DON SIMONETO VERÓNICO

PARCHÍS
Don
Simoneto Verónico non se cansa de ver xogar ao parchís ás voluptuosas mouras
espidas na súa casa feita coa escuma invernal de ríos, fontes e regatos.As
mouras, gardadoras de fabulosos tesouros nos lugares máis insospeitados da
xeografía esmeralda, acoden ata o fogar de Don Simoneto, dispostas a esquecerse
durante uns días do seu lendario, pero moi suxeito traballo, de custodias e de
paso reciben nas súas magníficas carnes a calor das chamas que bailan a danza
do lume na lareira paceña deste descendente do mago Merlín.
Nunha
gran mesa medieval de castiñeiro hai toda clase de saudables bebidas, alimentos
e froitas, para que as mulleres sacien a súa sede e fame proverbiais.O
descendente goza ao velas contentas, fermosas,faladoras, competitivas,
desinhibidas, arredor do inocente xogo.Cando lle pesan as pestanas dormen a
perna solta sobre o chan cuberto de alfombras voadoras.Don Simoneto entón
vainas contando e cando chega ao número cinco centos quince sabe que están
todas...cavila el, coma sempre, no medio milleiro de tesouros e máis quince que
hai en calquera lugar do país da noite...e que el como mago e home de
coñecemento sabería localizar con exactitude se quixese...pero claro non quere
e mira para as dormentes, coma se foran fillas, ao tempo que o luceiro da mañá lle
vai recorrendo o corpo, como unha lingua de luz, á moura custodia do tesouro de
Muller boa no concello de Campolameiro...
¡Que
muller! ¡que fantasía sensual!, cavila para si don Simoneto Verónico ao tempo
que sobre a paraxe silvestre onde se obra a casa de escuma cae un pano branco
de néboa mesta que a agocha , a distancia e a fai desaparecer do mundo e dos
nosos sentidos... Por rslago.
Ningún comentario:
Publicar un comentario