sábado, 23 de novembro de 2024

Galiza Nación histórica dentro do Reino de España...



Para min o estado das autonomías está obsoleto; precisase considerar as tres nacionalidades históricas Cataluña, Euskadi e Galiza como tres nacións diferenciadas dentro do Reino Unido de España; algo moi semellante ao  que sucede no Reino Unido das illas do Atlántico norte, constituídas por : Escocia, Gales, Irlanda do Norte e Inglaterra, aquí, insisto, compre facer o mesmo para alcanzar unha conformidade territorial final e xusta que acabe cos problemas nacionalistas e nos permita ocuparnos do prezo do pan, da ecoloxía, das leis do mercado de traballo e da cultura tan necesaria para ser un pobo san e forte. Claro que isto é competencia do pobo e os seus políticos...as opinións coma a miña, a maioría das veces, só serven para animar unha sobremesa entre amigos e non sempre, porque de política e relixión nunca é moi convinte falar para non enfadarse...S.23/11/2024.                                                


  


 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

HERIDAS

  HERIDAS Hay heridas que no se curan jamás son como medallas con las que te condecora la existencia heridas de amor heridas fru...