Amosando publicacións coa etiqueta seguir vivo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta seguir vivo. Amosar todas as publicacións

venres, 19 de maio de 2017

Un sorriso escéptico.





              UN SORRISO ESCÉPTICO
De vez en cando o único que importa é salvar a pelexa, seguir vivo, contra todo e contra todos.Existencialismo puro e duro, non queda outra opción.
Porque só vés personaxes polas costas, orellas peludas e xente con presa.
Os máis novos andan, como máximo, nos brazos de Don Amor, metidos no interior de prendas deterioradas, cheos de tatuaxes tribais e pircins de faquires.
Os máis vellos de maneira cruel e inxusta, están sós nas esquinas polas que saen a pasear os ratos, ou fan excursións e viaxes indeterminados por xeografías fugaces, para esquecerse da data de nacemento.
Entre tanto, nos medios de comunicación, só se proxectan guerras, atentados , propostas políticas alporizadas,todo coroado por luxos faraónicos que, conculcan calquera palpito, do sentido común.
A conclusión de todo isto é un sorriso escéptico, amargo, triste, que non pode prolongarse moito no tempo a risco de converterse un mesmo, nunha bíblica estatua de sal.
A vida é como andar en bicicleta se te paras caes, isto díxoo alguén de maneira atinada.
Por iso hai que seguir facendo tronar a gallarda cabalería para en primeiro lugar: romper o infinito e eterno silencio e en segundo lugar:por botar as letras e ver o que sucede coa aviación do inimigo.
Porque tal como están as cousas, é coma se un hipotético programador informático cósmico, por veces, se dedicara a escribilo todo ao revés nas invisibles e máxicas membranas da tan relativa cuarta dimensión: o propio tempo envolvente das outras tres dimensións (largo, ancho, e alto), que é a nai e o pai de todo isto, dentro da segunda lei da termodinámica.
Menos mal que a primavera chega puntual e nin sequera repara nunha hipotética e cruel guerra que se poida estar producindo entre as súas flores e os seus zumes imparables.A primavera é tamén unha existencialista de manual.

Así que, de vez en cando, o único que importa é seguir vivo.Existir por existir, ser e estar, sen outro obxectivo adxectivo, co pensamento en punto morto, ausente por hixiene mental da chagorza inmunda na que, anda convertida na actualidade, a convulsa socioloxía española. Por R.S. Lago. 







Escrito para presentar diante de Xunta de montes en man común da Portela , unha vez que firmen os veciños...

  Á XUNTA DE MONTES EN MAN COMÚN DA PORTELA Rudesindo Lago Taboada con DNI Nº 35287598D en nome propio, previa autorización da súa nai a com...