UN MUNDO FELIZ
-Onde
vai que non vexo ao teu pai Xosé no seu diario paseo ata a beira do regato de
Maruxa...
-Metino
no centro de Ribadumia a primeiros do mes do Nadal, tal como ti fixeches coa
túa nai Elisa...
-Fíxeche
moi ben,moi ben; xa che teño dito que na casa abúrrense,deterióranse e por qué
non dicilo claramente: estorban a estorbar a vida da xente moderna coma nós.
Ademais sófrese sen necesidade vendo como se apagan pouco a pouco.Alí no fogar
de maiores: “Un mundo feliz” volven á vida positiva.Como sabes, a miña nai,
aínda que entregou a culler aos seis meses de metela...xa mesmo empezaba a
entender algo de ordenadores, bailaba sevillanas,cantaba nun grupo de
pandereteiras e dábase moi boa maña coas ceras de colores...
-Pois
meu pai está aprendendo a tocar a guitarra, xa case baila fox trop, salsa, e
cumbia con certa graza e o profesor de xadrez di que ten unha intelixencia
natural portentosa.O venres desta semana seica lle vai facer un test de
intelixencia igual ao que lles fan os da Nasa aos candidatos a astronautas...
-¡Que
marabilla me contas! Non ves, tes esmorecendo na casa un talento e senón o pos
nas mans adecuadas pasa desapercibido...
-Así
é, así é, xa che seguirei pondo ao día, que agora voume directa á perruquería
tinguir o cabelo de color laranxa coma Kevin, o novo pallaso do centro , o que
entrou no sitio do teu Marcelo, co que xa empecei a saír o mesmo día do ingreso
...e así papá vai pescando o que hai dado que facultades sóbranlle...
-Así
me gusta, como digo eu: ¡vellos ao “Mundo feliz” de Ribadumia e viva o circo!,
sobre todo os amorosos pallasos, que un cravo quita outro e as mulleres
modernas coma nós despois de tres relacións falidas,con fillos e fillas de
varios cornudos, non hai quen nós pare...e rinse as dúas: ha,ha,ha,ha,ha, a
primeira de nome Débora e a segunda Désiré... Venres 8 de Febreiro do ano 2018.
Por R.S. Lago.
Ningún comentario:
Publicar un comentario