luns, 13 de febreiro de 2017

Un refrán ruso.








Domingo 12 de Febreiro do ano 2.017.
Hai un refrán ruso lembrado por Antón Pavlovich Chéjov ( Taganrog, 1860 – Badenweiler, 1904) que di así:”O que persigue dúas lebres quédase sen ningunha”, que a min me fixo pensar na necesidade de que a creación literaria fose a única lebre que eu tiña que seguir finalmente, despois de pisar centos de camiños imposibles.Podo imaxinarme a Franz Kafka (Praga, 1883- sanatorio de Kierling,cerca de Viena,1924) en Praga ou a Fernando Pessoa (Lisboa 1888- íd., 1.935) en Lisboa, tratando de seguir dúas lebres, desesperados, urxidos, rebentados; o primeiro coma avogado dunha compañía de seguros e o segundo coma responsable dos libros contables do patrón Vasques na rúa dos Douradores.Claro que nesta “ocupación delirante” tal como dixo Paul Valery, ninguén garante que seguindo unha soa vas poder pillala.Dentro das miñas ausencias e fraquezas, o que fago chegado este tempo é tratar de converter a vida toda en literatura e aínda así case nunca logro que, por exemplo, os xurados dos premios ou os comités de lectura das editoriais apoien os meus traballos.Agora ,o blog laranxeira, ofréceme a oportunidade de colgar obras que doutra maneira seguirían habitando no silencio mortal dos meus arquivos.Si, porque cada vez éme máis difícil decidirme a concursar ou andar detrás dos editores.A continuación inserto un libriño de poemas totalmente inédito que espero que lles poida interesar aos meus amigos e seguidores.A sabendas de que eu:” non busco guías aos que seguir, nin seguidores aos que guiar, dado que a liberdade está en un mesmo e só te poden guiar, no que este mundo sexa, as túas ansias de liberdade”.Uns días máis tarde decido que o libriño teña unha entrada propia no blog, porque me parece moi interesante. Así que desaparece daquí, pero podese encontrar polo seu título:"Pola lúa nadaba un peixe".

  







   

1 comentario:

HERIDAS

  HERIDAS Hay heridas que no se curan jamás son como medallas con las que te condecora la existencia heridas de amor heridas fru...