Venres 3 de Febreiro do ano 2.017
Escribo aquí para despois poñelo no blog laranxeira.Axudoumo a crealo Ana Rodríguez Torres, unha rapaza alta e morena de Pontevedra que vive en Vigo e traballa no Concello de Xabre.Estoulle agradecido. Mandoulle que me axudase Pilar Álvarez García de Redondela; esta é a encargada da OMIX ( oficina de información xuvenil), da biblioteca pública e de todas as actividades culturais que se levan a cabo na casa dos libros.
Non se pode estar alleo ás modernas tecnoloxías e pese a que dispoño só dun día de internet á semana aquí en Loureiro nº 10 B – os sábados dende que veñen os nenos de Penalta: Alba e Rodrigo, sobre as 14 horas, ata que se van co Ruter; que poden ser moitas horas ou poucas, dependendo maiormente dos cumpre anos dos amigos e grazas-,vou tratar sintonizar un chisco cos tempos que me tocan vivir.Estou acostumado a escribir en axendas anuais de maneira manual, amanuense, con moi pouca censura porque todo vai quedar en privado.Agora enfróntome a este novo reto e complícanseme as cousas. Máis escritura e ver a maneira de escribir de forma menos microscópica.Chámolle así, porque me ocupo no meu día, a día, sobre todo, das cousas pequenas do meu vivir cotiá.Noto dentro de min que quero emerxer cara a letras máis telescópicas.Nesas estou agora: letras para o mundo.
Por exemplo:hoxe un cidadán español, polo tanto un compatriota de vintesete anos tirouse ao baleiro coa súa propia filla biolóxica de un ano dende unha fiestra do hospital La Paz de Madrid.Resultado faleceron os dous.Isto é algo fora de cualificativos.E todo para facerlle dano á súa compañeira, tamén nai biolóxica da rapaciña.¡Violencia de xénero!. ¡Surrealismo!.Nesta realidade andamos.¿Todo por unha discusión de parella?.A noticia quédase nesa dimensión tremenda.....Empezo mal. Dramático, dantesco, espelúxante.As verbas nunca estarán capacitadas para transmitir tanta dor e desesperación.
Á mañá cando ía á tabaqueira de Curro coller un bote de Olsen, tabaco de pipa, e 400 tubos locos, para entubar o tabaco por medio dunha maquina que teño, Lolita ten outra. A miña é de color negro e a dela é azul.Topeime, nas laxes, fondo do cotarelo que habitamos, coa centenaria oliveira dos de Paulos rota pola metade por efectos do temporal.Esa árbore ten dado, dende que eu lembro, pólas para bendicir o domingo de ramos a todos os da aldea de Loureiro.
Pola noite, estábamos vendo Luar na TVG 1 presentado por Xosé Ramón Gayoso, serían as once horas, empezou a marchar a luz e a vir en intervalos curtos, coma quen pestanexa e despois foise de forma definitiva.Fungaba o vento, chovía a baldes no medio dunha escuridade húmida coma se o gran océano Atlántico estivese a facer unha táboa de ximnasia para evitar contracturas musculares como as que lle afectan a Lolita.Acendemos velas e eu botei man da radio dínamo que funciona por fricción, sen necesidade de pilas nin de fluído eléctrico; hai que darlle a unha manivela que ten no sentido das agullas do reloxo e xa tes unha radio lanterna.Claro que cada pouco tempo tes que insistir coa operación.Ademais, a sinal de radio ten querenza a debilitarse e perderse en pouco tempo; o que si funciona bastante ben é a luz da lanterna.Compreina, xa hai algún tempo, máis que nada pola curiosidade de ser un aparello que funciona cunha enerxía ecolóxica e de custe cero.
Trátase de que cada entrada teña un debuxo ou unha foto
ResponderEliminar