¡Eu non fun!, imposible, eu por esas datas estaba
ausente de Xabre.¡Eu non fun!, invítoos a que repasen as súas fontes, antes de
cavilar en min, como autor de semellante despropósito.¡Non son ningún tolo!!,
nin son ningún delincuente político radical, para ser sinalado como sospeitoso
por vostedes no asunto.Insisto: ¡eu non fun!, teño testemuñas veraces da miña
ausencia do pobo por tales datas; dígoo por se deciden entrevistarse con elas e
pedirlles que lles informen sobre min no día de autos.
Non, non preciso que me asista ningún avogado, a miña
preclara e brutal inocencia, sirve para facer ridículas calquera tipo de
especulacións policiais sobre a miña persoa.Non, non teño nada máis que
declarar ao respecto.Nada en absoluto.Se non estou detido, quero liscar deste
obsoleto cuartel benemérito axiña.
Xa mirarei a maneira de defenderme deste atropelo
diante dos tribunais de xustiza. Isto non vai quedar así ¿ como poden atreverse
a cavilar en min? Eu son un cidadán respectable, honrado e cabal.Avísolles que
ao saír vou poñerlles unha denuncia no xulgado de garda por facerme perder e o
tempo e por abuso de autoridade, iso polo menos.
¿ Como se me ía ocorrer precisamente a min bloquear a
altas horas da madrugada a nacional 550 poñendo o camión do lixo municipal e o
tractor desbrozador á altura da praza do viño? ¿ Con que obxecto ? ¿Para chamar
á atención de que? Vostedes están de coña. Eu, un home de ben, metido en
semellantes fregados. Eu que carallo sei da circunvalación esa. ¡Por favor! ¡
Eu non fun! nin teño os terreos revalorizables que, vostedes sobre plano
insinúan que posúo, caso de levarse a cabo a tal obra pública, que nin sequera
estou seguro se fai falla ou non, ¡a verdade!
Nada, nada. Peten noutra porta que, comigo, trabúcanse
coma da noite ao día. Insístolles, ¡ Eu non fun, nin sei quen foi! e xa veremos
senón quedan sen traxe verde cando rematen con éxito as accións legais que me
corresponden.....¡ vostedes alucinan en colores ! ¡ por favor !
Mire sarxento, eu non sei nada do que se di nos bares
e nas cafeterías de Xabre.Non coñezo ningún “matavellas”, nin sei quen son os
asasinos do home do coche de punto ¿ que senón fun eu tiveron que ser algúns
deles? ¡vostedes mesmos, a min que me contan! ¡ a min non me pagan para saber
nada diso é o seu traballo sarxento! Non, da xitanería como di vostede,
tampouco sei ren que poida axudarlles.¿ Que tamén teñen sospeitas sobre algúns
do Outeiro e outros do Curuto? ¿ E que máis miña querida sarxento? .....que eu
vou á miña vida muller e non ando a querer saber nada fóra das miñas
particulares ocupacións. ¿ Está claro señora?. Pois, ¡abur!...e que lle vaia
bonito.Por R.S. Lago.
Ningún comentario:
Publicar un comentario