O EXOSISTEMA PLANETARIO TRAPPIST1
O berce orixinal da civilización humana é o
inesquecible planeta Terra; sen embargo ninguén se queda a vivir para sempre no
seu berce dos días infantís por fermoso e cómodo que sexa.¡Non!, evolucionamos,
crecemos, necesitamos maior espazo para desenrolarnos e viaxamos sempre que podemos para ampliar
horizontes.Admitido o anterior, está claro, que ninguén debe sufrir
dificultades filosófico ontolóxicas insuperables para ver con bos ollos os
esforzos que se fan para explorar o universo.
Máis ben se debería dicir que a humanidade ten a
obriga moral e ética de ver o cosmos a través dos grandes telescopios para
tratar de comprendelo e a continuación dotarse dos maquinarios precisos para
exploralo.Axiña, neste punto, xorden voces rebeldes contrarias ao manifestado,
argumentando que existen problemas suficientes a escala mundial, que requiren
todos os esforzo para acharlles solución: terribles guerras, fame,enfermidades,
falta de auga, e medicinas etc.antes de seguir xogando a buscar
marcianiños.Está ben, comprendido; o cortés non quita o valente.
É dicir, as institucións próximas a ONU e as ONG,
deben profundar nos seus esforzos para que a vida dos nacidos dispoña dunha
condicións básicas que as fagan dignas.Isto tamén está claro, insisto.Como
tamén debe estalo que despois de pisar o satélite no ano 1969, débese seguir
saíndo aí a fora.
O pasado mércores día 22, produciuse a sorprendente
noticia do descubrimento dun sistema solar composto pola estrela anana
ultrafría Trappist1 e sete planetas semellantes á Terra que poderían dispoñer
de auga líquida.A descuberta tivo lugar polo método do tránsito planetario;
consistente na variación da luz da estrela cando un planeta en órbita pasa por diante desa estrela ou sol.
Música celestial das esferas que, só con potentes
telescopios situados na órbita terrestre, coma: a estación espacial da Nasa, os
satélites de comunicacións e os de triangulación G.P.S., entre outros
sentinelas asombrosos, permitinlles aos astrofísicos ver cada vez máis lonxe no
espacio profundo, para sorprender ao mundo de vez en cando, como sucedeu o
pasado mércores.
De todas as maneiras estamos falando dun exosistema
planetario situado a 40 anos luz. Algúns entendidos falan de que o achado pode
valer un premio Nobel en Astronomía. A estrela Polar, a do norte magnético, por
exemplo está a 470 anos luz da Terra, e a súa masa é oito veces maior ca do
noso Sol, ao que supera 2000 veces en luminosidade.
Distancias e luminosidades inconcibibles, case
insoportables para cerebros pouco ou nada adestrados. De todas formas, se nada
pode superar a velocidade da luz neste universo dotado de leis básicas únicas e
invariables para todo el, imponse a procura dunha nova física, afondando no
asunto dos verme buracos e da posible multidimensionalidade do espacio tempo;
senón se fai isto o berce da vida humana irremediablemente será tamén o seu
propio sartego final...
Mentres tanto: a bailar, bailar, bailar...e que nada
te prive do teu anaco de felicidade cotiá.Luns 27/2/2017.R.S. Lago.
Ningún comentario:
Publicar un comentario