luns, 2 de decembro de 2019

FOLLA DE HERBA



Cada vez son máis pequeno, máis pequeno
coma unha folla de herba incontable
e pésame a cabeza, e teño sono narcoléptico
sóñote comigo pero ti estás nunha selva de edificios
todos che bican os pés coma a unha princesa
eu nin sequera me atrevo a poñerme de xeonllos
diane dunha vella foto túa:ameite,ámote e amareite sempre
pero claro son pequeno,pequeno, son unha incontable folla de herba
e desaparezo evaporándome na inmensidade coma sempre...
                                              Por R.S. Lago.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

HERIDAS

  HERIDAS Hay heridas que no se curan jamás son como medallas con las que te condecora la existencia heridas de amor heridas fru...