martes, 9 de xuño de 2020

O pracer foi meu...






           O PRACER FOI MEU…

Non mire por teléfono di que non lle gusta falar

que nunca lle interesou, que non é cousa verídica

vaia que por teléfono xa hai que non fala con ninguén

de fotos e vídeos non quere saber ren tampouco

que despois dálle pena verse cando paso o tempo

así que fotos e vídeos descartados, imposible

cadros e esculturas tampouco lle prestan

nada de cadros e esculturas fóra con iso tamén.

El o que quere é que non lle dean a lata

e canto menos o molesten mellor...

Si o do corre electrónico pode pasar

depende pero soe contestar axiña.

As redes:facebook,twitter,istagram

cada vez entra menos tempo

di que son aburridas e frustrantes

un enredo yanqui que a falta doutra cousa claro

pero xa lle digo mecha corta e apagándose.

Si a conexión tena polos libros del en Amazón

e por goglee tamén que sabe de todo

polo demais pornografía a punta pala, fakes

e un monte de caracois cos cornos ao sol.

Si el recomenda ler, pasear e tomar bebidas refrescantes

home traballar tamén, pero ao xeito do corpo sempre

si cree que de 8 a 15 horas chégalle ben

si está interesado en que a xente non sexa escrava

que aquí vense de paso en plan cadea humana

que convén levar unha vida saudable e respectarse

si ben: piano piano chegase a lontano

si el é moi familiar, de amigos escasos

por no falar escribe e se hai que tomar un refresco

tómase en calquera momento e fálase do que cumpra.

¿Entrevistas?, ben iso si, polo ben dos libros escritos

e a poder ser na horta da casa...de nada, de nada

que teña un bo día, si eu son o secretario

Leoncio Lomba Vicente para servilo...

o pracer foi meu...

                             Mércores 27 de Maio do ano 2020

 

      

 



Ningún comentario:

Publicar un comentario

HERIDAS

  HERIDAS Hay heridas que no se curan jamás son como medallas con las que te condecora la existencia heridas de amor heridas fru...