domingo, 16 de xuño de 2019

TOTALMENTE EN CONTRA DA RANCIA FESTA DO VIÑO DE BARRO.




                                    DESPOIS DA XXXVI FESTA DO VIÑO DE BARRO

En Barro levamos xa 36 longos anos exaltando os supostos famosos caldos da zoa porque se lle puxo nos miolos a catro ebrios de taberna incapaces de ver máis alá das cuncas de viño e das pírricas esmorgas delirantes que incorporan. Sete lustros e pico de: cirroses hepáticas, violencia de xénero no ámbito familiar por parte dos confrades da relixión báquica, traballo escravo e incesante mal remunerado nas viñas, todo amparado polo concello, sen máis norte e como senón houbese un mañá. Todo porque a catro linces acaneados se lle meteu na cabeza, a base de ver a Falcon Crest ,emular na distancia a clase de vida que establecía a serie norteamericana.Agora mesmo, estamos metidos de cheo e sen aparente remedio, no mundo das vespas e alambretas, dos enólogos de carreira, dos cabalos e cabaleiros,dos cociñeiros sobre tellas de lousa, das festas medievais, das sardiñas con pan de millo, da zumba, da carne ao caldeiro, do polbo á feira, dos desfiles de moda.....Unha cousa entre surrealista e escandalosa que presenta as credenciais deste tempo fervido en chumbo de cambio climático e de fabricar soldadiños de colección bélica.Aquí, aparte de pretender converter o nome do municipio nunha marca de viños, lévanse gastado máis dun millón de euros en apoiar as quenturas e ambicións etílicas dun pequeno porcentaxe de xente, menos dun 15% de produtores máis alá do tradicional autoconsumo.¡Persoalmente nunca me gustou esta sobre dimensionada festa!, que xunto coa de Barrantes e Cambados máis ca un mérito para o pobo que a celebra é unha especie de tara que axiña se contaxia negativamente a aqueles que aquí defendemos a auga como o líquido propio dos corpos sans, lonxe dos comas etílicos, comportamentos incívicos, ouriños e defecacións e falta de equilibrio que agora padecemos con resignación cada ano.Agora, algúns esclarecidos falan  para defender os seus intereses, de que sempre se vendeu viño daquí para as tabernas de Boa Vila e que mesmo os primeiros premios da festa de Cambados viñeron para Barro.Moi ben. Perfecto.Pero miñas donas, meus señores, aproveitando que o Umia pasa por Caldas de Reis, non se converte como se esta a facer un municipio enteiro na etiqueta dunha botella de viño.Que despois, todos sabemos, que a xente ten que venderlle o quilo de uva albariña aos adegueiros, principalmente  de Cambados, polo que estes lles queren pagar, ao non haber un prezo xusto nacido das leis do mercado.En fin que para o meu gusto e na miña opinión o Barro que está aflorando coas luces das cuncas de viño non é en absoluto o que se merece este fermoso municipio do alto Salnés val, incardinado na comarca de Pontevedra.Merecerían estas terras algo máis requintado e cultural, que claro non se pode deseñar a priori sen atender ao pulso propio do territorio, Barro cerámica, Barro ecoloxía, Barro produtos da horta. De verdade ben queridos amigos meus, seguir como seguro que se vai seguir polo camiño do alcol, porque non hai maiores alcances e por certos intereses persoais, xa está sendo un erro histórico grande e cada vez vaise facer máis visible e voluminoso coma as bolas de neve cando avanzan monte abaixo.Digo todo isto coa mellor boa vontade, en busca doutro espírito menos turbulento cal é a ebriedade para que o noso pobo brille orixinal e admirable entre os pobos da súa contorna.Esta miña opinión é recomendable lela cunha copa de auga fría e limpa, dalgunha das nosas rumorosas fontes, preto da man.Saúde para todos.
Martes 26 de Xuño do ano 2.015. Por R.S. Lago.  
Escribín o anterior no ano 2015 e agora no 2019 manteñóo. Cantarlle ao viño, louvalo e un lugar común, o problema está en meterse debaixo da parra no mes de xaneiro e saír no mes de decembro. O traballo do viño é un traballo escravista e o pobo que resulta deste cultivo non le libros, nin se interesa pola cultura...é parecido a un pobo da conca mineira...traballador, ebrio e pendencieiro: Iso é o que levan metendo nos miolos da xente durante corenta anos os gobernantes deste sufrido pobo...e xa poden dicir o que queiran o presidente do consello regulador, o alcalde, o delegado de cultura da deputación provincial e ata o pregoeiro, o meu amigo Adolfo Caamaño. Non, Barro, precisa de todo menos viño e festas do viño...Porque os que dirixen as bodegas, salvo honrosas excepcións, non caban, nin sulfatan, nin podan, nin vendimian, non iso deixano para o pobo chan, despois eles beben os berebaxes que inventan con saborosos queixos de cabra...Cumpro e que tome nota quen poida e queira entender. Esta non deixa de ser unha opinión miña. Claro que non teño nada persoal en contra dos colleiteiros , nis das adegas que hai en Barro, claro que penso no futuro e expreso a miña opinión, claro que si.Domingo 16 de Maio do ano 2018.
                                                       * 
  Ás veces, como son bastante obsesivo, quero impoñer a miña visión sobre algúns asuntos coma se fose un temible sátrapa; esto sucedeme, en particular coa Festa do viño do pobo de Barro. no que vivo, dado que eu non son bebedor de alcol. Desta volta, cambiandolle o nome ao municipio polo de: Pobra do Castelo, fixen uns cuartetos. Resulta que eu creo que se podían facer unhas festas denominadas de Primavera abandonando a denominación de Festa do Viño. Busco darlle máis vistosidade ás nosas festas maiores, e que o viño non sexa o principal protagonista. As cuartetas explican mellor a miña idea. Cumpro cos meus fundamentos ao expresar a miña idea, sen afán de ir contra ninguén, coma unha opinión máis...consciente de que unha cousa é predicar e outra dar trigo...saúdos.     

FESTA DO VIÑO NA POBRA DO CASTELO


Gran festa rachada

na Pobra do Castelo

viva a xente educada

divertida e con estilo

 

a anual festa do viño

para os que non saben beber

é mala festa e peor camiño

basta abrir os ollos para ver

 

viño, sardiñas e de millo pan

gratis todos os anos son

para os que en ringleira van

cumprindo coa tradición

 

potenciar o consumo do alcol

cunha festa coma esta

é perder o preciso control

sacar a pasear a besta

 

Pobra do Castelo outro evento

precisa que lle dea fuste e ser

que espalle estas letras o vento

xa non hai tempo que perder

 

ter o viño por bandeira

converter un pobo nunha adega

é coller auga cunha peneira

usar martelo e trencha na sega

 

o pasado débese acabar

xa chegou coas 46 bailadas

noutro tipo de fermosas festas

póñanse todos a cavilar.

Xoves 19/6/25


Ningún comentario:

Publicar un comentario

HERIDAS

  HERIDAS Hay heridas que no se curan jamás son como medallas con las que te condecora la existencia heridas de amor heridas fru...