sábado, 1 de marzo de 2025

OS MORTOS QUE AMEI por Iria Collazo

 




TÍTULO DA OBRA: OS MORTOS QUE AMEI

AUTORA: IRIA COLLAZO

EDITORIAL: LITERARIA RONSEL DE GALAXIA ANO 224. 169 Páxinas.

SINOPSIS E COMENTARIOS

Oito apelidos galegos, que non se fan explícitos no texto, os dos matrimonios compostos por : Ramiro e Celeste pola parte paterna e Antón e Vita pola materna da narradora, (isto é unha dedución miña por coñecementos alleos á obra como habitante do territorio onde esta respira). Os primeiros teñen casa aberta nas abas do monte Güimil de Agudelo e os segundos na aldea do Illó de Valiñas. Lugares e parroquias pertencentes todos eles ao concello de Barro. No primeiro matrimonio, falece o ferroviario e gran fumador de Ducados, Ramiro, de cancro de pulmón e no segundo Vita, a da perna estarricada. Unha viaxe cara ás terras do sur da península, concretamente a Ronda en Málaga, une na condución do vehículo e no propósito: visitar a un vello amor imposible, aos dous consogros superviventes: Antón e Celeste que levan con eles a un can de raza loba chamado Elvis.

Facer literatura, en eidos tan doídos e ao mesmo tempo salvaxes coma os de Barro, non é tarefa fácil e a autora, a través dunha voz narradora omnímoda consígueo. Hai de fondo un realismo máxico que, posibilita a visión dos mortos, se non se toman as pirulas recitadas polos psiquiatras. Despois, a través do humor, o coñecemento exhaustivo do medio, o amor á terra e aos personaxes, despregase un texto ambicioso, que preme, case de maneira enciclopédica, en moitísimas teclas, todas interesantes. A novela é un poliedro, un cubo de rubik de sesenta caras ou capítulos de diversa extensión que, incide e matiza a historia básica dos catro avós da autora, ao tempo que transmite o latexo íntimo de toda unha época. A tristura e a mágoa pola perda dos patrucios, ¡mortos amados!, envolve a obra toda dun desacougo existencial tan rosaliano como irresoluble...

Frases: 1.As campás da igrexa de Valiñas din ao repicalas: ¡valequenten!, ¡valequenten! ¡valequenten!. 2. Mentres entre os carballos o vento asubiaba un tema de Ennio Morricone. 3. Ao pasar o Padornelo todo é costa abaixo. 4. Fóra de Galiza a terra é seca coma o cu dun vello. “A solidariedade é a tenrura dos pobos” de Ernesto Che Guevara.


HERIDAS

  HERIDAS Hay heridas que no se curan jamás son como medallas con las que te condecora la existencia heridas de amor heridas fru...