai quen cavila
nun prodixioso aparato circulatorio
deseñado con sabedoría infinda
sobre un corpo esférico e latexante.
Esfera azul-verdosa, planeta mar,
aínda que máis coñecido por Terra.
E na comparación os regos-riiños
anónimos
do fondo do Val , que van de bautizo en
bautizo
son a penas veas capilares con raia azul
minúscula
nos mapas que nos inventan.
Son os outros máis frisados veas ou
arterias
para que os Mares-Océanos sexan
Aortas principais
dun corpo xiratorio-esférico-vivo, e
ben,ben,ben.....
Que dende A Maruxa, sobre unha ponte
de cemento
coma un teito raso de lixa
con proteccións laterais tubulares de
fontanería
en plan pasamanería
no vello Camiño Real , Xacobea Ruta
Portuguesa
medio me sumo na corrente, e mínimo e
doce
sinto como todo se sucede e consuma
mentres pasa e xamais acaba de pasar
, sempre o mesmo
sempre distinto : O da Morena , a
Cerdeiriña , a Pombeira e o Areal.....
CAPÍTULO VI: DOCUMENTACIÓN FOTOGRÁFICA FINAL.
ÚNICO:ÍNDICE
E DESCRICIÓN DAS FOTOGRAFÍAS.
1.-Muíño
de arriba de todo, coñecido coma de Valerio ( 24-01-01).Tíñallo alugado á
familia Moldes.
2.-Tramo
superior da Fervenza de Barosa ( Verán).
3.-Tramo
superior da Fervenza de Barosa, marxe esquerda ( Inverno).
4.- A
Fervenza de Barosa, vista dende abaixo ( Inverno).
5.-Unha
das pontes curvadas de madeira de aceso ó Parque-Insua de abaixo ( Verán).
6.-Home
sentado cabo das moas de granito-mesa, no interior da Taberna Típica: “Muiñada
de Barosa”.
7.-Foto
aérea da Fervenza e Muíños de Barosa ( Outono 2.000).
8.-Foto
en branco e negro de Barosa nos anos cincoenta, aínda coa maquinaria hidraúlica
en funcionamento.
Pseudónimo empregado: "Vento"
ANEXO FINAL Nº 3: NOTAS E BIBLIOGRAFÍA.
1.-NOTAS.
Nota nº
1:Parte
deste escrito foi publicado no Faro do luns: 15 de Outubro de 1.984, para
formar parte da Enciclopedia Viva dos Pobos da Provincia, caderniño
correspondente a Barro.Concretamente no apartado Paisaxes e Paisanaxes; hai
case dezaseis anos, escribino orixinalmente en castelán e aquí agora entrégoo
como se le traducido, con algunhas leves variacións, por fidelidade evidente ós
meus “textos sagrados”. O engadido baixo o título Anexo 2.000 (Apartados 1 e 2 ), xurde da miña
insistente preocupación por tratar de ir perfilando unha sembranza referente e
definitiva, incluso útil a outros cronistas, que se axuste á realidade do noso
Municipio.
Nota nº
2:(Correo
Gallego- 10 de Xuño de 1.990).
Nota nº
3: Nas
citas entrecomiñadas dos diversos autores, respectei a escrita empregada por
eles.
Nota nº4.-Transcrición das Lendas autógrafas que acompañan ás tres figuras
anteriores.
1.-Parte
inferior ou inferno-receptora de auga ( fig. 1).
Descripción(
debería dicir Descrición) desta Parte: (1) A canle por onde ven a auga (2) A gradilla depuradora de paos e outros
materiais da corrente susceptibles de atrancar o muíño (3).-O cubo ou depósito
de auga (4).-Rodicio por medio da forza da auga ó contactar coas súas aspas fai
xirar (6) o eixe ou veo e así move a moa (5).-Pechadoiro regula o volumen de
auga que chega ó cubo con intención de pasar á caldeira do inferno para mover o
rodicio . (7) Aguillón e ra, ou agulla e enrán, a primeira é unha peza móbil de
pedra ou de ferro que une o touzo coa enrán, esta, é unha peza de pedra ou
ferro insertada no rieiro sobor da que xira o rodicio. (8) Mesa ou Rieiro, dun
lado empotrada (debería dicir encastrada) na parede e do outro incrustada no
(9) erguedoiro ou Tempero utilizable para elixir a calidade da fariña, máis
gorda ou máis fina, chegando a funcionar para parar o muíño no caso en que
carecesen de peche. (10) Crus.
2.-Parte intermedia moedora (fig.2).
Descripción (debería dicir Descrición) desta Parte: (1) O Pé é
un cilindro de granito estable. Conclúe en
forma convexa e ten riscos dende o Ollal (2) que ten obrado na súa metade para
deixar pasar o Veo (3.-Parte inferior ou inferno-receptora de auga). Sobor do
Pé estable xira a (3) Moa, esta pedra circular debe de ser do mesmo diámetro co
pé, as dimensións van dende 80 centímetros , ata os 1,15 metros , o grosor
dunha moa nova non sobrepasa (debería dicir supera) os 25 centímetros , a
poder de moer desgastase ata que chega a partir. A moa superior xiratoria
encaixa no pé gracias a súa configuración cóncava.
3.-Parte superior receptora do gran ( fig. 3).
Descripción(debería dicir Descrición) desta Parte: (1) Moega
ou Adella en forma de pirámide invertida 2) A Quenlla ou Adellón que é un canle
tamén de madeira, situado na parte inferior e a continuación da anterior con
dous buratos chamados (4) Fiadoiros, por onde atravesa a (4) Segorella ou
Fiadouro que presenta un ollo na punta, por onde pasa o (6) Tangaño,
transmitíndolle á Segorella o movemento vibratorio. Viaxando pola inclinación da Quenlla ou Adellón, unha vez recibido o
movemento vibratorio que fai andar o gran, este vai caendo ó Ollal que é un
burato feito na Moa (2.- Parte media moedora que se refire no debuxo “figura”
2).Nesta parte existen ademais a (5) Parrilla e a Espicela encargadas de regular
a caída según ( debería dicir segundo) a frecuencia desexada polo muiñeiro, do
gran.
2.-BIBLIOGRAFÍA.
1.-Bermejo
Barrena José Carlos, “ Historia de Galicia” “Capítulo:La Cultura Castreña (
Páx. 29), Editorial Alhambra S.A. (1.982).
2.-Cabanillas
Ramon, “Cancioneiro Popular Galego”, Biblioteca Básica da Cultura
Popular-Editorial Galaxia (1.983).
3.-Carré Aldao Eugenio,
“Prácticas y costumbres del vivir Aldeano-Muiñadas”, Tomo II-Geografía General
de Galicia-Ediciones Galegas S.A.-La Coruña 1.980.
4.-De Sá Bravo Hipólito, “Las
Rutas del Románico en la provincia de Pontevedra”, Caja Rural Provincial de
Pontevedra 1.978.
5.-Díaz Álvarez Pedro, “ Os
muíños de Folón” ( O Rosal ), Servicio de Publicacións da Deputación provincial
de Pontevedra (1.998).
6.-Fariña Jamardo, “Os
Concellos de Galicia” ( 8 Tomos), Fundación Barrié de la Maza (1.991).
7.-Leas Bóveda José, Cruces
Colado Ramón, Sanmartín Alejandro, “ Guía para o estudio dos muíños de auga da
terra de Caldas de Reis”, Servicio de publicacións da Excma. Deputación
provincial de Pontevedra.
8.-Lemos Montanet, Leonardo,
“Ángel Amor Ruibal ( Una reflexión viva acerca del hombre), Xunta de Galicia
1.996.
9.-Llinares García Mar, “ Os
Mouros no imaxinario popular”, Biblioteca 114 de O Correo Gallego 1.981.
10.-Otero
Pedrayo Ramón, “Ensaio Histórico sobre a Cultura Galega”.Biblioteca básica da
Cultura Galega”, 1.982.
11.-Rolleston T.W., “ Los
Celtas”, Edimat Libros-traducción: Mª José Llorens Campo.
12.-Sampedro Andrés, “
Tódolos Muíños da Terra Gallega”, Colección Etnografía Galega. Asociación
Galega para a cultura e a ecoloxía ( A.G.C.E.) (1.980).
13.-Sánchez Dragó Fernando,
“Gárgoris y Habidis”( Una Historia mágica de España), Planeta-Bolsillo 3ª
Edición 1.994.
14.-Varios Autores, “ Galicia
Pueblo a Pueblo” ( Páx. 133), La Voz de Galicia S.A. 1.993-Colaboración de
Pilar Patiño Portas.
15.-Varios Autores, “ Los
Gallegos”, Ediciones Istmo-Colección Fundamentos 2ª Edición 1.984.
16.-Varios Autores, “Historia
de Galicia”, Ediciones Gallegas S.A.
17.-Valle Inclán Ramón,
“Romance de Lobos”, Espasa Calpe S.A. 15ª Edición.
18.-Villares Ramón, “ A
Historia”, Biblioteca Básica da Cultura Galega-Galaxia.7ª Edición 1.992.






Ningún comentario:
Publicar un comentario