sábado, 18 de marzo de 2017

A violencia contra as mulleres







A VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

O sistema voraz e vertixinoso no que rindo ou rabiando andamos metidos todos, está a ensinar caras dunha violencia e barbarie capaz de poñerlle os pelos de punta a unha boneca desas coas que xogan as meniñas; futuras mamás andando o tempo, preservadoras da controvertida especie humana.
As mulleres, non se esqueza isto, son as nais de todos; a min lembroumo Mocho Monteagudo, o esposo de Amparo Maquiera, nun momento difícil da miña variable vida cando tiña graves problemas de convivencia coa miña nai e algunha das miñas irmás.
Si, estou a referirme á violencia de xénero, ao terrorismo doméstico, ao machismo asasino.Nos medios dinlle lacra social.Cada ano aquí en España o número de vítimas mortais mulleres aproxímase ás oitenta. Non pode ser, isto non debe ter cabida na sociedade democrática , que entre todos, día a día, temos que sacar adiante, buscando o mellor de nós, para que todo se volva máis vital, harmonioso e magnífico.
De vez en cando vemos un grupo de xente con caras tristes, en silencio diante das bandeiras con lazos negros.Entón sabemos que unha nova muller, no 99% dos casos, acaba de ser borrada violentamente da lista dos vivos.
O día a día, a trepidante marcha do sistema, continúa, todo sucede como nunha carreira de motos G.P. ou de monoprazas de fórmula un.
O tempo flúe cara diante sempre seguindo o ditado das leis da termodinámica.Case non da tempo a interiorizar o que acontece.Está sucedendo diante dos nosos abraiados ollos e impotentes vámolo admitindo todo como se representásemos un sórdido papel nunha serie de terror.
O macho celoso, posesivo, brutal, por veces, adopta o comportamento dos tigres e ademais de acabar coa vida da muller, mata tamén aos descendentes habidos en común. Non hai verbas capaces de vestir semellantes eclosións de loucura e ruindade.Os propios psicólogos e psiquiatras encargados de informar ás institucións penais nestes casos vense superados polo tamaño da desfeita e dan noticia do acontecido estremecidos e asombrados, cerrando os manuais da disciplina porque todo é moi destes tempos.
O efecto chamada, a moda, as películas serie B, a crises económica, as mulleres cada vez máis susceptibles, o que se queira; pero isto debe frearse a través da prevención e da educación senón estaremos virtualmente no tempo das cavernas.E ademais xa en Platón se podía ler: “As aptitudes naturais foron distribuídas por igual entre os viventes de ambos sexos; a muller debe tomar parte naturalmente nas mesmas actividades co home”.















Ningún comentario:

Publicar un comentario

HERIDAS

  HERIDAS Hay heridas que no se curan jamás son como medallas con las que te condecora la existencia heridas de amor heridas fru...