sábado, 25 de marzo de 2017

Pinchazos coma balas....¿Vitamínicas?





PINCHAZOS COMA BALAS.....¿VITAMÍNICAS?

Cultura.Curtura.Agricultura.Loucura.Creo que hai demasiado ruído.¡Sobran cantantes, sobran titiriteiros, sobran televisións, sobran partidos de fútbol, sobran escritores! Non obstante hai que sobrevivir.Todo o mundo ten dereito a trabucarse e por suposto a ser como non se debe ser, un pouco politicamente incorrecto incluso: ¿Si ? ou ¿Non? ¿Ou vai ser que a penas estamos na punta dos pés no mundo frívolo da voluptuosidade física e da risoterapia boa para a saúde anímica?
Ao enfrontar o mundo dende o meu eu existencial sufro senón me esvaezo contemporáneo na pluralidade democrática.E se sufro pásoo mal, perigosamente mal. Pero claro por moito que argumente, este Blog, ou mellor: este “caderno dixital”, tamén forma forzosamente parte do ruído e do sufrimento que denuncio. Polo tanto tamén ten parentesco coa: Cultura.A curtura.A Agricultura.E a loucura. Méteste porque tes que aceptar o que hai armado no mundo dos soños dos ricos, moedistas ( de moeda e capital) , que cada vez son máis ricos grazas precisamente a estes inventos de última hora. Da igual que digas ou que non digas, vale todo, aínda que en realidade non vales, non valgo, non valemos un feroz bit en ningunha parte do océano electrónico que se axita ao noso arredor. Demasiado ruído do que xa sabe alimentarse o monstro, o todo, o gran irmán e outras corporacións xigantescas sen intoxicarse.
Agora teño que escribir aquí gratis, -cousa que non lle parece decente ao amigo Martín Ruibal e a min tampouco claro.....-, porque en teoría me gusta escribir dende adolescente.Despois miro avaro cantas visitas teño e císcome de pracer polos slips.Un monte de disipados electrónicos coma min vaime facer feliz cos seus pinchazos.Se o blog vai ben podo axudarlle a unha axencia de viaxes a empaquetarlle unha viaxe a Tasmania a non sei cantos nómades que andan polo mundo vendo aeroportos.
Lolita Illa de Arousa, mándame recapacitar e que mañá volva a ler isto, que hoxe, lle parece a ela, que non estou ben. ¿Que hoxe non estou ben ? ¿E mañá vou estar ben? Ciclotímico.Mañá estarei como máximo incrustado todo eu nos sucos cristalizados  doutra neurona instalada na miña capuz para aceptar o mundo que me sitia, pero nada máis.Mañá por moito que o intente, no profundo río da consciencia, vou seguir cavilando coma hoxe e pasado mañá tamén.Aceptei o reto suxerido por unha vella amiga, chamada Pilar, e xa me está sobrando toda esta electromanía, en menos de dous meses de exercicio.
Cada vez demando menos desta sociedade trepidante,absurda e perigosa; xa aspiro a sobrevivir como poida e non ter problemas de cadeas cinguíndome o corpo como os ten un rapeiro, dos que probablemente tamén sobren, por culpa de non sei que letra rimada en contra do rei emérito. ¿ Os límites da liberdade de expresión? Claro, claro.Os tipificados limites xurídicos da liberdade de expresarnos non deben sobre pasarse.A salvo isto, aquilo e o de máis alá.Mentres os estafadores de luva branca, pescozo amidonado e garabatas como floretes, co amparo da propia lei , pagan fianzas superiores ao produto interior bruto de calquera aldea galega e seguen mollando a madalena nas súas mansións vídeo vixiadas.Isto dicho calquera cidadán ás doce da mañá e non pasa nada en Tonga negra con puñetas coma ovos fritos.Os límites. Os xuíces. Asuntos da corte dos milagres valleinclanesca, de pura enxeñería xurídica e financeira que me superan.
Nós ao noso, a nube, a tela de araña mundial, a internet profunda; gústame, non me gusta, pincho pero non me fago seguidor e  que se amole este cretino.O silencio, sempre o digo, era unha materia na que se formaban os frades do milenario Exipto.Zumba, ximnasio, piscina, carreira continua , comida da empresa, padel,mándame un watshaap co último chiste sobre Mariano Rajoy. Ruído magoado, brado de pobres diaños traballadores que fan funcionar o país e calan a boca máis alá da sensatez incluso. ¡Senón estás na rede non existes!, tal é o derradeiro mandamento da lei de San Cucufato .Pinchazos coma balas.....¿vitaminadas? Mañá falarei do goberno da confederación intergaláctica ou da Iberia federal con Portugal, Andorra e Xibraltar entre os estados membros.Demasiado ruído abouxador.Sobra Cultura.Curtura.Agricultura.Loucura. E falta o tempo manso no que unha sociedade xusta medra en todos os eidos.Si, eu son un pouco máis rebelde ca unha pobre modista escravizada pola industria téxtil, aquí entre nós ou deslocalizada nalgún país asiático de escasa autoestima.....
¿Sobran? ¿sobra? ¿ sobran?, creo que non, ao contrario todos somos un pouco artistas e temos dereito a expresarnos e a participar na vida creativa.Ler é unha maneira de crear, de completar o texto ao interpretalo, coma quen fai nacer música dos pentagramas; todo lector está dotado dun talento especial que o leva a devorar libros con ansia de alimentar o espírito porque a cotiá vida plana  non lle basta, non só de pan vive o home; ademais a   lectura de libros abre portas mentais, disipa a cegueira, axuda a formar cidadáns libres e con criterio propio.Privarse da lectura e renunciar a un dos praceres máis grandes ao alcance de calquera ser humano consciente de selo.A palabra amigos, é a nai de todas as artes, de todas as leis, de todas as ciencias, incluso de todas as controvertidas e balsámicas pero fraudulentas relixións no seu ser último, de toda a comunicación.Todo empeza coa sorprendente facultade humana de emitir fonemas para nomear obxectos e transmitir pensamentos, cousa que segundo os antropólogos sucedeu hai uns 120.000 anos nada máis, medra coa palabra escrita sobre diversos soportes e faise universal coa invención da imprenta.....Así que lean ata os prospectos das medicinas como dicía o noso último premio Nobel de literatura, o gran Don Camilo Xosé Cela e Trulock, soterrado en Padrón aos pés da Colexiata do Sar. Por R.S. Lago.             

  

Ningún comentario:

Publicar un comentario

HERIDAS

  HERIDAS Hay heridas que no se curan jamás son como medallas con las que te condecora la existencia heridas de amor heridas fru...