venres, 6 de xullo de 2018

INDIFERENZA


Resultado de imaxes para esclavos



                                            INDIFERENZA
Que non ten enganen os listos desta merenda de negros con trapalladas absurdas; porque aquí todo é relativo, aproximado e provisional e ademais por veces semella que non hai ninguén ao volante.Saíu un mundo con autos movidos por combustibles fósiles en proceso de hibridación para funcionar con electricidade renovable e televisións planas que redefinen imaxes propagas polo aire que respiramos, porque así o quixeron os dados evolutivo creativos.
Somos froito do azar nun mundo aparentemente humano...claro que si,porque a Terra, Gea en lingua grega,non ten nada que ver con nós. Continente e contido aquí son cousas diversas...Ela é unha roca co núcleo vivo, co seu particular magnetismo, que voa polo espacio trazando unha curva elíptica arredor dunha estrela anana amarela ou tipo espectral G da secuencia principal, de luminosidade V, obrigada polas leis gravitacionais que lle consinte e dita o cosmos.
A indiferenza dos astros , que funcionan coma un mecanismo de reloxería monótono , pase o que pase sobre a súa superficie, debería ser de dominio común, pero non é así, porque interiorizar algo tal obvio precisa dun adestramento mental que non toda a xente pode regalarse a si mesmo, porque a sociedade que producimos está moito máis próxima a unha sociedade de escravos ca de sabios ou de seres humanos capacitados para entender algúns asuntos básicos.O planeta Terra cada día astronómico leva a bordo unha brutal loita humana pola vida, que descoñece e ignora porque ser humano e planeta Terra son cousas distintas.
A indiferenza dos astros e incluso a filosófica música marabillosa das esferas renacentista e clásica,que percibían os máis sabios, seguen conceptualmente aí,  mentres na crúa realidade se suceden sen descanso as bárbaras guerras e as escandalosas inxustizas: nenos famentos do Camerún son obrigados a traballar de sol a sol nas minas de extracción de ouro, é algo que eu constato a diario e por iso cho quero facer saber a ti, para que non te enganen con mentiras de saldo e outras milongas; porque aínda que sei que é difícil, tal vez isto che explique porque o teu xardín está moi bonito, mentres ti choras diante do seu indiferente silencio porque non aprobaches as oposicións a peón xardineiro, mestre de primaria ou a xuíz...baixo toda a luminosidade ata agora inconducente e indiferente tamén, da fastosa Vía Láctea que nós contén...
É dicir debemos ser nós os interesados na saúde da Terra, porque a ela tanto lle ten se seguimos vivos coma se desaparecemos,por elemental principio de indiferenza.
Mércores 5 de xullo do ano 2018.Por R. S. Lago.           

       



Ningún comentario:

Publicar un comentario

HERIDAS

  HERIDAS Hay heridas que no se curan jamás son como medallas con las que te condecora la existencia heridas de amor heridas fru...