CASE NACE UNHA HISTORIA
I
Estou
cavilando nunha historia estraña, unha historia en Venecia, Roma , Grecia ou
nalgún xardín de Versalles, onde o amor e a poesía , non haxan de faltar. Pero
líbreme deus da miña ousadía, o meu cumprido deber , antes de vela
desenvolverse por si soa , en calquera par de follas mecanografadas a dobre
espazo por unha soa cara, é sentar a miña inminente historia diante dun espello
de señoritainas, nalgún camerino de Hollywood, para que unha vez contemple a
súa face no espello, reclame os adornos e barroquismos que lle dea a gana.
Eu por a miña parte e atendendo aos meus gustos nesta
clase de cousas, gardareime de provela dun asasino de barbas longas, face fea e
unha cicatriz nas meixelas, apartándome así mesmo dunha posible arma homicida,
dun morto namorado , ou dunha rapaza que maquina o seu suicidio arroxándose
diante do tren; e non é que me opoña de
forma tallante: Ela , a historia , sabe que eu atenderei cada un dos seus
antollos, quedando eternamente aos seus pés e sempre seu...seguro
servidor.
II
Se ela me deixara, eu engalanaría cun vestido branco
con floriñas color rosa, ou mellor con margaridas amarelas, cuns rotundos vinte
anos , cunha face bonita , uns dentes moi brancos , uns beizos normais ( por
non caer naquelo dos beizos de amorodo ), un cabelo dourado e unha sensación
grandísima: ¿ Amor ?. Si, sen dúbida o ingrediente do AMOR é imprescindible no
prebe desta historia.
Chegado este intre asáltame unha lixeira dúbida, por
outra parte pouco corrente no que aos meus gustos toca, sempre tan concisos e
ás veces ata tiranos comigo mesmo.No ingrediente masculino non acabo de
aclararme : ¿ Poesía ? - ¿ Filosofía ? ¿ Música ? - ¿ Pintura ?.....
¡Xa está!:El é un mozarrón ( san ocorrencia ), duns
imprecisos vinte tantos anos, ¿ Esmorgante? , si un pouco esmorgante, no fondo
bo rapaz, guapo, bastante guapo, de pais ricos, e máis con todo disposto para o
trunfo en todos os terreos que a vida poida ofrecerlle...
A súa plenitude:¡ A Poesía ! o seu anhelo : ¡Ela!.
III
E mentres a miña historia, sigue observándose diante
dun espello en calquera camerino de Hollywood, segura de gustarse e meticulosa
coma boa historia que pretende ser, eu aínda que ao remate deba dar por meus os
seus gustos e atender unicamente as súas esixencias, voume permitir un
escenario, un motivo de encontro e un bico carnal...
O escenario, non entraña maior dificultade , un xardín
case máxico , pero con plantas de verdade. Unha fonte viría ben ... Si unha
fonte no medio ¿ estación do ano ? a Primavera como non ... todo o demais é
cuestión de matices.
Como motivo de encontro, ela corta rosas no xardín e
canta unha canción de amor. El pasa... ¡ non ! , vén de visitar a alguén da
casa , non a ela por suposto, dado que non se coñecen nin de vista. Asunto de
negocios , dos que el se ocupa accidentalmente por longa viaxe do seu señor
pai. Véndoa entre as rosas, o seu espírito poético exaltase, diríase que está
inspirado ( recórdese que el é Poeta ), dos seus beizos coincidindo co sono da
canción nos dela, escápanselle uns versos provisionais, aventureiros, ó fin
certeiros:
“ Non me ames porque si, quéreme
porque che
resulta necesario e imprescindible...”
Todo o demais é fácil
e o bico incuestionable.
IV
( Diálogo , onde o Escritor fala coa historia, que non
acaba de arranxarse )
Escritor: A ver , xa está ben , non sexas tan
presumida.
A Historia: Que che parece isto ... e isto ... con un
laciño azul no cabelo ,¿ así tal vez?...
Escritor: Como queiras , como ti queiras. Ti mandas ,
e eu guíome e Santas Pascuas floridas.
A Historia: Si home, pero e que non me vexo con
forza...,encóntrome estraña, non sei que me pasa...
Escritor: A ver si é que estas namorada.
A Historia: Non fagas bromas cativas; penso que me vou
quedar nunha historia inminente , non sei que me pasa. É como se un tropel de
irónicos lectores, se me houbese metido dentro da cabeza para mortificarme.
Escritor: Déixate de parvadas e sae dunha vez.
A Historia: Mira esquécete de min, bastantes problemas
teño eu coas miñas cousas, para soportar a un prosmeiro coma ti.
Escritor: ¡ Aí vai ! , agora ponse violenta a señora.
A Historia: Mira , violento teu pai, teñamos a festa
en paz e esquécete de min prosmeiro, máis que prosmeiro, xunta letras
desprovisto.Mendigo, que es un mendigo e un vulgar inspirado.
V
( ONDE O ESCRITOR DIRÍXESE AO PERSOAL PEDINDO
DESCULPAS , POLA SORPRENDENTE NEGATIVA, EN QUE SE EMBERRINCHA A HISTORIA ).
Tanto empolvarse o nariz, tanto axeitarse a meleniña
para nada...agora négase a saír a escena, así son as malas actrices e as malas
historias tamén son así señoras e señores, menos mal que eu tomeime a liberdade
. Perdón , perdón por todo señoras e señores.
Ningún comentario:
Publicar un comentario