xoves, 9 de marzo de 2017

Verónicas.



                                         VERÓNICAS.

-¿Que é o que lles pasa a todas estas pobres criaturas? Pregunta a muller vestida de enfermeira.
- ¡Están mal! Respóndelle a muller vestida de policía nacional.
- ¡Son moitas! Afirma a primeira.
- Si son moitas e todas están moi mal.Concretamente son en total oitocentas doce mulleres.Confirma a segunda.
- Case mil, case mil, case mil, case mil. Repite perplexa a enfermeira.
- ¡Nin tantas oh!. ¡Nin tantas!.Para as mil aínda faltan, nin máis nin menos, que cento oitenta e oito mulleres, se fago ben as contas e non me engano.¿ Pensa que non son capaz de facer unha simple resta?. Non me quente que a empapéloa como me chamo Verónica.
- Case mil, case mil, case mil, case mil. Non sei onde vamos a metelas a todas.Porque claro xa se ve así por enriba que están mal e haberá que atendelas en debida forma.Aquí isto, non é precisamente un hospital.E que casualidade máis casual, eu tamén son de pía Verónica coma a vosa excelencia.
-¿ Que é este lugar logo ?. A min mandáronme que as trouxera a esta dirección e aquí as están todas. As case mil, case mil, case mil, case mil como di vostede homónima.
- ¡ Para as mil seguen faltando cento oitenta e oito mulleres excelencia ! e non me faga perder a miña escasa paciencia coa súa fresca impertinencia.
- ¡ Clemencia, prudencia,obediencia!.Aí llas deixo a todas co listado no que consta o nome e apelidos e demais circunstancias de cada unha delas. Avialas xa é problema sanitario seu.Estas mulleres están todas moi mal: ansiosas, desasosegadas, pronto histéricas e eu, cumpro, traéndoas ao que en definitiva sexa este lugar.E aburiño que teño moito que facer.Levo traballando media hora de máis e como xa lle dixen, se me quento empapéloa por: pasividade na súa responsabilidade, por ter mal xenio, por se lenta, por pórme nerviosa, por chamarme excelencia, por vegana e por miope.Así que ándese con moito ollo con servidora que me topa.
- Aquí ten que haber un malentendido do tamaño da catedral do corpo santo, dun barco cruceiro inglés, dun campo de fútbol da liga de balón pé profesional, ou da mesmísima estación espacial internacional que xira arredor da terra a trinta e seis quilómetros da superficie.Isto non é nada normal.Nin hai deus que poida entender semellante san francia.Porque claro, isto é un plató da televisión galega e estamos facendo o programa Land Rover.
- Pois daquela está todo conforme que, eu son Xosé Antonio Touriñán disfrazado de policía nacional muller, estás criaturas son de Cortegada de Baños e algunhas de Baños de Molgas, e están todas mal porque levan moito tempo apuntadas agardando para vir de público e vostede debe ser Pilar García Rego a loura de ollos azuis do programa cultural: “Zig Zag”  da nosa segunda cadea, botando horas extraordinarias disfrazada de enfermeira, para poder facer un cruceiro enriquecedor polas illas gregas, veña acá,  conféseo e non mo negue
- Case, case, case mil, Castromil, pero non; eu son o mesmísimo Moncho Lemos o dos “Fondos reservados” da radio galega.
- Pois xa está todo aclarado; que pasen logo esas oitocentas doce sufridas mulleres, que lles ha de sobrar tempo de que entre todas, dúas delas, dúas soas, se chamen Verónica para que campe e risque ben o título desta peza.
- ¡Sen ter que recorrer a ese lance de igual nome da controvertida tauromaquia!.¡Touradas fora!, touradas fora!
- ¡Así se fala Moncho! ¡ Así se fala campión!
- ¡Graciñas Touri!.¡O pracer é meu!

Venres 3/3/17.








   



     



Ningún comentario:

Publicar un comentario

HERIDAS

  HERIDAS Hay heridas que no se curan jamás son como medallas con las que te condecora la existencia heridas de amor heridas fru...