Entrevista que me fixo Fito Gago para o Faro de Vigo |
A EMOTIVA PRESENTACIÓN DUNHA TRILOXÍA NOVELÍSTICA DENOMINADA: A VIDA É LITERATURA.
O pasado sábado 11 de novembro do ano 2023 ás 18 horas da tarde, tivo lugar na casa comunal da xunta de montes da parroquia de Portela do concello de Barro, a presentación da triloxía novelística titulada: A vida é literatura, editada en tirada especial pola editorial Autografía S.L. de Barcelona. A mesma está composta polos seguintes volumes: Volume 1.- A vida é literatura 373 páxinas. Volume 2.- O espello dos paxariños 347 páxinas. Volume 3.- No ventre do labirinto 381 páxinas, obra do autor veciño da tal parroquia RS Lago.
Pese á persistente choiva fina outonal, no interior do local, xuntáronse case cen persoas, entre parroquianos, xente do resto do territorio municipal e amigos e familiares do autor. O acto conducido polo presidente da comunidade de montes Óscar Fontán Salgado, contou coa presencia do escritor e avogado de Sanxenxo: Carlos Quintia Celaya, que tomou a palabra en primeiro lugar para defender a laboriosa creatividade do autor ao longo dos anos, reclamando para el, un lugar de maior relevo dentro das letras galegas e incluso nas nacionais; referiuse ademais á forza filosófica de triloxía e resaltou as moitas e variadas lecturas do autor ao que cualificou de persoa sabida, letra ferido e autor de culto, que sen dúbida quedará na historia da literatura dunha maneira ou doutra...
A continuación falou Bernardo Sartier Boubeta letrado da deputación provincial de Pontevedra e destacado articulista nas páxinas do Diario de Pontevedra, quen, fixo un repaso polo moitos anos de amizade con RS Lago, dende a época de estudantes no Instituto Sánchez Cantón como despois na UNED como estudantes de dereito, entre outras episodios e consideracións literarias; este, coma o anterior intervinte, para rematar as súas respectivas intervencións leron algúns parágrafos dos libros, moi celebrados polos asistentes...
Cerrouse a presentación coa intervención de RS Lago, quen, tras agradecer a resposta dos veciños, leu un “Eloxio da lectura” escrito para a ocasión.
Por membros da xunta de montes repartíronse libros entre os asistentes, para celebrar sobre o terreo literario básico da triloxía a súa existencia, o autor firmou exemplares aos requirentes ata cansar o pulso e a continuación degustouse un magosto de castañas con bebidas varias, para finalizar tan memorable evento coa intervención do grupo de pandereteiras Peñaflor.
No evento estivo presente o tenente de alcalde municipal do Psoe : Xosé Sanmartín Soto, quen, incluso, se preocupou de difundir nas súas redes sociais fotos e comentarios sobre o alí acontecido...Así foi... Por RS Lago autor literario.
HERIDAS Hay heridas que no se curan jamás son como medallas con las que te condecora la existencia heridas de amor heridas fru...